DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Martes, 31 de maio de 2005 Páx. 9.354

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

ORDE do 23 de maio de 2005 pola que se substitúe un membro do Consello Galego de Consumidores e Usuarios.

De acordo coa proposta efectuada polo presidente do Instituto Galego de Consumo, e en virtude do establecido no artigo 7.2º, en relación co artigo 5.2º do Decreto 127/1998, do 23 de abril, polo que se crea o Consello Galego de Consumidores e Usuarios,

DISPOÑO:

Artigo único.-Substituír como membro do Consello Galego de Consumidores e Usuarios, de acordo co establecido no artigo 7.1º e) do Decreto 127/1998, do 23 de abril, polo que se crea o Consello Galego de Consumidores e Usuarios, a Lourdes González Pérez por Mª Luisa Llores Boo da Federación Galega de Asociacións de Amas de Casa, Consumidores e Usuarios Brétema.

Santiago de Compostela, 23 de maio de 2005.

Juan Rodríguez Yuste

Conselleiro de Innovación, Industria e Comercio