DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Martes, 07 de xuño de 2005 Páx. 9.916

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 31 de maio de 2005 pola que se fai público o contido da modificación do convenio de apoio financeiro 2004-2006 ás pequenas e medianas empresas subscrito entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e as entidades financeiras.

Mediante Resolución do 27 de xaneiro de 2004 publicouse o convenio, subscrito entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e diversas entidades financeiras, de apoio financeiro ás pequenas e medianas empresas (DOG número 20, do 30 de xaneiro). Así mesmo, mediante Resolución do 27 de decembro de 2004, estableceuse o volume máximo de operacións subsidiables e o límite de crédito dispoñible para a concesión de axudas durante o ano 2005 (DOG número 252, do 29 de decembro).

Considerando o volume de solicitudes presentadas ata o momento así como a solicitude de ampliación

de fondos manifestada polas entidades financeiras para atender a demanda de financiamento das pemes, considérase conveniente ampliar o volume global máximo de préstamos que se van subsidiar e consecuentemente dotar a dita ampliación do crédito necesário.

Tendo isto en conta, o Consello de Dirección do Igape, na súa xuntanza do 26 de maio de 2005, acordou as modificacións que de seguido se publican para o seu coñecemento e entrada en vigor.

Polo que antecede, en virtude das facultades que teño conferidas, mediante o artigo 12.a) da Lei 5/1992, do 10 de xuño, de creación do Intituto Galego de Promoción Económica e do artigo 11.1º a) do Decreto 317/1992, do 12 de novembro, polo que se aproba a seu regulamento

RESOLVO:

Facer pública a seguinte modificación do Convenio de apoio financeiro 2004-2006 ás pequenas e media

nas empresas subscrito entre o Instituto Galego de Promoción Económica e as entidades financeiras:

Primeiro.-Amplíase o volume global máximo de préstamos que se van subsidiar en 40 millóns de euros, quedando establecido en 120 millóns de euros.

Segundo.-Amplíase o crédito plurianual necesario para a concesión das axudas solicitadas durante o ano 2005, nos seguintes importes:

Ano 2005: amplíase o crédito en 930.875,06 euros que se financiarán con cargo ás aplicacións orzamentarias 02.01.01/06/05.656700 (900.000 euros) e 02.01.01/02/01.656700 (30.875,06 euros).

Ano 2006: amplíase o crédito en 700.000 euros que se financiarán con cargo á aplicación orzamentaria 02.01.01/06/05.656700.

Ano 2007: amplíase o crédito en 1.700.000 euros que se financiarán con cargo á aplicación orzamentaria 02.01.01/06/05.656700.

Tendo en conta a dita ampliación, o crédito orzamentario do Igape para o ano 2005, destinado ás axudas reguladas no Convenio de apoio financeiro ás pequenas e medianas empresas subscrito entre o Instituto Galego de Promoción Económica e as entidades financeiras, queda establecido do seguinte xeito:

Con cargo á aplicación orzamentaria 02.01.01/06/05.656700 nun crédito plurianual de 2.100.000 euros para o ano 2005, de 4.750.000 euros para o ano 2006 e de 3.950.000 euros para o ano 2007 e con cargo á aplicación orzamentaria 02.01.01/02/01.656700 nun crédito plurianual de 92.625,16 euros para o ano 2005, de 226.417,10 euros para o ano 2006 e de 123.500,24 euros para o ano 2007. A concesión das axudas condicionarase á existencia de crédito orzamentario suficiente.

Santiago de Compostela, 31 de maio de 2005.

Margarita Rodríguez Rama

Directora xeral do Instituto Galego de Promoción Económica