DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Mércores, 04 de maio de 2005 Páx. 7.500

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 4 de abril de 2005 pola que se autoriza o cambio de denominación do CEIP de Nadela (Lugo).

Tendo en conta o artigo 8 punto 1º do anexo do Decreto 374/1996, do 17 de outubro, polo que se aproba o Regulamento das escolas de educación infantil e dos colexios de educación primaria (DOG do 21 de outubro de 1996), así como os correspondentes informes, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Ordenación Educativa, esta consellería

DISPÓN:

Autorizar o cambio de denominación do colexio que no anexo se relaciona.

Santiago de Compostela, 4 de abril de 2005.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Provincia: Lugo.

Concello: Lugo.

Localidade: Nadela.

Código do centro: 27006048.

Denominación: Colexio de Educación Infantil e Primaria de Nadela.

Nova denominación: Colexio de Educación Infantil e Primaria Manuel Mallo Mallo.