DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Mércores, 25 de maio de 2005 Páx. 8.923

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 4 de maio de 2005 pola que se publica o estado de execución do orzamento da comunidade autónoma e as súas modificacións, e a situación da tesouraría e movementos por operacións orzamentarias e extraorzamentarias correspondentes ao cuarto trimestre de 2004.

De acordo co previsto no artigo 117 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, dáselle publicidade ao estado de execución do orzamento da comunidade autónoma e as súas modificacións, e a situación de tesouraría e movementos por operacións orzamentarias e extraorzamentarias correspondentes ao cuarto trimestre de 2004, que figuran como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 4 de maio de 2005.

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda