DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Martes, 07 de xuño de 2005 Páx. 9.909

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 4 de abril de 2005, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, das táboas salariais para os anos 2004 e 2005 do convenio colectivo de ámbito provincial para o sector de industrias de siderometalúrxica de Lugo.

Visto o acordo para a revisión das táboas salariais para os anos 2004 e 2005 do convenio colectivo para o sector de industrias de siderometalúrxica de Lugo (código 2700475), asinado o día 28 de febreiro de 2005, pola representación da Asociación de

Comerciantes e Industriais Metalúrxicos de Lugo, Asociación de Talleres de Reparación de Vehículos de Lugo e das centrais sindicais CC.OO. (52,51%), UGT (28,31%) e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordenar a inscrición da revisión do citado convenio colectivo no rexistro de convenios desta delegación, así como o seu depósito.

Segundo.-Remitir o texto da revisión do mentado convenio á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 4 de abril de 2005.

Ana Chao Vázquez

Delegada provincial de Lugo

Acta

Asistentes:

-Pola parte empresarial:

Asociación de Comerciantes e Industriais Metalúrxicos de Lugo:

Ildefonso Bourio Paz.

Víctor Ferreiro Segade.

Julio Blanco Cadahía.

Mario Carballo Lama.

Nivardo Rego Valle.

José Quiñoá Díaz.

Tomás Cavero Mecinas.

Marcos Gómez Panedas.

Asociación de Talleres de Reparación de Vehículos de Lugo:

Alberto Martínez Dapena.

Ignacio Pérez de Oliveira.

Concepción Villar Varela.

-Polas centrais sindicais:

CC.OO. (52,51%):

Francisco Cazón Pardo.

José Luis López Álvarez.

Pedro Sanjurjo Lastra.

Crispiniano Lamas Rebollo.

Nicolás Pato Pérez.

Francisco Jiménez Corpas.

Víctor Julio Sánchez.

Jaime Hernández Pena.

UGT (28,31%):

José Luis Combarro Infantes.

Manuel José Fernández Rodríguez.

José Carlos Rodríguez del Río.

Óscar Castiñeiras Pumares.

En Lugo, sendo as 17.00 horas do día 28 de febreiro de 2005, reúnense nos locais da Confederación de Empresarios de Lugo (praza Santo Domingo, nº 6-8, 2º) as persoas á marxe relacionadas, integrantes todas elas da comisión negociadora do convenio colectivo provincial para as industrias de siderometalúrxica de Lugo, co obxecto de elaborar a táboa salarial revisada do ano 2004, a táboa salarial do ano 2005 e fixar os días inhábiles ou non laborables do ano 2005 nos termos sinalados no artigo 24 B) do convenio en vigor.

Logo das oportunas deliberacións, adóptanse os seguintes acordos:

Primeiro.-Aprobar as táboas salariais revisadas do ano 2004 do convenio colectivo provincial para as industrias de siderometalúrxica de Lugo conforme o previsto no artigo 35 do convenio en vigor.

Segundo.-Aprobar as táboas salariais do ano 2005 do convenio colectivo provincial para as industrias de siderometalúrxica de Lugo conforme o previsto no artigo 34 do convenio en vigor.

Terceiro.-A retribución mínima garantida para os traballadores en prácticas no ámbito de aplicación do convenio durante o ano 2005 a que se refire o artigo 10.1º do convenio en vigor será a seguinte:

-Primeiro ano de contrato: 680,59 A.

-Segundo ano de contrato: 774,71 A.

Cuarto.-O importe das axudas de custo para o ano 2005 será de 25,90 A a axuda de custo completa e 10,79 A a media axuda de custo.

Quinto.-Póliza de seguros: a póliza de seguros prevista no artigo 50 do convenio colectivo en vigor haberá de cubrir, no caso de accidente de traballo, os riscos de morte e invalidez permanente nos graos de total, absoluta e grande invalidez nas contías de 19.080 A e de 22.260 A respectivamente.

Establécese un prazo de dous meses contados desde a publicación deste convenio no BOP de Lugo ou no Diario Oficial de Galicia para formalizar os incrementos das contías da póliza de seguro pactados con respecto ás contías vixentes no ano anterior.

Sexto.-De conformidade co previsto no artigo 24 B) do convenio en vigor, nas empresas que non procedesen a establecer a distribución da xornada anual de traballo antes do 1 de marzo de 2005, e para o caso de que tivese lugar un exceso sobre a xornada anual de traballo pactada, cada traballador desfrutará no ano 2005 como días inhábiles ou non laborables e retribuídos, os seguintes:

-16 de maio de 2005.

-31 de outubro de 2005.

Sétimo.-Os atrasos por diferenzas de salarios consecuencia da aprobación das táboas salariais ás cales se fai referencia nos acordos anteriores aboaránse aos traballadores no prazo dun mes desde a publicación das táboas no BOP de Lugo ou no Diario Oficial de Galicia.

Octavo.-Remitir esta acta, xunto cas táboas salariais aprobadas, á autoridade laboral competente para os efectos legais oportunos.

E en proba de conformidade, asinan esta acta as persoas á marxe relacionadas, no lugar e data indicados no encabezamento.