En virtude do establecido nos artigos 8, parágrafo terceiro, e 9.1º da Lei 6/1995, do 28 de xuño, pola que se crea o Consello Económico e Social de Galicia (publicado no DOG nº 133, do 12 de xullo), e nos artigos 8 e 10 do Regulamento de réxime interno deste (publicado no DOG nº 114, do 11 de xuño de 1996), e de acordo coa proposta efectuada pola organización correspondente,
DISPOÑO:
Artigo único.-Noméase membro suplente do Consello Económico e Social de Galicia, en representación da CIG, a Xavier Rodríguez Fidalgo.
Santiago de Compostela, dezaoito de abril de dous mil cinco.
Manuel Fraga Iribarne
Presidente