DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Venres, 03 de xuño de 2005 Páx. 9.635

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE SANIDADE

CORRECCIÓN de erros.-Decreto 133/2005, do 26 de maio, polo que se modifica o Decreto 45/2003, do 26 de decembro, de creación da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica.

Advertido erro no devandito decreto, publicado no Diario Oficial de Galicia nº 104, do mércores, 1 de xuño de 2005, cómpre realizar a oportuna corrección:

No sumario inicial e na páxina 9.444, onde di: «Decreto 133/2005, do 26 de maio, polo que se modifica

o Decreto 45/2003, do 26 de decembro, de creación da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica», debe dicir: «Decreto 133/2005, do 26 de maio, polo que se modifica o Decreto 451/2003, do 26 de decembro, de creación da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica».