DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Luns, 06 de xuño de 2005 Páx. 9.766

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 19 de abril de 2005, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, das táboas salariais para o ano 2004 do convenio colectivo de ámbito provincial para o sector do comercio de materiais de construción e saneamento da provincia de Lugo.

Visto o acordo para a revisión das táboas salariais para o ano 2004 do convenio colectivo para o sector do comercio de materiais de construción e saneamento da provincia de Lugo (código 2700175), asinado o día 31 de marzo de 2005, pola representación

da Asociación Provincial de Empresarios de la Construcción de Lugo (APEC) e das centrais sindicais MCA-UGT (44,4%), Fecoma-CC.OO. (55,6%) e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordenar a inscrición da revisión do citado convenio colectivo no rexistro de convenios desta delegación, así como o seu depósito.

Segundo.-Remitir o texto da revisión do mentado convenio á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 19 de abril de 2005.

Ana Chao Vázquez

Delegada provincial de Lugo

Asistentes:

Representación sindical:

Por MCA-UGT co 44,4%:

Carlos García Vázquez.

José Seijas Rouco.

José Luis Combarro Infante.

Por Fecoma-CC.OO. co 55,6%:

Jesús Varela Lodeiro.

Ángel Barreiro Pérez.

José Antonio Cabo Martínez.

José Manuel Brea Méndez.

Ramiro López Peruga.

Manuel Valín Ceide.

Javier Enríquez Simón.

Por FCM-CIG:

Antonio Niño Saavedra.

Xosé Ríos Cidrás.

Luis Vigo Lage.

Representación patronal (APEC):

Hipólito Trinidad Losada.

Ricardo Castro López.

Luciano Méndez Lodos.

Manuel Sánchez Varela.

José Bouso Alvite.

Asesora: Pilar Díaz Rodríguez.

Na cidade de Lugo, 31 de marzo de 2005, reúnense os representantes das centrais sindicais e de APEC que se relacionan, e que integran a comisión mixta deliberadora de convenio de comercio de materiais de construción e saneamento da provincia de Lugo, constituída o pasado día 23 de xuño de 2004, reco

ñecéndose lexitimación para negociar conforme a representatividade que ostentan, adoptan os seguintes acordos:

1. Aplicación da cláusula de garantía salarial establecida no artigo 8 do convenio, que establece: no suposto de que o índice anual de prezos de consumo (IPC) o 31 de decembro de 2004 supere o 2% correspondente ao IPC previsto para 2004 nos orzamentos xerais do Estado, efectuarase unha revisión económica no exceso do respectivo tanto por cento con efectos desde o día 1 de xaneiro de 2004, conforme se establece no vixente acordo sectorial nacional.

A devandita revisión, se é o caso, afectará aos conceptos previstos no artigo 6 deste convenio.

2. Apróbase a táboa que se xunta a esta, aboándose os atrasos de retribucións en aplicación da referida cláusula de garantía salarial, no mes seguinte ao de publicación deste acordo no BOP ou no DOG. Aquelas empresas que aboasen cantidades a conta, aboarán unicamente as diferenzas que resulten de aplicación.

3. Autorizar expresamente a asesora da comisión negociadora, Pilar Díaz Rodríguez, para que se dirixa á Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais de Galicia en Lugo para o seu rexistro e envío ao DOG e o BOP.

E en proba de conformidade asinan esta acta os integrantes da comisión mixta deliberadora, excepto a central sindical FCM-CIG, que non asiste, no lugar e data indicados no encabezamento.