DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Xoves, 19 de maio de 2005 Páx. 8.460

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE SANIDADE

RESOLUCIÓN do 26 de abril de 2005 pola que se fai pública a suspensión da execución do Decreto 33/2004, do 29 de xaneiro, polo que se crea o sistema de información galego sobre a infección polo virus de inmunodeficiencia humana.

O Auto da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, ditado no recurso 418/2004 interposto pola Asociación Comité Cidadán AntiVIH Arousano contra o Decreto 33/2004, do 29 de xaneiro, polo que se crea o sistema de información galego sobre a infección polo virus de inmunodeficiencia humana (SIGIVIH), acorda a suspensión da execución da disposición obxecto de recurso.

Tendo en conta o artigo 134 en relación co 107, da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, relativos á publicidade da suspensión. Dítase esta resolución pola que se fai pública a suspensión da execución do Decreto 33/2004, do 29 de xaneiro, polo que se crea o sistema de información galego sobre a infección polo virus de inmunodeficiencia humana, o que se comunica para xeral coñecemento.

Santiago de Compostela, 26 de abril de 2005.

Carlos Monclus Díez de Ulzurrun

Secretario xeral da Consellería de Sanidade