DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Venres, 20 de maio de 2005 Páx. 8.574

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FAMILIA, XUVENTUDE, DEPORTE E VOLUNTARIADO

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 21 de abril de 2005 pola que se regulan as axudas para investimento en centros e servizos dedicados á atención á primeira infancia dependentes de entidades privadas de inciativa social.

Advertido un erro na devandita orde, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 88, do 9 de maio de 2005, cómpre facer a seguinte corrección:

-Na páxina 7.742, no punto 6 do artigo 7º.-Solicitudes e documentación, a) Documentación xeral, onde di: «As entidades solicitantes deberán presentar, ademais da documentación requirida, a documentación estatística relativa á institución, debidamente cuberta nos modelos oficiais conforme os anexos II e III desta orde», debe dicir: «As entidades solicitantes deberán presentar, ademais da documentación requirida, a documentación estatística relativa á institución, debidamente cuberta no modelo oficial conforme o anexo II desta orde»,