DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Xoves, 02 de xuño de 2005 Páx. 9.530

II. AUTORIDADES E PERSOAL

CESAMENTOS:

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

ORDE do 24 de maio de 2005 pola que se dispón o cesamento de vogal en representación da Federación Comarcal de Empresarios de Arousa (FECA) no Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa e a súa ría.

A Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado e da mariña mercante, texto reformado pola Lei 62/1997, do 26 de decembro, atribúelles ás comunidades autónomas as facultades de designa

ción e separación dos vogais dos consellos de administración das autoridades portuarias de interese xeral do Estado sitas no seu territorio.

O acordo do Consello da Xunta de Galicia do 10 de xaneiro de 2002, modificado polo acordo do 6 de xuño de 2002, faculta o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda para o exercicio das devanditas competencias.

Conforme o previsto no artigo 40 da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, texto reformado pola Lei 62/1997, do 26 de decembro, a designación e separación dos vogais dos consellos de administración deberán facerse necesariamente por proposta das administracións públicas e entidades ou organismos representados no Consello de Administración, polo que, vista a petición e proposta de modificación realizada ao abeiro do disposto no artigo 40, número 2º, da Lei 27/1992, pola Federación Comarcal de Empresarios de Arousa (FECA), e, en canto órgano competente,

DISPOÑO:

O cesamento de José Luis Nogueira Rodríguez, como vogal do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa e a súa ría, en representación da Federación Comarcal de Empresarios de Arousa (FECA), agradecéndolles os servizos prestados.

Santiago de Compostela, 24 de maio de 2005.

Alberto Núñez Feijoo

Vicepresidente primeiro e conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA