DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Venres, 13 de maio de 2005 Páx. 8.107

II. AUTORIDADES E PERSOAL

CESAMENTOS:

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

DECRETO 108/2005, do 12 de maio, polo que se dispón que cese Carlos Negreira Souto como presidente do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia.

En virtude do establecido nos artigos 4.13º e 34.2º da Lei de Galicia 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, por proposta do vicepresidente primeiro e conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día doce de maio de dous mil cinco,

DISPOÑO:

Que cese, por petición propia, Carlos Negreira Souto como presidente do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia, agradecéndolle os servizos prestados.

Santiago de Compostela, doce de maio de dous mil cinco.

P.S. (Decreto 105/2005, do 10 de maio)

Alberto Núñez Feijoo

Presidente

Alberto Núñez Feijoo

Vicepresidente primeiro e conselleiro de Política

Territorial Obras Públicas e Vivenda