DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Venres, 13 de maio de 2005 Páx. 8.107

II. AUTORIDADES E PERSOAL

CESAMENTOS:

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

DECRETO 110/2005, do 12 de maio, polo que se dispón que cese Beatriz Mato Otero como delegada territorial da Coruña.

En virtude do establecido nos artigos 4.13º e 34.2º da Lei de Galicia 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, por proposta do conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día doce de maio de dous mil cinco,

DISPOÑO:

Que cese Beatriz Mato Otero como delegada territorial da Coruña, agradecéndolle os servizos prestados.

Santiago de Compostela, doce de maio de dous mil cinco.

P.S. (Decreto 105/2005, do 10 de maio)

Alberto Núñez Feijoo

Presidente

Enrique César López Veiga

Conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA