DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Luns, 06 de xuño de 2005 Páx. 9.762

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 27 de maio de 2005 pola que se prorroga o prazo de presentación de alegacións e solicitudes de modificación do sistema de información xeográfica de parcelas agrícolas, establecido pola Orde do 24 de xaneiro de 2005.

Advertidos erros na citada orde, publicada no DOG nº 103, do 31 de maio de 2005, é necesario efectuar a seguinte corrección: na páxina 9.376, no terceiro parágrafo da orde, onde di: «estímase necesaria a prórroga do citado prazo de presentación de alegacións e solicitudes de modificación do SIXPAC ata o 15 de xuño de 2005», debe dicir: «estímase necesaria a prórroga do citado prazo de presentación de alegacións e solicitudes de modificación do SIXPAC ata o 30 de xuño de 2005».