DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Xoves, 05 de maio de 2005 Páx. 7.562

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

DECRETO 98/2005, do 14 de abril, polo que se modifica o Decreto 125/2002, do 4 de abril, modificado polo Decreto 382/2003, do 16 de outubro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.

O Decreto 125/2002, do 4 de abril, establece a estructura orgánica da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, sinalando no seu artigo 2º os órganos nos que se estrutura. Este decreto foi modificado, nos seus artigos 4º, 7º e 8º, polo Decreto 382/2003, do 16 de outubro.

No seu artigo 3º.2.2., o dito decreto regula as funcións da Subdirección Xeral de Control, Salvamento Marítimo e Loita contra a Contaminación, e as unidades nas que se estrutura.

Desde a entrada en vigor da Lei 2/2004, do 21 de abril, pola que se crea o Servizo de Gardacostas de Galicia, a citada unidade, da que dependía o Servizo de Protección de Recursos, extinguido pola citada lei, ten adscritos os seus medios persoais e materiais e vén desenvolvendo as funcións atribuídas ao novo servizo, que substitúe o anterior. Por este motivo, faise necesario o cambio de denominación da subdirección xeral, que pasará a ser a Subdirección Xeral de Gardacostas de Galicia.

As unidades coas que conta para o exercicio das súas competencias, o Servizo de Protección de Recursos e o Servizo de Busca, Salvamento Marítimo e Loita contra a Contaminación, son dúas unidades que desenvolven tarefas fundamentalmente opera

tivas. Porén, desde a publicación do Decreto 125/2002, a Subdirección Xeral de Control, Salvamento Marítimo e Loita contra a Contaminación, que integrou recursos e contidos anteriormente do ámbito competencial da Dirección Xeral de Recursos Mariños e da Dirección Xeral de Estruturas e Mercados da Pesca, foi asumindo as tarefas administrativas correspondentes ás funcións que ten encomendadas e que con anterioridade se viñan desenvolvendo nos citados centros directivos. No momento actual, o crecente incremento que no peso específico da citada subdirección xeral adquiriron as tarefas de carácter económico-administrativo fai que a carga de traballo e a responsabilidade asumidas neste aspecto teñan a entidade suficiente como para que deban ser atribuídas a unha nova unidade, con nivel de xefatura de servizo, dentro da que a partir de ahora será a Subdirección Xeral de Gardacostas de Galicia.

Por outro lado, o artigo 4º do Decreto 125/2002, regula as competencias e as unidades nas que se estrutura a secretaría xeral, atribuíndolle no seu punto 2.2.2, ao Servizo de Supervisión e Control, as funcións de supervisión, coordinación técnica e inspección dos proxectos de obras da consellería e da súa execución material, velar polo cumprimento das actuacións seguidas pola consellería, velar polo correcto funcionamento dos diferentes servizos e obras da consellería, tanto na esfera central como na periférica, informando sobre o grao de cumprimento e eficacia na súa prestación e o adecuado emprego dos medios, así como a recepción das obras efectuadas, propoñendo, de ser o caso, as medidas para a corrección das deficiencias que se observen.

A experiencia da organización e xestión da secretaría xeral no tempo transcorrido desde a publicación da citada disposición ten evidenciado, por un lado, que as funcións do citado Servizo de Supervisión e Control son inherentes en moitas ocasións ás doutras unidades da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, producíndose, polo tanto duplicidade nelas; por outra banda, este centro directivo vese necesitado dun maior apoio técnico administrativo no desenvolvemento das súas competencias, que excede do que lle é eXixible ao Servizo Técnico Xurídico.

Por todo o exposto, debido á necesidade de cambiar a denominación e incrementar a dotación da Subdirección Xeral de Control, Salvamento Marítimo e Loita contra a Contaminación, e de repartir máis eficazmente as funcións entre as unidades da secretaría xeral desta Consellería, adecuándoas ás necesidades actuais, cómpre proceder á reforma do Decreto 125/2002, do 4 de abril, modificado polo Decreto 382/2003, do 16 de outubro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos, co informe das consellerías da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública e de Economía e Facenda, e logo

de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día do día catorce de abril de dous mil cinco,

DISPOÑO:

Artigo 1º

No artigo 3º do Decreto 125/2002, do 4 de abril, modificado polo Decreto 382/2003, do 16 de outubro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, o seu punto número 2.2. queda redactado como segue:

«2.2. Subdirección Xeral de Gardacostas de Galicia.

Correspóndelle a coordinación das competencias en materia de salvamento marítimo e loita contra a contaminación mariña, elaboración do plan de continxencias por contaminación mariña accidental, a prevención da contaminación mariña, funcións de programación, planificación e control das accións de vixilancia e inspección, tanto no sector extractivo como nos centros de comercialización e establecementos de produción, transformación e consumo, así como no transporte dos produtos, e, en xeral, cantos asuntos lle sexan encomendados en razón da súa competencia.

A Subdirección Xeral de Gardacostas de Galicia estrutúrase nas seguintes unidades:

2.2.1. Servizo de Protección de Recursos:

Correspóndelle:

-A coordinación, organización e seguimento dos medios materiais e persoais do Servizo de Gardacostas de Galicia.

-O control dos partes, actas, informes, incidentes e demais actuacións do Servizo de Gardacostas de Galicia.

-E, en xeral, cantos asuntos lle sexan encomendados, en razón da súa competencia, polo conselleiro.

2.2.2. Servizo de Busca, Salvamento Marítimo e Loita contra a Contaminación:

Correspóndelle a coordinación das competencias en materia de salvamento marítimo e loita contra a contaminación mariña, a elaboración do plan de continxencias por contaminación mariña accidental e a planificación de actividades de prevención da contaminación mariña, e en xeral, cantos asuntos lle sexan encomendados en razón da súa competencia polo conselleiro.

2.2.3. Servizo de Xestión Económico-Administrativa:

Correspóndelle:

-A programación e a xestión económico-administrativa derivadas das funcións atribuídas á subdirección xeral da que depende.

-A coordinación coas outras unidades adscritas á subdirección xeral en todo o que afecte o ámbito económico-administrativo desta.

-En xeral, cantos asuntos lle sexan encomendados, en razón da súa competencia, polo conselleiro».

Artigo 2º

O artigo 4º do Decreto 125/2002, do 4 de abril, modificado polo Decreto 382/2003, do 16 de outubro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos queda redactado como segue:

«Artigo 4º

1. A secretaría xeral exercerá as funcións establecidas no Decreto 119/1982, do 5 de outubro, así como as que lle sexan singular ou especialmente encomendadas por delegación do titular do departamento.

2. Para o exercicio das súas funcións a secretaría xeral estrutúrase nas seguintes unidades:

2.1. Subdirección Xeral de Recursos Humanos e Coordinación Administrativa.

Corresponderalle a xestión do persoal; información administrativa ao cidadán, rexistro xeral e arquivo; coordinación administrativa das unidades periféricas en materias da súa competencia, a racionalización administrativa de todos os servizos e todos os asuntos referentes ao sistema de informatización e proceso de datos e, en xeral, cantos asuntos lle sexan encomendados, en razón da súa competencia pola Secretaría Xeral.

A Subdirección Xeral de Recursos Humanos e Coordinación Administrativa estructúrase nas seguintes unidades:

2.1.1. Servizo de Persoal e Coordinación Administrativa:

Correspóndelle:

-A xestión, control e coordinación do persoal dos servizos centrais.

-A xestión de nóminas do persoal dos servizos centrais.

-A programación das necesidades do persoal.

-A elaboración da proposta da relación de postos de traballo.

-A coordinación das secretarías das delegacións en materia de persoal.

-E, en xeral, cantos asuntos lle sexan encomendados, en razón da súa competencia, pola secretaría xeral.

2.1.2. Servizo de Planificación:

Correspóndelle:

-Velar pola correcta implantación dos sistemas informáticos dentro da consellería, sen prexuízo das competencias que nesta materia corresponden á Inspección Xeral de Servizos da Consellería da Pre

sidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.

-Elaborar os estudos e proxectos de racionalización de procesos.

-Coordinar as actuacións que en materia de informática realizan as delegacións territoriais.

-Estudar, en coordinación coa Dirección Xeral de Organización e Sistemas Informáticos da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública e propoñer os sistemas informáticos que precise a consellería.

-E, en xeral, cantos asuntos lle sexan encomendados, en razón da súa competencia, pola secretaría xeral.

2.2. Subdirección Xeral de Xestión Orzamentaria e Contratación.

Correspóndenlle as funcións de elaboración do anteproxecto de orzamentos da consellería, a súa execución, seguimento, a xestión da contratación administrativa, segundo as competencias que na materia teña atribuídas o secretario xeral, a xestión económica e réxime interior.

A Subdirección Xeral de Xestión Orzamentaria e Contratación contará coa seguinte unidade:

2.2.1. Servizo de Xestión Orzamentaria e Contratación:

Correspóndelle:

-Preparar o anteproxecto do orzamento da consellería.

-Supervisar a xestión económica e seguimento da execución do gasto.

-Coordinación das secretarías das delegacións territoriais en materia de gastos correntes en bens e servizos.

-Xestionar a contratación administrativa.

-Asuntos xerais e réxime interior.

-E, en xeral, cantos asuntos lle sexan encomendados, en razón da súa competencia, pola secretaría xeral.

2.3. Baixo a dependencia órganica e funcional do secretario xeral existirá o Servizo Técnico Xurídico.

Correspóndelle:

-A elaboración, estudo e tramitación de todos os anteproxectos e proxectos de disposicións de carácter xeral.

-Efectuar os estudos e informes que lle sexan encomendados polo secretario xeral.

-A coordinación dos trámites para a publicación no Diario Oficial de Galicia das disposicións e actos administrativos ditados polos órganos da consellería.

-O estudo e proposta de resolución das reclamacións e recursos formulados contra os actos e resolucións dos distintos órganos da consellería, así como

a coordinación dos órganos que interveñan na súa tramitación.

-En xeral, cantos asuntos lle sexan encomendados, en razón da súa competencia, pola secretaría xeral.

2.4. Baixo a dependencia órganica e funcional do secretario xeral existirá, así mesmo, o Servizo de Apoio Técnico Administrativo.

Correspóndelle:

-Estudo e elaboración de informes sobre a normativa aplicable en todos os ámbitos que afecten as competencias da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.

-Efectuar os estudos e informes que lle sexan encomendados polo secretario xeral, ademais do estudo, preparación e informe dos asuntos que teñan que elevarse á Comisión de Secretarios e ao Consello da Xunta e o traslado dos seus acordos.

-O rexistro, arquivo e custodia das disposicións normativas emanadas da consellería, así como levar a cabo as compilacións das ditas normas.

-O control da publicación de toda a normativa pesqueira, así como das circulares sobre a aplicación daquela.

-En xeral, cantos asuntos lle sexan encomendados, en razón da súa competencia, pola secretaría xeral.

2.5. Dependendo organicamente da secretaría xeral, con nivel orgánico de subdirección xeral, existirán as seguintes unidades:

a) Intervención Delegada.

b) Asesoría Xurídica».

Disposición transitoria

Cando, como consecuencia da estrutura orgánica que se establece neste decreto se modifique a denominación ou contido das subdireccións xerais ou servizos existentes con anterioridade, ou se supriman algunhas das ditas unidades, autorízase o conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos, por proposta do secretario xeral, para readscribir o persoal afectado a postos do mesmo nivel ou inferior, sempre que sexan postos de traballo de libre designación, ou a adscribilos con carácter temporal a postos de igual ou inferior nivel, se se trata de prazas de provisión por concurso, ata que, neste último, caso os ditos postos sexan cubertos da forma regulamentariamente establecida, sen que en ningún caso, poida significar a readscrición ou adscrición cambio de residencia, todo isto sen prexuízo do disposto nos artigos 27.5º e 62.4º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia e da Lei 9/1987, do 12 de xuño, de órganos de representación, determinación das condicións de traballo e

participación do persoal ao servizo das administracións públicas, así como das competencias que poida ter atribuídas nesta materia a Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.

Disposicións derradeiras

Primeira.-A modificación da estrutura orgánica que se establece neste decreto non supón incremento do gasto público.

Segunda.-Facúltase o conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos para ditar cantas disposicións sexan necesarias para o desenvolvemento e execución deste decreto.

Terceira.-Este decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, catorce de abril de dous mil cinco.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Enrique César López Veiga

Conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos