DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Luns, 06 de xuño de 2005 Páx. 9.760

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 13 de maio de 2005 pola que se establecen as bases reguladoras de concesión de axudas en réxime de concorrencia competitiva para a renovación do parque de tractores da Comunidade Autónoma de Galicia e se convocan para o ano 2005.

Advertidos erros nos anexos da citada orde, publicada no DOG nº 93, do 16 de maio de 2005, substitúense a folla 1 de 3, da páxina número 8.222 e as claves e instrucións para cubrir a solicitude, da páxina 8.226, polas que se engaden a seguir.

Dado que a presente corrección non supón modificación ningunha do contido da orde, as solicitudes presentadas con anterioridade á publicación desta corrección de erros, serán admitidas sen necesidade de actuación ningunha por parte do interesado.