Advertidos erros na devandita disposicición, publicada no DOG nº 93, do 16 de maio de 2005, cómpre facer as seguintes correccións:
-Na páxina 8.190, no artigo 12º, onde di: «ao redor á mesa», debe dicir: «ao redor da mesa».
-Na páxina 8.191, no título do artigo 14º, onde di: «Máximo e mínimos...», debe dicir: «Máximos e mínimos ...».
-Na páxina 8.193, no artigo 22º.2 h), onde di: «Cando diversos xogadores teñen dobre parella, ...», debe dicir: «Cando diversos xogadores teñen parella, ...».
No artigo 23º.1.a), onde di: «Usar una soa man», debe dicir: «Usar unha soa man».
-Na páxina 8.198, no artigo 31º.2.b), onde di: «... nun lugar separado dos descarte», debe dicir: «nun lugar separado ao de descarte».