DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Mércores, 04 de maio de 2005 Páx. 7.519

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 21 de marzo de 2005, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do acordo de modificación do convenio colectivo do Concello de Cee.

Visto o expediente do acordo de modificación do convenio colectivo do Concello de Cee, que tivo entrada nesta delegación provincial da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais o día 17-3-2005 e subscrito pola parte económica polo Concello de Cee e pola parte social polo comité de empresa, ratificado polo pleno da corporación do 30-12-2004, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre o rexistro e o depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordenar a súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, que está nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordenar o depósito do citado acordo no Servizo de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC).

Terceiro.-Dispoñer a súa publicación no BOP e no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 21 de marzo de 2005.

Cristina Azpilcueta González

Delegada provincial da Coruña

Acordo entre o alcalde presidente da corporación e o comité de empresa do persoal laboral do Concello de Cee, no convenio colectivo para o persoal laboral

Artigo 15º

Modificarase a xornada de traballo que quedará da seguinte maneira:

Mañá das 8.30 ás 13.00 horas.

Tarde das 14.15 ás 18.00 horas.

Así mesmo e no período comprendido entre o 15 de xuño e o 15 de setembro a xornada de traballo será continuada con horario de 8.00 a 14.00 horas.

Esta xornada será de aplicación a todo o persoal laboral excepto aos servizos municipais de intervención rápida, xardinaría e limpeza, que continuarán coa xornada fixada anteriormente en convenio sen prexuízo do que se estableza no calendario laboral.

Artigo 11º

Axudas sociais, engadir que os traballadores terán que ter como mínimo un ano de antigüidade no concello para acceder a elas.

* Plan de pensións:

Modificar o texto actual polo de:

O concello poderá ao longo do ano 2005 crear a partida orzamentaria co fin de crear un fondo de pensións para o persoal laboral fixo do concello ata o máximo permitido pola lei e de acordo coas condicións que se pacten coa entidade xestora.

* Incapacidade temporal:

Engadir este texto:

Nos casos de enfermidade común ou accidente de traballo que supoñan unha incapacidade laboral, o concello complementará a retribución que os traballadores percibirán da Seguridade Social ata o 100% das cantidades que lles correspondería percibir segundo o convenio colectivo vixente.

Os traballadores beneficiados por esta medida comprométense a que durante o período de incapacidade laboral realizarán todas as medidas necesarias para a súa máis inmediata recuperación e sempre que o concello llelo solicite, acudir á consulta médica ben da mutua de accidentes de traballo ou á consulta privada, co fin de que se comprobe cun novo diagnóstico o motivo da baixa.

-Polo comité de empresa:

Manuel Trillo Mouzo.

Adolfo Crego Casas.

Manuel Díaz Graíño.

Davil Rey Pequeño.

José Trillo Costa.

-Polo Concello de Cee:

José Antonio Domínguez García, alcalde-presidente da corporación