DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Martes, 07 de xuño de 2005 Páx. 9.916

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 6 de abril de 2005, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, das táboas salariais para o ano 2004 do convenio colectivo de ámbito provincial para o sector de primeira transformación da madeira de Lugo.

Visto o acordo para a revisión das táboas salariais para o ano 2004 do convenio colectivo para o sector da primeira transformación da madeira de Lugo (código 2700445), asinado o día 16 de marzo de 2005, pola representación da Asociación de Empresarios da Primeira Transformación da Madeira de Lugo e das centrais sindicais UGT (28%), CC.OO. (16%) e USO (8%) e de conformidade co disposto no artigo 90 alíneas 2ª e 3ª do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Estatuto dos traballadores e no Real decre

to 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo.

Esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordenar a inscrición da revisión do citado convenio colectivo no rexistro de convenios desta delegación, así como o seu depósito.

Segundo.-Remitirlle o texto da revisión do citado convenio á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e no BOP.

Lugo, 6 de abril de 2005.

Ana Chao Vázquez

Delegada provincial de Lugo

Convenio colectivo provincial da primeira transformación da madeira de Lugo

Táboa salarial revisada do 1-1-2004 ao 31-12-2004

Categorías profesionaisSalario baseComplemento

asistencia

Quinquenio

consolidado

Total anualValor hora

extraordinaria

Encargado, xefe de oficina23,210,94342,8510.096,425,47

Oficial de 1ª, vixilante, serrador, medidor, condutor22,730,94335,71 9.890,465,37

Afiador, oficial de 2ª, serrador de serra circular22,370,94330,82 9.739,425,27

Axudante21,730,94321,04 9.464,815,12

Peón especialista21,650,94319,98 9.437,345,11

Peón vixilante21,540,94318,26 9.387,015,08

Aprendiz, traballador formación17,260,94254,93 7.565,41

NOTA: para os efectos do cálculo de total anual tense en conta o complemento de asistencia por 249 días de traballo efectivo.