DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Mércores, 04 de maio de 2005 Páx. 7.519

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 21 de marzo de 2005, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial do convenio colectivo de Limpiezas Xalo, S.L. (limpeza viaria do concello de Culleredo).

Visto o expediente da revisión salarial do convenio colectivo de Limpiezas Xalo, S.L. (limpeza viaria do concello de Culleredo), que tivo entrada nesta delegación provincial o día 15-3-2005 e subscrito pola comisión paritaria do convenio o día 3-3-2005, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre o rexistro e o depósito de convenios

colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordenar a súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordenar o depósito do citado acordo no Servizo de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC).

Terceiro.-Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 21 de marzo de 2005.

Cristina Azpilcueta González

Delegada provincial da Coruña

Acta de sinatura de revisión de táboas salariais para o ano 2005 do convenio colectivo da empresa Limpiezas Xalo, S.L. para o centro de traballo de limpeza viaria do Concello de Culleredo

-Pola parte empresarial: María Iglesias, con DNI 32776366-D, como representante legal da empresa Limpiezas Xalo, S.L.

-Pola parte social, Óscar Castro Pan, con DNI 76326908, como representante legal dos traballadores.

En Culleredo o 3 de marzo de 2005, ás 11.00 horas nos locais da empresa, reúnense as partes arriba indicadas co obxecto de proceder á sinatura da revisión das táboas salariais para o ano 2005 do convenio que regula a relación laboral entre a empresa Limpiezas Xalo, S.L. e os traballadores adscritos na limpeza viaria do Concello de Culleredo.

Sen máis asuntos que tratar dáse por finalizada a reunión ás 11.30 horas.

María IglesiasÓscar Castro Pan

Pola empresaPola parte social

Táboas salariales ano 2005

Limpezas Xalo (limpeza viaria Concello de Culleredo)

CategoríasSalario

base

Complem.

de asistencia

PenosidadeTotal mes

Encargado733,6995,5348,65878,41

Oficial de limpeza v./condutor L.V.641,9895,5348,65786,70

Peón especializado L.V.596,1195,5348,65740,84

Peón L.V.588,4795,5348,65733,19

Complemento de antigüidade 2005: 14,96.

Complemento de festivos: 57,58.

Adecuación do convenio: incrementarase na mesma porcentaxe ca o salario base.