DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Luns, 02 de maio de 2005 Páx. 7.374

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CORRECCIÓN de erros.-Decreto 73/2005, do 18 de marzo, polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao superior correspondente ao título de técnico superior en industrias alimentarias.

Advertidos erros no citado decreto, publicado no DOG nº 78, do luns, 25 de abril de 2005, cómpre efectuar as oportunas correccións:

-Na páxina 6.790, no título do decreto, onde di: «técnico superior en industrias alimentarias», debe dicir: «técnico superior en industria alimentaria».

-Na páxina 6.790, no segundo parágrafo, onde di: «técnico superior en industrias alimentarias», debe dicir: «técnico superior en industria alimentaria».

-Na páxina 6.791, no artigo 1º, onde di: «técnico superior en industrias alimentarias», debe dicir: «técnico superior en industria alimentaria».

-Na páxina 6.792, na Identificación do título onde di: «Técnico en industrias alimentarias», debe dicir: «Industria alimentaria».

-Na páxina 6.832, no punto 4.2.1, onde di: «ciclo formativo de industrias alimentarias», debe dicir: «ciclo formativo de industria alimentaria».

-Na páxina 6.832, no punto 4.3 onde di: «ciclo formativo de formación profesional de grao superior de industrias alimentarias», debe dicir: «ciclo formativo de formación profesional de grao superior de industria alimentaria».

-En todo o decreto, onde di: «alimenticio/a/os/as», debe dicir: «alimentario/a/os/as».