DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Mércores, 18 de maio de 2005 Páx. 8.323

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE SANIDADE

CORRECCIÓN de erros.-Decreto 103/2005, do 6 de maio, polo que se establece a regulamentación técnico-sanitaria de piscinas de uso colectivo.

Advertido erro no devandito decreto, publicado no DOG nº 90, do 11 de maio, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 7.899, e inmediatamente despois da disposición adicional terceira, debe incluírse o seguinte texto:

«Disposición transitoria

As piscinas xa construídas disporán dun prazo de tres meses, contados a partir da entrada en vigor

deste decreto, para adaptarse ás disposicións relativas á medida da condutividade do artigo 31, sobre autocontrol, ao programa de control da calidade da auga do artigo 32, e ao relativo á información ao usuario do artigo 33».