A Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado e da mariña mercante, texto reformado pola Lei 62/1997, do 26 de decembro, atribúelles ás comunidades autónomas as facultades de designación e separación dos vogais dos consellos de administración das autoridades portuarias de interese xeral do Estado sitas no seu territorio.
O acordo do Consello da Xunta de Galicia do 10 de xaneiro de 2002, modificado polo acordo do 6 de xuño de 2002, faculta o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda para o exercicio das devanditas competencias.
Conforme o previsto no artigo 40 da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, texto reformado pola Lei 62/1997, do 26 de decembro, a designación e separación dos vogais dos consellos de administración deberán facerse necesariamente por proposta das administracións públicas, e entidades ou organismos representados no Consello de Administración, polo que, vista a petición e proposta de modificación realizada ao abeiro do disposto no artigo 40, número 2º, da Lei 27/1992, pola Federación Comarcal de Empresarios de Arousa (FECA), e en canto órgano competente,
DISPOÑO:
O nomeamento de Luis García-Reboredo Mendoza, como vogal do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa e a súa ría, en representación da Federación Comarcal de Empresarios de Arousa (FECA).
Santiago de Compostela, 24 de maio de 2005.
Alberto Núñez Feijoo
Vicepresidente primeiro e conselleiro de Política
Territorial, Obras Públicas e Vivenda