DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Xoves, 12 de maio de 2005 Páx. 8.004

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE SANIDADE

CORRECCIÓN de erros.-Decreto 100/2005, do 21 de abril, polo que se regula a hemodoazón e hemoterapia na Comunidade Autónoma de Galicia.

Detectados erros no contido do devandito decreto publicado no DOG nº 88, do 9 de maio de 2005, cómpre facer as seguintes correccións:

-Na páxina 7.732, no artigo 8º, alínea 2, letra b), onde di: «atención especializada», debe dicir: «procesos asistencias».

-Na páxina 7.732, no artigo 8º, alínea 2, letra c), onde di: «Dirección Xeral de Farmacia», debe dicir: «Dirección Xeral de Farmacia e Produtos Sanitarios».