DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Mércores, 04 de maio de 2005 Páx. 7.517

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 18 de abril de 2005 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o fomento da integración da prevención de riscos laborais nos sistemas de xestión das empresas mediante a contratación de técnicos superiores en prevención de riscos laborais polas organizacións sindicais máis representativas e empresariais máis representativas a nivel intersectorial e/ou sectorial.

Advertidos erros na Orde do 18 de abril de 2005 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o fomento da integración da prevención de riscos laborais nos sistemas de xestión das empresas mediante a contratación de técnicos superiores en prevención de riscos laborais polas organizacións sindicais máis representativas e empresariais máis representativas a nivel intersectorial e/ou sectorial

(DOG nº 78, do 25 de abril), cómpre facer as seguintes correccións:

Na páxina 6.850, artigo 2º.1. Beneficiarios e requisitos destes, engádese o seguinte parágrafo: «Tamén poderán ser beneficiarios das axudas, de conformidade co disposto no artigo 11.2º da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, os membros asociados do beneficiario que se comprometan a efectuar a totalidade ou parte das actividades que fundamentan a concesión da subvención en nome e por conta do primeiro que terán igualmente a consideración de beneficiarios».

Na páxina 6.851, artigo 4º.3, onde di: «a data máxima de remate de contrato é a do 31 de outubro de 2005», debe dicir: «a data máxima de remate do contrato é a do 31 de decembro de 2005».

Na páxina 6.851, artigo 6º.3, onde di: «a data de remate para todas as contratacións é a do 31 de outubro de 2005», debe dicir: «a data de remate para todas as contratacións é a do 31 de decembro de 2005».