DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Mércores, 08 de xuño de 2005 Páx. 9.971

II. AUTORIDADES E PERSOAL

SUBSTITUCIÓNS:

PRESIDENCIA

DECRETO 148/2005, do 7 de xuño, polo que se acorda encargarlle o despacho de asuntos da Consellería de Sanidade durante a ausencia do seu titular ao conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.

Con motivo da viaxe do conselleiro de Sanidade a Venezuela é necesario prover a substitución durante o tempo da súa ausencia.

Polo tanto, en uso das atribucións que me confire o artigo 26.7º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente,

DISPOÑO:

Artigo único.-Durante a ausencia do conselleiro de Sanidade, con motivo da súa viaxe a Venezuela, encárgaselle o despacho dos asuntos da Consellería de Sanidade, desde o día 8 de xuño ata o seu regreso, ao conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.

Santiago de Compostela, sete de xuño de dous mil cinco.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente