DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Martes, 03 de maio de 2005 Páx. 7.446

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 4 de marzo de 2005, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da táboa de salarios definitivos ano 2004 e da táboa de salarios provisionais de 2005 do convenio colectivo do sector de industrias e comercio vitivinícolas.

Vista a acta da táboa de salarios definitivos do ano 2004 e a táboa de salarios provisionais do ano 2005 do convenio colectivo do sector de industrias e comercio vitivinícolas de Pontevedra, con nº de código 3600815, que tivo entrada no rexistro único do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Vigo o día 16-2-2005, subscrita pola comisión negociadora do convenio con data de 7-2-2005. De conformidade co disposto no artigo 9 do convenio colectivo e no artigo 90.2 e 3, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordenar a súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordenar o seu depósito no Servizo de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 4 de marzo de 2005.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo provincial para as industrias e comercio vitivinícolas de Pontevedra

En Vigo, sendo as 19.00 horas, reúnense nos locais da Confederación Intersindical Galega as persoas abaixo citadas:

-Representantes da parte social:

Luciano Villar González, CIG.

Ignacio Couñago Lara, UGT.

Ana Simón Simón, CC.OO.

-Representantes da parte económica:

Carlos Villanueva

Ambas as dúas partes reúnense para aplicar a revisión salarial para o ano 2004 e as táboas provisionais

para o ano 2005 como figura no artigo 9 do convenio colectivo en vigor e que consiste en aumentar as táboas vixentes o 31 de decembro de 2003 nun 3,7% que corresponde ao IPC real máis o 0,5% e para o ano 2005 o resultado destas incrementalas no 3%. Os demais conceptos quedan como se detallan a continuación:

Artigo 20º.-Seguro de accidentes.

En caso de morte: 15.901 A.

En caso de incapacidade: 27.704 A.

Artigo 21º.-Xubilacións. 1.156 A.

Fe de erratas:

A comisión negociadora recoñece que existe un erro na redacción dos artigos 11 e 12 do convenio polo que acorda as correccións seguintes:

Artigo 11º

Onde di: «30 días naturais», deberá dicir: «22 días laborais».

Artigo 12º

Omitiuse redactar o convenio segundo punto que di: «no caso de incapacidade temporal derivada de accidente non laboral, a empresa completará ata o importe íntegro do seu salario real, a prestación da Seguridade Social. Durante un máximo de 12 meses».

Quedan ao remate aceptadas polas dúas partes as modificacións do convenio mencionado nesta acta.

Vigo, 7 de febreiro de 2005.

Salarios provisionais ano 2005

* Grupo A.-Técnicos titulados.

a) Con título superior: 720 A.

b) Con título inferior: 690 A.

-Técnicos non titulados.

a) Encargado xeral de bodega ou fábrica: 661,47 A.

b) Encargado de laboratorio: 635 A.

c) Axudante de laboratorio: 608,56 A.

d) Auxiliar: 608,56 A.

* Grupo B.-Administrativos.

a) Xefe de primeira: 690 A.

b) Xefe de segunda: 661,47 A.

c) Oficial de primeira: 635 A.

d) Oficial de segunda: 608,56 A.

e) Auxiliar: 598,64 A.

f) De 1º ano: 529,18 A.

g) De 2º ano: 544,61 A.

* Grupo C.

a) Cobrador: 598,64 A.

b) Almaceneiro: 598,64 A.

c) Pesador ou basculeiro: 598,64 A.

d) Telefonista: 598,64 A.

e) Persoal de limpeza: 598,64 A.

* Grupo D.-Obreiros.

a) Encargado de cuadrilla: 608,56 A.

b)Oficial de primeira: 635 A.

c)Oficial de segunda: 608,56 A.

d) Peón: 598,64 A.