DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Martes, 07 de xuño de 2005 Páx. 9.907

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

DECRETO 146/2005, do 26 de maio, polo que se declara, en concreto, a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de trazado do acondicionamento da estrada LU-115 (antiga CP39-01) Outeiro de Rei (NVI)-Castro. Clave: LU/02/018.01.

Con data do 5 de outubro de 2004, o director xeral de Obras Públicas, por delegación do vicepresidente primeiro e conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, aprobou o proxecto de trazado do acondicionamento da estrada LU-115 (antiga CP39-01) Outeiro de Rei (NVI)-Castro. Clave: LU/02/018.01.

Os bens e dereitos en que se concreta a declaración de urxente ocupación aparecen recollidos e valorados no citado proxecto.

A competencia para efectuar a declaración de urxente ocupación tena atribuída a Xunta de Galicia en virtude do artigo segundo do Decreto 156/1982, do 15 de decembro, sobre asunción de transferencias en materia de estradas e a súa asignación á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, considerándose xustificada a referida declaración pola súa incidencia na seguranza vial, dado que, por unha parte, se mellora o trazado en planta e se aumenta a sección actual; e, por outra parte, se aumenta o control de accesos a través de camiños de servizo e mellora das interseccións.

En virtude de todo o exposto e en aplicación do artigo 28.2º do Estatuto de autonomía de Galicia e dos artigos 10 e 52 da Lei de expropiación forzosa, en relación con previsto no artigo 16 da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia, por proposta do vicepresidente primeiro e conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, e logo

de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte e seis de maio de dous mil cinco,

DISPOÑO:

Artigo único.-Declarar a utilidade pública e a urxente ocupación dos bens e dereitos necesarios e que se concretan no expediente administrativo instruído, para efectos de expropiación, no proxecto de trazado do acondicionamento da estrada LU-115 (antiga CP39-01) Outeiro de Rei (NVI)-Castro. Clave: LU/02/018.01.

Santiago de Compostela, vinte e seis de maio de dous mil cinco.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Alberto Núñez Feijoo

Vicepresidente primeiro e conselleiro de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E

DESENVOLVEMENTO RURAL