DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Xoves, 09 de xuño de 2005 Páx. 10.034

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

CORRECCIÓN de erros.-Decreto lexislativo 1/2005, do 10 de marzo, polo que se aproba o texto refundido das leis 7/1985, do 17 de xullo, e 4/1996, do 31 de maio, de caixas de aforros de Galicia.

Advertido erros no devandito decreto, publicado no DOG nº 101, do venres, 27 de maio de 2005, cómpre facer as oportunas correccións:

-Na páxina 9.177, artigo 27º, alínea b), onde di: «b) Os que con anterioridade á cal designación ou durante o exercicio...», debe dicir: «b) Os que con anterioridade á nova designación ou durante o exercicio...».

-Na páxina 9.182, artigo 51º, alínea e) onde di: «e) ... respecto do último balance aprobado e aquel a que se lle fixo auditoría», debe dicir: «e) ... respecto do último balance aprobado e ao que se lle fixo auditoría».