DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Mércores, 04 de maio de 2005 Páx. 7.518

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 4 de marzo de 2005, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da táboa salarial para o ano 2005 do convenio colectivo da empresa Sociedad para el Tratamiento de Aguas Residuales, S.L. (Star, S.L.).

Vista a acta da táboa salarial para o ano 2005 do convenio colectivo da empresa Sociedad para el Tratamiento de Aguas Residuales, S.L. (Star, S.L.), con nº de código 3603862, que tivo entrada no rexistro único do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Vigo o día 16-2-2005, subscrita pola comisión negociadora do convenio O 1-2-2005. De conformidade co disposto no artigo 13 do convenio colectivo e no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordenar a súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que está nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordenar o seu depósito no Servizo de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 4 de marzo de 2005.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra

ACTA

Asistentes

Comité de empresa Star, S.L.

Ana Faginas Bastos

Mª Cruz Varela Jorge

Mar Carpintero Do Canto

Ana Ballesteros Álvarez

Xerente da empresa Star, S.L.

Ángel González Barciela

En Vigo, ás 10.30 horas do día 1 de febreiro de 2005, reúnense nas oficinas de Star, S.L. situadas na r/ Celso Emilio Ferreiro o comité de empresa e a dirección desta para a revisión anual do convenio colectivo da empresa.

Aberta a sesión e de acordo co artigo 13 do vixente convenio colectivo para a empresa, procede que o incremento para o ano 2005 será o correspondente ao que fixe o IPC real de 2004 máis 0,25. Co que a subida para o ano 2005 será dun 3,45% en todos os conceptos salariais.

Por tal motivo procédese á elaboración da táboa salarial anexa que se asina en proba de conformidade.

E non habendo máis asuntos que tratar levántase a sesión ás 12.15 horas do día e no lugar indicados, do cal as partes dan fe.

Xerente da empresa Star, S.L.

Comité da empresa Star, S.L.

TÁBOA SALARIAL 2005

CategoríasBruto mesBruto ano

-Persoal técnico

Titulado superior1.148,4516.078,3

Titulado non superior *1.025,5214.357,28

Director de fabricación964,2413.499,36

Encargado xeral921,9112.906,74

-Persoal administrativo

Xefe de administración1.066,8514.935,9

Xefe sección admón.*1.180,1816.522,52

Oficial administrativo 1ª909,6112.734,54

Oficial administrativo 2ª861,5512.061,7

Auxiliar administrativo737,5210.325,28

Telefonista733,410.267,6

-Persoal de comercialización

Director de vendas *834,7211.686,08

Vendedor826,5911.572,26

-Proceso de datos

Operador828,0511.592,7

Programador839,0911.747,26

-Fabricación

Especialista de fabricación *761,3710.659,18

Oficial de 1ª de fabricación757,5810.606,12

Oficial de 2ª de fabricación753,8110.553,34

Limpador/a713,299.986,06

-Mantemento-oficios varios

Oficial 1º mecánico *807,911.310,6

Oficial 2º mecánico *782,2110.950,94

Oficial 3º mecánico *767,410.743,6

Oficial 1º electricista *807,911.310,6

Oficial 2º electricista782,2110.950,94

Oficial 3º electricista *767,410.743,6

Especialista cámaras e almacén789,511.053

Condutor813,911.394,6

Vixilante827,8711.590,18

Nota: no bruto anual van incluídas as dúas pagas de xullo e decembro