DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Mércores, 25 de maio de 2005 Páx. 8.930

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 18 de abril de 2005 pola que se fai pública a validación do curso de especialidade en lingua galega.

A Orde do 1 de abril de 2005 (DOG do 14 de abril), no seu artigo 16º establece que poderá validarse polo curso de especialización en lingua galega o certificado dos ciclos elemental e superior (cinco cursos) das escolas oficiais de idiomas, superados polos diplomados en EXB, mestres de ensinanza primaria, licenciados en tradución e interpretación e licenciados nas distintas facultades de filoloxía.

Polo anteriormente exposto,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Conceder a validación do curso de especialidade en lingua galega ás persoas que se relacionan a seguir, por reuniren os requisitos establecidos no artigo 16º da Orde do 1 de abril de 2005:

Marta Pumares Varela 32796654.

Artigo 2º

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria expediralles os correspondentes diplomas.

Disposición derradeira

Facúltase a Dirección Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria para o desenvolvemento desta orde.

Santiago de Compostela, 18 de abril de 2005.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria