DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Venres, 20 de maio de 2005 Páx. 8.579

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 13 de abril de 2005, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do acordo de corrección de erros do convenio colectivo de subcontratistas de Sogama no Complexo Ambiental de Cerceda.

Visto o expediente do acordo de corrección de erros do convenio colectivo de subcontratistas de

Sogama no Complexo Ambiental de Cerceda, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 22-3-2005 e subscrito pola comisión paritaria do convenio o día 3-3-2005, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre o rexistro e o depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordenar a súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordenar o depósito do citado acordo no Servizo de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC).

Terceiro.-Dispoñer a súa publicación no BOP e no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 13 de abril de 2005.

Cristina Azpilcueta González

Delegada Provincial da Coruña

Morzós, Encrobas, 3 de marzo de 2005.

Na sala de reunións do denominado Chalet de Sogama, sendo as 17.00 horas, reúnese a comisión mixta paritaria do C.C. de centro de traballo das empresas que prestan servizos no Complexo Ambiental de Cerceda, como subcontratistas da Sociedade Galega de Medioambiente (Sogama), estando presentes:

* Parte empresarial:

-Agustín Gimeno Villamana.

-María Dolores Ayllón Morales.

-Eusebio Uribarri Durán.

-Vidal Menéndez Rodríguez.

-Javier García Ruiz (asesor).

* Parte social:

-Pedro Alejandro Boquete Marqués.

-Pilar Carnota Fraga.

-Melchor Viqueira Gende.

-Fernando Veiras Bello.

-Xosé Luis Martín Freire (asesor).

-Manuel Golpe Gómez (asesor).

-Rafael Cambón Bello (asesor).

-Xosé Vázquez Lozano (asesor).

Ratifícanse os acordos tomados pola comisión estratéxica e referendados na acta asinada o 23 de febreiro de 2005 (acta que se xunta).

En canto a interpretación do artigo 12 do convenio colectivo en canto á petición das excedencias, establécese o prazo dun mes para resolver a solicitude.

Para efectos de aclaración do cálculo da hora extraordinaria que establecese o artigo 25 do convenio colectivo, o cálculo do valor da hora ordinaria será a retribución bruta anual de cada traballador dividido entre o número de horas de traballo anuais.

Nas Encrobas, na sala de reunións do denominado Chalet de Sogama, sendo as 10.00 horas do 12-11-2004, reúnense as partes firmantes do C.C. de centro de traballo das empresas que prestan servizos no Complexo Ambiental de Cerceda, como subcontratistas da Sociedade Galega de Medioambiente (Sogama), estando presentes:

* Parte empresarial:

-Agustín Gimeno Villamana.

-María Dolores Ayllón Morales.

-Eusebio Uribarri Durán.

-Trinidad Palacio Raposo.

-Javier García Ruiz (asesor).

-Juan Cabricano (por Nervión).

* Parte social:

-Pedro Alejandro Boquete Marqués.

-Miguel Ángel Iglesias García.

-Pilar Carnota Fraga.

-Melchor Viqueira Gende.

-Fernando Veiras Bello.

-Xosé Luis Martín Freire (asesor).

-Manuel Golpe Gómez (asesor).

-Rafael Cambón Bello (asesor).

-Xosé Vázquez Lozano (asesor).

Acórdase a realización da seguinte acta de correción de erros materiais C.C. de centro de traballo das empresas que prestan servizos no Complexo Ambiental de Cerceda, como subcontratistas da Sociedade Galega de Medioambiente (Sogama):

Artigo 22º: as cantidades en euros deste artigo refírese a importe ao mes.

Artigo 23º: revísase a cantidade do incentivo euro/mes en función do incremento sufrido co anterior convenio. Así mesmo inclúese o seguinte engadido como último punto: «Estas cantidades revisaranse todos os anos de vixencia do convenio».

Artigo 20º: punto b; aclárase que a contía máxima do anticipo reintegrable estará limitada á cifra que resulte de multiplicar a taxa de amortización do 12% polo número de meses que falte para a terminación

da contrata sendo en todo caso o importe máximo de 1.500 euros.

Sen máis conclúese esta reunión, sendo as 12.30 horas e dándose a asinar aos presentes.