DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Mércores, 25 de maio de 2005 Páx. 8.992

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CENTRO DE ESTUDOS XUDICIAIS E SEGURIDADE PÚBLICA DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 12 de maio de 2005 pola que se convoca un curso sobre fotografía dixital.

Dentro das actividades programadas para o ano 2005, e conforme as funcións atribuídas pola Lei 1/2005, do 4 de xaneiro, do Centro de Estudos Xudiciais e Seguridade Pública de Galicia, anúnciase a celebración dun curso sobre fotografía dixital, que deberá desenvolverse conforme as seguintes bases:

Obxectivos.

-Dotar os membros dos corpos de seguridade dos coñecementos fundamentais para levar a cabo as tarefas máis importantes no campo da fotografía dixital aplicada á función policial, especialmente aos atestados por accidentes de tráfico.

Destinatarios.

O curso vai dirixido aos membros dos corpos de Policía Local de Galicia.

Os participantes deberán posuír necesariamente coñecementos de informática a nivel usuario.

Inscrición.

A inscrición dos participantes será totalmente gratuíta.

Prazas.

20.

Solicitudes.

1. O persoal que desexe participar neste curso deberá presentar, cuberta á máquina ou con letra moi clara, a instancia que figura no anexo.

2. O prazo para a presentación de instancias rematará o día 31 de maio de 2005, ás 14.00 horas.

3. As instancias deberán enviarse ao Centro de Estudos Xudiciais e Seguridade Pública de Galicia, sito na avenida da Cultura, s/n, 36680 A Estrada; ou ben poden entregarse en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Datas.

O curso realizarase en datas do 6 ao 8 de xuño.

O horario será das 9.30 ás 14.00 horas e das 15.30 ás 19.00 horas, excepto o día 8 que será das 10.00 ás 14.00 horas.

Contido.

* Fotografía dixital.

-As cámaras dixitais: manexo e posibilidades.

-O tratamento de imaxes.

-A súa crecente utilización na operativa policial.

Relación de admitidos.

A relación de admitidos farase pública o día 2 de xuño a partir das 14.00 horas, no taboleiro de anuncios do Centro de Estudos Xudiciais e Seguridade Pública de Galicia, ou ben poden coñecer e confirmar a súa asistencia chamando ao teléfono 986 59 00 21.

Lugar.

O curso desenvolverase no Centro de Estudos Xudiciais e Seguridade Pública de Galicia, sito na avenida da Cultura, s/n, no concello da Estrada.

Certificado de asistencia.

Ao remate do curso entregaráselles un certificado de asistencia a aquelas persoas que acrediten a súa participación continuada a el.

Modificacións.

O Centro de Estudos Xudiciais e Seguridade Pública de Galicia poderá modificar o desenvolvemento do curso para adaptalo ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

A Estrada, 12 de maio de 2005.

José Antonio Vázquez Taín

Director do Centro de Estudos Xudiciais

e Seguridade Pública de Galicia

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA