DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 28 de abril de 2005 Páx. 7.151

II. AUTORIDADES E PERSOAL

CESAMENTOS:

PRESIDENCIA

DECRETO 85/2005, do 18 de abril, polo que se dispón o cesamento dun membro do Consello Económico e Social de Galicia.

En virtude do establecido nos artigos 9, parágrafo 1º, inciso segundo, e 10 f) da Lei 6/1995, do 28 de xuño, pola que se crea o Consello Económico e Social de Galicia (publicado no DOG nº 133, do 12 de xullo), e nos artigos 8 e 9.e) do Regulamento de réxime interno deste (publicado no DOG nº 114, do 11 de xuño de 1996), e de acordo coa proposta efectuada pola organización correspondente,

DISPOÑO:

Artigo único.-Que cese como membro suplente do Consello Económico e Social de Galicia, en representación da CIG, Xesús Mosquera Baamonde.

Santiago de Compostela, dezaoito de abril de dous mil cinco.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente