DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Venres, 29 de abril de 2005 Páx. 7.239

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 22 de marzo de 2005, da Dirección Xeral de Tecnoloxía e Desenvolvemento Sectorial, pola que se proclaman os candidatos presentados a elección dos vogais da Comisión Galega de Artesanía que representan os artesáns de cada provincia inscritos na sección terceira do Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia.

A Orde do 1 de febreiro de 2005 pola que se regula o procedemento de elección dos vogais da Comisión Galega de Artesanía que representan os artesáns inscritos na sección terceira do Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia (DOG nº 27, do 9 de febreiro) (corrección de erros DOG nº 33, do 17 de febreiro), establece nos seus artigos 6 e 7 a proclamación dos candidatos e o procedemento para emitir o voto.

Para os efectos de proceder ás votacións conforme os anexos II e III publicados no DOG nº 27, do 9 de febreiro, nun prazo de trinta días naturais contados a partir do día seguinte da publicación desta resolución, esta Dirección Xeral de Tecnoloxía e Desenvolvemento Sectorial

RESOLVE:

Proclamar os candidatos a vogais da Comisión Galega de Artesanía que representan os artesáns inscritos na sección terceira do rexistro xeral de Artesanía de Galicia:

Pola provincia da Coruña:-José Eloy Gesto Ferreiro.-Susana Filgueira Tomé.-José Gabín Martínez.

Pola provincia de Lugo:-Carlos Rodríguez Acín.-Vidal Revilla Villegas.

Pola provincia de Ourense:-Ana Camba Rivas.-Olga Santos Pereira.

Pola provincia de Pontevedra:-Isabel Neira Neira.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso de alzada ante o conselleiro de Innovación, Industria e Comercio, no prazo dun mes, a partir do día seguinte a aquel en que teña lugar esta publicación; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente ao seu dereito.

Santiago de Compostela, 22 de marzo de 2005.

José Manuel González González

Director xeral de Tecnoloxía e Desenvolvemento

Sectorial