DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Mércores, 18 de maio de 2005 Páx. 8.323

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

PRESIDENCIA

CORRECCIÓN de erros.-Lei 2/2005, do 18 de febreiro, de promoción e defensa da calidade alimentaria galega.

Advertido erro na devandita lei, publicada no DOG número 49, cómpre facer a oportuna corrección.

Na páxina 4.243, columna dereita, artigo 80, punto 5, di: «No suposto de iniciarse o procedemento sancionador como consecuencia de resultados, este analíticos, se o inculpado non acepta eses resultados poderá solicitar a realización de análises contraditorias da maneira que se estableza regulamentariamente» e debe dicir: «No suposto de iniciarse o procedemento sancionador como consecuencia de resultados, analíticos, se o inculpado non acepta eses resultados poderá solicitar a realización de análises contraditorias da maneira que se estableza regulamentariamente».