DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Martes, 03 de maio de 2005 Páx. 7.437

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

ORDE do 25 de abril de 2005 pola que se crea un ficheiro automatizado de datos de carácter persoal nesta consellería.

O artigo 20 da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal (BOE nº 298, do 14 de decembro), especifica que a creación, modificación ou supresión dos ficheiros das administracións públicas só poderán facerse mediante a disposición xeral correspondente.

A posta en marcha do recoñecemento das agrupacións de operadores de produción integrada, a regulación do Rexistro oficial de produción integrada así como a certificación da dita produción fai necesaria a creación deste ficheiro, co obxecto de regularizar e adecuar este á normativa legal vixente en materia de protección de datos, de acordo co establecido no mencionado artigo 20.

En virtude do exposto, de conformidade co artigo 30.1º.3 do Estatuto de autonomía de Galicia, e no uso das facultades que me confire a Lei 1/1983, reguladora da Xunta e do seu presidente,

DISPOÑO:

Primeiro.-Mediante esta orde créase o ficheiro especificado no anexo, que contén a información exixida no artigo 20.2º da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal para as disposicións de creación dos ficheiros.

Segundo.-O titular do órgano responsable deste ficheiro adoptará as medidas de xestión e organización que sexan necesarias, asegurando a confidencialidade, os dereitos e as obrigas recoñecidos na Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro.

Terceiro.-Os datos de carácter persoal, rexistrados no ficheiro da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, aos que se refire o anexo só serán utilizados para os fins expresamente previstos e por persoal debidamente autorizado.

Cuarto.-Os datos só poderán ser cedidos nos supostos expresamente previstos pola lei.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 25 de abril de 2005.

José Antonio Santiso Miramontes

Conselleiro de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural

ANEXO

Título do ficheiro: Rexistro Oficial de Produción Integrada.

1. Finalidade do ficheiro e uso previsto: control dos axentes, superficies e instalacións que interveñen na produción integrada, xestión e recoñecemento de agrupacións de produción integrada.

2. Persoas ou colectivos sobre os que se pretende obter datos de carácter persoal: operadores de produción integrada (agricultores e gandeiros, almacenistas, envasadores, manipuladores, transformadores, comercializadores) e entidades de certificación.

3. Procedemento de recollida de datos: solicitudes que presentan os interesados.

4. Estrutura básica dos ficheiros: base de datos.

5. Tipos de datos de carácter persoal que inclúe: datos de carácter identificativo, datos da explotación, datos da agrupación ou da entidade.

6. Cesións de datos previstas: prevense cesións de datos ao MAPA.

7. Órgano responsable do ficheiro: Dirección Xeral de Produción e Sanidade Agropecuaria.

8. Servizos ou unidades ante os que se poden exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición: Dirección Xeral de Produción e Sanidade Agropecuaria. Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural. Edificio administrativo San Caetano. 15771 Santiago de Compostela.

9. Nivel das medidas de seguridade: básico.

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN

LOCAL