DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Mércores, 04 de maio de 2005 Páx. 7.507

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

ORDE do 25 de abril de 2005 pola que se autoriza a apertura dos establecementos dedicados á venda de libros, o 17 de maio de 2005, Día das Letras Galegas.

Por medio do Decreto 365/1996, do 26 de setembro, reguláronse os horarios comerciais no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, determinándose no parágrafo segundo da súa disposición adicional que regulamentariamente se poderán regular os horarios comerciais dos establecementos dedicados exclusivamente á venda de produtos culturais, e habilitando na disposición derradeira primeira ao conselleiro de Innovación, Industria e Comercio para ditar as disposicións necesarias para a aplicación, execución e eficacia do devandito decreto.

Con motivo da conmemoración do Día das Letras Galegas, esta consellería considera conveniente autorizar a apertura dos establecementos comerciais dedicados á venda de libros o 17 de maio de 2005, para conseguir con isto a maior difusión, mediante a venda de libros do patrimonio literario galego.

Na súa virtude

DISPOÑO:

Artigo único.-Autorízanse os establecementos dedicados á venda de libros a abrir o día 17 de maio de 2005, Día das Letras Galegas.

No caso de establecementos que realicen a venda de libros simultaneamente coa doutros produtos, a autorización refírese exclusivamente á venda dos devanditos artigos.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 25 de abril de 2005.

Juan Rodríguez Yuste

Conselleiro de Innovación, Industria e Comercio

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN

LOCAL