DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Martes, 24 de maio de 2005 Páx. 8.819

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 9 de maio de 2005 pola que se modifica a do 19 de novembro de 2003, pola que se fai pública a composición do Consello Social da Universidade de Vigo.

Pola Orde do 19 de novembro de 2003 (DOG do 24 de novembro) fíxose pública a composición do Consello Social da Universidade de Vigo.

De acordo co artigo 10.1º b) da Lei 1/2003, do 9 de maio, dos consellos sociais do sistema universitario de Galicia, os membros dos consellos sociais cesarán por renuncia, incapacidade declarada por resolución xudicial firme, morte ou declaración de falecemento.

A renuncia deberá presentárselles por escrito á autoridade, entidade ou institución designante e ao presidente do Consello Social, quen lla comunicará á consellería competente en materia universitaria, e publicarase no Diario Oficial de Galicia, data desde a que producirá efectos.

Segundo o artigo 10.2º da dita Lei 1/2003, do 9 de maio, dos consellos sociais do sistema universitario de Galicia, as vacantes deberán cubrirse pola autoridade, entidade ou institución correspondente no prazo máximo de 3 meses.

De acordo co artigo 7.4º da citada Lei 1/2003, os acordos de designación de membros do Consello Social seranlle comunicados ao conselleiro competente en materia universitaria, quen procederá ao seu nomeamento mediante orde da súa consellería.

Con data do 4 de abril de 2005, o secretario do Consello Social da Universidade de Vigo, en cumprimento do disposto no artigo 10 da Lei 1/2003, do 9 de maio, dos consellos sociais do sistema universitario de Galicia, comunica o cesamento por xubilación de Augusto Viso Alonso, no seu cargo como xerente da Universidade de Vigo e o nomeamento de Manuel Castro Oliva como novo xerente, por acordo do Pleno do Consello Social da Universidade de Vigo con data do 10 de marzo de 2005.

Con data do 4 de abril de 2005, o presidente do Consello Social da Universidade de Vigo, en cumprimento do disposto no artigo 10 da Lei 1/2003, do 9 de maio, dos consellos sociais do sistema universitario de Galicia, comunica a renuncia de Luis Casanova González, por motivos persoais, como representante do sindicato da Unión Xeral de Traballadores de Galicia no Consello Social da Universidade de Vigo e a designación de Benito Gama Calvo como novo representante.

Por todo iso,

DISPOÑO:

Artigo 1.-Nomear a Manuel Castro Oliva como representante do Consello de Goberno da Univer

sidade de Vigo en substitución de Augusto Viso Alonso.

Artigo 2.-Nomear a Benito Gama Calvo como representante do sindicato da Unión Xeral de Traballadores de Galicia no Consello Social da Universidade de Vigo en substitución de Luis Casanova González.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de maio de 2005.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA