DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Martes, 07 de xuño de 2005 Páx. 9.917

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

XUNTA ELECTORAL DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 3 de xuño de 2005 sobre o plan de cobertura informativa, entrevistas e debates da Compañía de Radio Televisión de Galicia, e sobre a modificación horaria de emisión de espazos gratuítos de propaganda electoral na TVG, en relación coas eleccións ao Parlamento de Galicia.

A Xunta Electoral de Galicia, na reunión que tivo lugar o día 3 de xuño de 2005, tomou coñecemento do plan de cobertura informativa, entrevistas e deba

tes aprobado pola CRTVG, con motivo das eleccións ao Parlamento de Galicia.

Igualmente aprobou, por motivos técnicos de programación na TVG, o traslado dos espazos gratuítos de propaganda electoral cuxa emisión estaba prevista ás 12.20 horas dos días 7, 8, 9, 10, 13, 14, 15, 16 e 17 de xuño de 2005, ás 12.35 horas dos mesmos días.

As entidades políticas afectadas poden examinar o plan de cobertura informativa, debates e entrevistas, e a modificación horaria de emisión dos espazos de propaganda electoral, na Secretaría da Xunta Electoral de Galicia, sita na praza de Galicia da cidade da Coruña, no prazo preclusivo dun día, o seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia, e formular os recursos que consideren pertinentes.

Publícase este anuncio en cumprimento do disposto nas normas sexta e oitava da instrución da Xunta Electoral Central do 13 de setembro de 1999.

A Coruña, 3 de xuño de 2005.

Jesús Souto Prieto

Presidente da Xunta Electoral de Galicia