DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Luns, 06 de xuño de 2005 Páx. 9.748

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

DECRETO 144 /2005, do 19 de maio, polo que se declara, en concreto, a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de trazado da nova ponte sobre o río Umia (variante de Ponte Arnelas). Convenio desta consellería e a Deputación Provincial de Pontevedra. Clave PO/04/197.03.

Con data do 16 de maio de 2005, o director xeral de Obras Públicas, por delegación do vicepresidente primeiro e conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda aprobou o proxecto de trazado da nova ponte sobre o río Umia (variante de Ponte Arnelas). Covenio CPTOPV e a Deputación Provincial de Pontevedra. Clave: PO/04/197.03.

Os bens e dereitos nos que se concreta a declaración de urxente ocupación aparecen recollidos e valorados no citado proxecto.

A competencia para efectuar a declaración de urxente ocupación teña atribuída a Xunta de Galicia, en virtude do artigo segundo do Decreto 156/1982, do 15 de decembro, sobre asunción de transferencias en materia de estradas e a súa asignación á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e

Vivenda, considerándose xustificada a referida declaración pola súa incidencia na seguridade vial, xa que a ponte actual é estreita (ten un largo de cinco metros), o que unido á falta de visibilidade provocada pola existencia dunha casa na parte interior da curva do estribo sur da ponte, fai que o percorrido por ela sexa perigoso para vehículos e, especialmente, para peóns.

En virtude de todo o exposto e en aplicación do artigo 28.2º do Estatuto de autonomía de Galicia e dos artigos 10 e 52 da Lei de expropiación forzosa, en relación con previsto no artigo 16 da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia, por proposta do vicepresidente primeiro e conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda e logo da deliberación do Consello da Xunta, na súa reunión do día dezanove de maio de dous mil cinco,

DISPOÑO:

Artigo único.-Declarar a utilidade pública e a urxente ocupación dos bens e dereitos necesarios e que se concretan no expediente administrativo instruído, para efectos de expropiación no proxecto de trazado da nova ponte sobre o río Umia (variante de Ponte Arnelas). Convenio CPTOPV e a Deputación Provincial de Pontevedra. Clave: PO/04/197.03.

Santiago de Compostela, dezanove de maio de dous mil cinco.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Alberto Núñez Feijoo

Vicepresidente primeiro e conselleiro de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda