DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Mércores, 04 de maio de 2005 Páx. 7.508

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL

DECRETO 96/2005, do 21 abril, polo que se declara a urxente ocupación, para os efectos de expropiación forzosa, polo Concello de Ortigueira, dos bens e dereitos necesarios para a realización das obras do proxecto de actuacións de limpeza das marxes e mellora de acceso entre ambas as marxes do río Baleo.

O Concello de Ortigueira, en sesión celebrada o día trinta e un de agosto de dous mil catro, aprobou o proxecto de actuacións de limpeza das marxes e mellora de acceso entre ambas as marxes do río Baleo e, na mesma sesión, acordou solicitar da Xunta de Galicia a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola expropiación forzosa ao abeiro do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Os bens en que se concreta a declaración de urxente ocupación están determinados no expediente que se someteu a información pública.

Que o dito expediente tivo entrada na Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local e, solicitados informes á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, e á Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, estes foron emitidos, quedando, en consecuencia, o concello suxeito de xeito estrito a eles á hora de executalo.

Considérase necesaria a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos precisos para a realización das obras do proxecto técnico sinalado, xa que segundo sinala o concello, a actuación consiste en mellorar as condicións de desaugamento do leito e así evitar inundacións dos predios lindantes en épocas de chuvias, e aumentar a seguridade viaria do paso sobre o río Baleo no lugar da Ponte Vella, tanto para o tráfico rodado como para os peóns, coa construción dunha ponte nova, que suporá un aumento da sección da vía e da beirarrúa diferenciada a ambas os dous lados. Actualmente o dito paso efectúase por unha ponte en moi malas condicións, con sección insuficiente para a regulación dos dous sentidos e sen distinción do paso peonil. Nestas condicións o risco de accidentes é moi elevado e máxime tendo en conta o elevado tráfico que soporta diariamente.

A competencia para a declaración da urxente ocupación correspóndelle ao Consello da Xunta de Galicia segundo o disposto nos artigos 27.2º e 28.2º do Estatuto de Autonomía de Galicia.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Xustiza, Interior e Administración Local, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte e un de abril de dous mil cinco,

DISPOÑO:

Artigo único.-De conformidade co disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, declárase a

urxente ocupación, polo Concello de Ortigueira para efectos de expropiación forzosa, dos bens e dereitos concretados no expediente administrativo instruído para o efecto e necesarios para a execución das obras do proxecto de actuacións de limpeza das marxes e mellora de acceso entre ambas as marxes do río Baleo, debendo, se é o caso, unha vez ocupados os terreos necesarios, obter as autorizacións que fosen necesarias dos organismos competentes, con carácter previo ao inicio das obras.

Santiago de Compostela, vinte e un de abril de dous mil cinco.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Jesús Carlos Palmou Lorenzo

Conselleiro de Xustiza, Interior e Administración Local

CONSELLERÍA DE FAMILIA, XUVENTUDE, DEPORTE

E VOLUNTARIADO