DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Xoves, 05 de maio de 2005 Páx. 7.559

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ORDE do 27 de abril de 2005 pola que se actualizan as aplicacións orzamentarias comprendidas na Orde do 14 de xuño de 1999, para a expedición de pagamentos para xustificar.

Como consecuencia dos cambios introducidos pola modificación da estrutura orgánica establecida polo Decreto 8/2003, do 18 de xaneiro, e dos cambios producidos na denominación de certos programas de gastos establecidos na Lei 8/2003, do 23 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2004, producíronse variacións nas clasificacións orgánica e funcional de gasto que afectan algunha das aplicacións orzamentarias comprendidas na Orde do 14 de xuño de 1999, que autoriza a emitir ordes de pagamento para xustificar.

Polo exposto e con obxecto de actualizar as aplicacións orzamentarias incluídas no anexo da citada orde,

DISPOÑO:

Artigo único.-Como anexo a esta orde relaciónanse as novas aplicacións orzamentarias con cargo ás que se poderán emitir ordes de pagamento para xustificar, así como as que se suprimen, comprendidas na Orde do 14 de xuño de 1999.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de abril de 2005.

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda

ANEXO

-Aplicacións orzamentarias que se suprimen.

Consellería: Xustiza, Interior e Administración Local.

Aplicación orzamentaria: 13.214B.640.0.

-Novas aplicacións que se autorizan.

Consellería: Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais.

Aplicación orzamentaria: 16.214B.640.

Consellería: Pesca e Asuntos Marítimos.

Aplicación orzamentaria: 12.612V.640.