DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 26 de abril de 2005 Páx. 6.939

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

DECRETO 79/2005, do 21 de abril, polo que se establecen normas sobre os medios materiais que se utilizarán nas eleccións ao Parlamento de Galicia de 2005.

A disposición adicional da Lei 8/1985, do 13 de agosto, de eleccións ao Parlamento de Galicia, faculta a Xunta de Galicia para que dite as disposicións precisas para o cumprimento e execución do previsto nesa lei.

Con base nesta facultade, o Decreto 198/2001, do 27 de agosto, en desenvolvemento da disposición aludida, estableceu as normas sobre urnas, cabinas, papeletas, sobres e documentación que se utilizaron nas eleccións ao Parlamento de Galicia de 2001, remitíndose, como lexislación supletoria, no non previsto nel, á normativa reguladora das eleccións ao Congreso dos Deputados das Cortes Xerais.

Atendendo á necesaria integración dos principios previstos na Lei electoral autonómica no marco da normativa electoral xeral, e de conformidade co Real decreto 605/1999, do 16 de abril, de regulación complementaria dos procesos electorais, modificado á súa vez polo Real decreto 1382/2002, do 20 de decembro, e pola Orde Int/2838/2003 modificadora dos seus anexos 1 e 2, resulta conveniente modificar o preceptuado polo citado Decreto 198/2001.

De acordo con estas directrices e na experiencia acumulada nos sucesivos procesos electorais acaecidos na nosa comunidade autónoma, este decreto, que derroga o Decreto 198/2001, do 27 de agosto, constituirá o marco normativo que regulará os medios materiais para utilizar no proceso electoral autonómico, o que redundará nunha maior claridade e sinxeleza da norma en beneficio das forzas políticas que concorran aos comicios autonómicos e dos propios electores.

Por todo o exposto e en virtude da Lei 8/1985, do 13 de agosto, de eleccións ao Parlamento de Galicia, modificada pola Lei 15/1992, do 30 de decembro, e pola Lei 12/2004, do 7 de decembro, que faculta, na súa disposición adicional, a Xunta de Galicia para ditar cantas disposicións sexan necesarias para o seu cumprimento e execución, faise necesario modificar a redacción da vixente norma sobre urnas, cabinas, papeletas, sobres e demais impresos que se van utilizar nas eleccións ao Parlamento de Galicia.

En consecuencia, por proposta do conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte e un de abril de dous mil cinco,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Locais electorais.

Os locais que se utilicen nas eleccións ao Parlamento de Galicia reunirán as condicións necesa

rias para o seu fin, estarán perfectamente sinalizados no referente a seccións e mesas, serán preferentemente de titularidade pública e de entre eles os de carácter docente, cultural ou recreativo, e deberán ser accesibles ás persoas con limitacións de mobilidade.

Os concellos deberán sinalizar convenientemente os locais correspondentes a cada sección e mesa electoral.

A Xunta de Galicia porá ao dispor dos concellos os medios económicos e materiais que lles permitan levar a cabo o acondicionamento dos locais electorais.

Artigo 2º.-Urnas.

Cada mesa electoral disporá dunha urna que se axustará ás características que figuran no anexo I da Orde Int/2838/2003, do 14 de outubro, pola que se modifican os anexos I e II do Real decreto 605/1999, do 16 de abril, de regulación complementaria dos procesos electorais.

Agora ben, no caso de que non existisen urnas en número suficiente para este proceso electoral, considerarase válida a utilización de urnas conforme o modelo vixente anteriormente.

Excepcionalmente, e cando o número de electores correspondentes a unha mesa o aconselle, porase ao dispor dos votantes unha segunda urna, coas características sinaladas no parágrafo anterior. Previamente á súa utilización, o presidente da mesa verificará que se atopa baleira e situaraa de par da xa utilizada, que será debidamente pechada, procedéndose a partir dese momento a utilizar exclusivamente a segunda urna.

As urnas, despois de montadas e precintadas, seranlles entregadas, contra recibo, aos presidentes das mesas electorais a través dos secretarios dos concellos.

Os precintos consistirán nun peche que impida a apertura da urna sen coñecemento dos membros da mesa e dos interventores. De producirse a ruptura ou deterioración do precinto, o presidente da mesa, se non puider obter oportunamente outra urna da Xunta Electoral de Zona, asegurará o peche da mesma con calquera elemento que teña ao seu dispor.

A Xunta de Galicia porá ao dispor dos concellos os medios económicos que lles permitan levar a cabo a montaxe, a desmontaxe e o transporte de urnas.

Artigo 3º.-Cabinas.

No mesmo cuarto, en que se desenvolva a votación, e en lugar intermedio entre a entrada e a mesa electoral, existirá, polo menos, unha cabina na que o votante poderá seleccionar as papeletas electorais e introducilas nos correspondentes sobres. No seu interior, nos compartimentos destinados para o efecto ou de par da cabina, haberá unha mesa con número suficiente de sobres e papeletas de cada candidatura.

As cabinas a utilizar nas eleccións ao Parlamento de Galicia axustaranse ás características que figuran no anexo II da Orde Int/2838/2003, do 14 de outubro, pola que se modifican os anexos I e II do Real decreto 605/1999, do 16 de abril, de regulación complementaria dos procesos electorais.

Agora ben, dado que se trata de eleccións anticipadas, no caso de que non existisen cabinas en número suficiente para este proceso electoral, considerarase válida a utilización de cabinas conforme o modelo vixente anteriormente.

As cabinas, despois de montadas, seranlles entregadas, contra recibo, aos presidentes das mesas electorais a través dos secretarios dos concellos.

A Xunta de Galicia porá ao dispor dos concellos os medios económicos que lles permitan levar a cabo a montaxe, a desmontaxe e o transporte de cabinas.

Artigo 4º.-Papeletas e sobres.

As papeletas e sobres electorais conterán as características que se sinalan no artigo 32 da Lei 8/1985, do 13 de agosto, de eleccións ao Parlamento de Galicia, e as que se establecen no artigo 70.1º da Lei orgánica 5/1985, do 19 xuño, de réxime electoral xeral, modificada pola Lei orgánica 1/1987, do 2 abril, pola Lei orgánica 8/1991, do 13 de marzo, pola Lei orgánica 6/1992, do 2 de novembro, pola Lei orgánica 13/1994, do 30 de marzo, pola Lei orgánica 3/1995, do 23 de marzo, pola Lei orgánica 10/1995, do 23 de novembro, pola Lei orgánica 1/1997, do 30 de maio, Lei orgánica 3/1998, do 15 de xuño, pola Lei orgánica 8/1999, do 21 de abril, pola disposición adicional segunda da Lei orgánica 6/2002, do 27 de xuño, Lei orgánica 1/2003, do 10 de marzo e pola Lei orgánica de 16/2003, do 28 de novembro, axustándose ás características e condicións de impresión sinaladas nos anexos I e II deste decreto.

De acordo co disposto no punto 4º do artigo 31 da Lei 8/1985, do 13 de agosto, de eleccións ao Parlamento de Galicia, os delegados provinciais da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, ou as persoas que os substitúan, poñerán ao dispor dos presidentes das mesas electorais papeletas e sobres en número suficiente.

Artigo 5º.-Impresos electorais.

Apróbanse os modelos de impresos que figuran nos anexos III ao IX deste decreto, que serán de utilización obrigatoria en todos os trámites e operacións nas eleccións ao Parlamento de Galicia.

Os impresos aos que se fai referencia no parágrafo anterior terán carácter oficial e serán facilitados, en tempo, pola Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.

Disposicións adicionais

Primeira.-Serán igualmente válidos os impresos emitidos pola Oficina do Censo Electoral con motivo das eleccións ao Parlamento de Galicia.

Segunda.-De conformidade co disposto no artigo 19.1º letra g) da Lei orgánica 5/1985, do 19 de xuño, do réxime electoral xeral, os impresos EPG 7.1, EPG 7.2 e EPG 7.3 así coma os impresos EPG 9.1, EPG 9.2, EPG 9.3 e EPG 9.4 requiren a aprobación da Xunta Electoral Central para a súa validez, polo cal non se publican nos anexos VII e IX.

Terceira.-Tanto para o aboamento das cantidades ás que fai mención este decreto, como para a entrega das papeletas, sobres e demais impresos electorais, deberán observarse, en todos os seus termos, as instrucións económico-administrativas que dite a Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública co gallo das eleccións ao Parlamento de Galicia de 2005.

Disposición derrogatoria

Única.-Queda derrogado o Decreto 198/2001, do 27 de agosto, polo que se establecen normas sobre urnas, cabinas, papeletas, sobres e documentación que se utilizará nas eleccións ao Parlamento de Galicia e cantas normas de igual ou inferior rango se opoñan ao disposto neste decreto.

Disposición derradeira

Única.-Este decreto entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, veinte e un de abril de dous mil cinco.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais

e Administración Pública

ELECCIÓNS AO PARLAMENTO DE GALICIA DE 2005

Relación de impresos con expresión

da súa referencia

ANEXO I

Papeletas de votación

EPG 1.1. Papeletas de votación.

ANEXO II

Sobres de votación

EPG 2.1. Sobres para papeletas de votación ao Parlamento de Galicia.

ANEXO III

Constitución de coalicións electorais

e presentación de candidaturas

EPG 3.1. Comunicación da constitución da coalición electoral.

EPG 3.2. Presentación de candidatos ao Parlamento de Galicia.

EPG 3.3. Presentación de candidatos ao Parlamento de Galicia por agrupación de electores (folla de sinaturas).

ANEXO IV

Documentación para o voto por correo

EPG 4.1. Solicitude para o voto por correo. Exemplar para a DPOCE (impreso múltiple).

EPG 4.1 a. Exemplar para o interesado. Copia.

EPG 4.2. Sobre para envío á DPOCE solicitude certificado de inscrición no censo electoral.

EPG 4.3. Sobre para remisión documentación voto por correo.

EPG 4.4. Sobre dirixido ao presidente da mesa.

EPG 4.5. Sobre para remisión de documentación voto por correo aos inscritos no Censo Electoral de Residentes Ausentes no Estranxeiro.

EPG 4.6. Sobre dirixido ao presidente da Xunta Electoral Provincial para o voto dos inscritos no Censo Electoral de Residente Ausentes no Estranxeiro (non gratuíto).

EPG 4.6 a. Sobre dirixido ao presidente da Xunta Electoral Provincial para o voto dos inscritos no Censo Electoral de Residente Ausentes no Estranxeiro (gratuíto).

ANEXO V

Nomeamento de membros das mesas electorais

EPG 5.1. Lista de electores capacitados para presidentes e suplentes.

EPG 5.2. Lista de electores capacitados para vogais e suplentes.

EPG 5.3. Comunicación dos concellos á Xunta Electoral de Zona correspondente, da formación de mesas electorais.

EPG 5.4. Nomeamento de membros da mesa (impreso múltiple catro follas).

EPG 5.4 a. Comunicación de datos de identificación ao xuíz.

EPG 5.4 b. Comunicación datos identificación (copia).

EPG 5.4 c. Xustificante de recepción do nomeamento polo interesado.

EPG 5.5. Sobre para remisión notificación aos membros de mesas electorais.

EPG 5.6. Comunicación a xuíces de primeira instancia ou de paz da composición das mesas electorais.

EPG 5.7. Citación definitiva a membros das mesas electorais.

ANEXO VI

Nomeamento de interventores e apoderados

Interventores

Nomeamento de interventores

(impreso múltiple de catro follas)

EPG 6.1. Matriz.

EPG 6.1 a. Credencial.

EPG 6.1 b. Comunicación ao presidente da mesa electoral de votación da que forma parte.

EPG 6.1 c. Comunicación ao presidente da mesa electoral de votación da lista electoral na que figura inscrito.

EPG 6.2. Sobre a dirixir ao presidente da mesa para remisión copia credencial nomeamento de interventores.

Apoderados

Nomeamento de apoderados

(impreso múltiple de dúas follas)

EPG 6.3. Matriz.

EPG 6.3 a. Credencial.

ANEXO VII

Documentación para a actuación das mesas

electorais

EPG 7.4. Lista numerada de votantes (primeira folla cuberta).

EPG 7.4 a. Lista numerada de votantes (segunda folla e seguintes).

EPG 7.5. Sobre bolsa número 1: documentación para entregar no Xulgado de Primeira Instancia ou de Paz.

EPG 7.6. Sobre bolsa número 2: documentación para entregar no Xulgado de Primeira Instancia ou de Paz.

EPG 7.7. Sobre bolsa número 3: documentación para entregar ao funcionario do Servizo de Correos.

EPG 7.8. Recibo do xuíz de primeira instancia ou de paz, xustificativo da entrega dos sobres números 1 e 2.

EPG 7.9. Recibo do funcionario de correos, xustificativo da entrega do sobre número 3.

EPG 7.10. Certificado de votación (blocs de 100 follas).

ANEXO VIII

Nomeamento de representantes

da Administración

Nomeamento representante da Administración

(impreso múltiple de dúas follas)

EPG 8.1. Credencial.

EPG 8.1 a. Copia.

ANEXO IX

EPG 9.5. Credencial de deputado/a do Parlamento de Galicia.

ELECCIÓNS AO PARLAMENTO DE GALICIA DE 2005

Relación de impresos con expresión

da súa referencia e características

ANEXO I

EPG 1.1. Papeletas de votación.

Características:

Cor e tonalidade: branca, en calquera tonalidade.

Medidas aproximadas: 102x270 mm.

Gramaxe aproximada: 70 gm/m.

Impresión e tinta: impresión en calquera tipo de letra, en tinta negra, por unha soa cara. Os tipos de letra serán idénticos para cada candidato. Logotipo de 20 mm máximo por cada lado.

Texto bilingüe: galego, en recta, castelán en cursiva e ambos os dous no mesmo corpo de letra.

ANEXO II

EPG 2.1. Sobres de votación.

Características:

Cor e tonalidade: branca, en calquera tonalidade.

Medidas aproximadas: UNE C-6 114x162 mm, deberá ter fondo interior azul en calquera tonalidade e o engomado estará na punta do peche da lapela.

Gramaxe aproximada: 70 gm/m.

Impresión e tinta: impresión en tinta negra, por unha soa cara, corpo e tipo de letra segundo figura neste decreto.

Texto bilingüe: galego, en recta, castelán, cursiva e ambos os dous no mesmo corpo de letra.

ANEXO III

EPG 3.1. Comunicación da constitución da coalición electoral.

Características:

Cor e tonalidade: branca, en calquera tonalidade.

Medidas aproximadas: UNE A-4, 210x297 mm.

Gramaxe aproximada: 70 gm/m.

Impresión e tinta: impresión en calquera tipo de letra, en tinta negra, por ambas as dúas caras.

Texto bilingüe: galego, en recta, castelán, cursiva e ambos os dous no mesmo corpo de letra.

EPG 3.2. Presentación de candidatos ao Parlamento de Galicia.

Características:

Cor e tonalidade: branca, en calquera tonalidade.

Medidas aproximadas: UNE A-4, 210x297 mm.

Gramaxe aproximada: 70 gm/m.

Impresión e tinta: impresión en calquera tipo de letra, en tinta negra, por ambas as dúas caras.

Texto bilingüe: galego, en recta, castelán, cursiva e ambos os dous no mesmo corpo de letra.

EPG 3.3. Presentación de candidatos ao Parlamento de Galicia por agrupación de electores (folla de sinaturas).

Características:

Cor e tonalidade: branca, en calquera tonalidade.

Medidas aproximadas: UNE A-4, 210x297 mm.

Gramaxe aproximada: 70 gm/m.

Impresión e tinta: impresión en calquera tipo de letra, en tinta negra, por ambas as dúas caras.

Texto bilingüe: galego, en recta, castelán, cursiva e ambos os dous no mesmo corpo de letra.

ANEXO IV

EPG 4.1 e 4.1 a. Solicitude para o voto por correo. Exemplar para a DPOCE e exemplar para o interesado.

Características:

Cor e tonalidade: cor branca en calquera tonalidade.

Medidas aproximadas: UNE A-4, 210x297 mm.

Gramaxe aproximada: 60 gm/m.

Impresión e tinta: impresión en calquera tipo de letra, en tinta negra, por unha soa cara cada folla, en papel autocopiativo. Pegado en xogos en cabeza.

Texto bilingüe: galego, en recta, castelán, cursiva e ambos os dous no mesmo corpo de letra.

EPG 4.2. Sobre para envío á DPOCE de solicitude certificado de inscrición no censo electoral.

Características:

Cor e tonalidade: branca, en calquera tonalidade.

Medidas aproximadas: 120x175 mm aproximadamente, deberá ter fondo interior azul en calquera tonalidade.

Gramaxe aproximada: 70 gm/m.

Impresión e tinta: impresión en calquera tipo de letra, en tinta negra, por unha soa cara e remite na lapela de pico.

Texto bilingüe: galego, en recta, castelán, cursiva e ambos os dous no mesmo corpo de letra.

EPG 4.3. Sobre para remisión documentación voto por correo.

Características:

Cor e tonalidade: cor kraft en calquera tonalidade.

Medidas aproximadas: 183x305 mm aproximadamente.

Gramaxe aproximada: papel kraft verxurado de 90 gm/m con tira de silicona.

Impresión e tinta: impresión en calquera tipo de letra, en tinta negra, por ambas as dúas caras e remite na lapela.

Texto bilingüe: galego, en recta, castelán, cursiva e ambos os dous no mesmo corpo de letra.

EPG 4.4. Sobre dirixido ao presidente da mesa.

Características:

Cor e tonalidade: branca, en calquera tonalidade.

Medidas aproximadas: 120x175 mm aproximadamente, deberá ter fondo interior azul en calquera tonalidade.

Gramaxe aproximada: 70 gm/m.

Impresión e tinta: impresión en calquera tipo de letra, en tinta negra, por unha soa cara e remite na lapela de pico.

Texto bilingüe: galego, en recta, castelán, cursiva e ambos os dous no mesmo corpo de letra.

EPG 4.5. Sobre para remisión documentación voto por correo aos inscritos no Censo Electoral de Residentes Ausentes no Estranxeiro (CERA).

Características:

Cor e tonalidade: cor kraft, en calquera tonalidade.

Medidas aproximadas: 183x305 mm aproximadamente.

Gramaxe aproximada: papel kraft verxurado de 90 gm/m con tira de silicona.

Impresión e tinta: impresión en calquera tipo de letra, en 3 cores por unha cara e unha cor ao respaldo e remite na lapela.

Texto bilingüe: galego, en recta, castelán, cursiva e ambos os dous no mesmo corpo de letra.

EPG 4.6. Sobre dirixido ao presidente da Xunta Electoral Provincial para o voto dos inscritos no CERA -envío non gratuíto-.

Características:

Cor e tonalidade: branca, en calquera tonalidade.

Medidas aproximadas: 120x175 mm aproximadamente.

Gramaxe aproximada: 70 gm/m.

Impresión e tinta: impresión en calquera tipo de letra, en tinta negra, por unha soa cara, deberá ter fondo interior azul en calquera tonalidade e no interior impreso un texto.

Texto bilingüe: galego, en recta, castelán, cursiva e ambos os dous no mesmo corpo de letra.

EPG 4.6 a. Sobre dirixido ao presidente da Xunta Electoral Provincial para o voto dos inscritos no CERA -envío gratuíto-.

Características:

Cor e tonalidade: branca, en calquera tonalidade.

Medidas aproximadas: 120x175 mm aproximadamente.

Gramaxe aproximada: 70 gm/m.

Impresión e tinta: impresión en calquera tipo de letra, en tinta negra, por unha soa cara, deberá ter fondo interior azul en calquera tonalidade e no interior impreso un texto.

Texto bilingüe: galego, en recta, castelán, cursiva e ambos os dous no mesmo corpo de letra.

ANEXO V

EPG 5.1. Lista de electores capacitados para presidentes e suplentes.

Características:

Cor e tonalidade: branca, en calquera tonalidade.

Medidas aproximadas: UNE A-4, 210x297 mm.

Gramaxe aproximada: 70 gm/m.

Impresión e tinta: impresión en calquera tipo de letra, en tinta negra, por unha soa cara.

Texto bilingüe: galego, en recta, castelán, cursiva e ambos os dous no mesmo corpo de letra.

EPG 5.2. Lista de electores capacitados para vogais e suplentes.

Características:

Cor e tonalidade: branca, en calquera tonalidade.

Medidas aproximadas: UNE A-4, 210x297 mm.

Gramaxe aproximada: 70 gm/m.

Impresión e tinta: impresión en calquera tipo de letra, en tinta negra, por unha soa cara.

Texto bilingüe: galego, en recta, castelán, cursiva e ambos no mesmo corpo de letra.

EPG 5.3. Comunicación dos concellos á Xunta Electoral de Zona correspondente da formación de mesas electorais.

Características:

Cor e tonalidade: branca, en calquera tonalidade.

Medidas aproximadas: UNE A-4, 210x297 mm.

Gramaxe aproximada: 70 gm/m.

Impresión e tinta: impresión en calquera tipo de letra, en tinta negra, por unha soa cara.

Texto bilingüe: galego, en recta, castelán, cursiva e ambos os dous no mesmo corpo de letra.

EPG 5.4, 5.4 a, 5.4 b, 5.4 c. Nomeamento de membros da mesa (impreso múltiple de catro follas).

Características:

Cor e tonalidade: branca, en calquera tonalidade.

Medidas aproximadas: 152,4x210 mm.

Gramaxe aproximada: 60 gm/m.

Impresión e tinta: impresión en calquera tipo de letra, en tinta negra, por unha soa cara cada folla, en papel copiativo branco.

Texto bilingüe: galego, en recta, castelán, cursiva e ambos os dous no mesmo corpo de letra.

EPG 5.5. Sobre para remisión notificación aos membros das mesas electorais.

Características:

Cor e tonalidade: cor kraft, en calquera tonalidade.

Medidas aproximadas: 185x266 mm (non será necesariamente normalizado).

Gramaxe aproximada: papel kraft verxurado de 90 gm/m con tira de silicona.

Impresión e tinta: impresión en calquera tipo de letra, en tinta negra, por unha soa cara.

Texto bilingüe: galego, en recta, castelán, cursiva e ambos os dous no mesmo corpo de letra.

EPG 5.6. Comunicación aos xuíces de primeira instancia ou de paz da composición das mesas electorais.

Características:

Cor e tonalidade: branca, en calquera tonalidade.

Medidas aproximadas: UNE A-4, 210x297 mm.

Gramaxe aproximada: 70 gm/m.

Impresión e tinta: impresión en calquera tipo de letra, en tinta negra, por unha soa cara.

Texto bilingüe: galego, en recta, castelán, cursiva e ambos no mesmo corpo de letra.

EPG 5.7. Citación definitiva a membros das mesas electorais.

Características:

Cor e tonalidade: branca, en calquera tonalidade.

Medidas aproximadas: UNE A-5, 148x210 mm.

Gramaxe aproximada: 70 gm/m.

Impresión e tinta: impresión en calquera tipo de letra, en tinta negra, por unha soa cara.

Texto bilingüe: galego, en recta, castelán, cursiva e ambos os dous no mesmo corpo de letra.

ANEXO VI

EPG 6.1, 6.1 a, 6.1 b, 6.1 c. Nomeamento de interventores (impreso múltiple de catro follas).

Características:

Cor e tonalidade: branca, en calquera tonalidade.

Medidas aproximadas: 145x210 mm.

Gramaxe aproximada: 60 gm/m.

Impresión e tinta: impresión en calquera tipo de letra, en tinta negra, por unha soa cara cada folla, en papel copiativo branco.

Texto bilingüe: galego, en recta, castelán, cursiva e ambos os dous no mesmo corpo de letra.

EPG 6.2. Sobre a dirixir ao presidente da mesa para remisión copia credencial nomeamento de interventores.

Características:

Cor e tonalidade: branca, en calquera tonalidade.

Medidas aproximadas: 120x175 mm, deberá ter fondo interior azul en calquera tonalidade e o engomado estará ao longo de toda a lapela.

Gramaxe aproximada: 70 gm/m.

Impresión e tinta: impresión en calquera tipo de letra, en tinta negra, por unha soa cara.

Texto bilingüe: galego, en recta, castelán, cursiva e ambos os dous no mesmo corpo de letra.

EPG 6.3, 6.3 a. Nomeamento de apoderados (impreso múltiple de dúas follas).

Características:

Cor e tonalidade: branca, en calquera tonalidade.

Medidas aproximadas: 145x210 mm.

Gramaxe aproximada: 60 gm/m.

Impresión e tinta: impresión en calquera tipo de letra, en tinta negra, por unha soa cara cada folla, en papel copiativo branco.

Texto bilingüe: galego, en recta, castelán, cursiva e ambos os dous no mesmo corpo de letra.

ANEXO VII

EPG 7.4 e 7.4 a. Lista numerada de votantes (primeira folla e seguintes):

Características:

Cor e tonalidade: branca, en calquera tonalidade.

Medidas aproximadas: UNE A-4, 210x297 mm.

Gramaxe aproximada: 70 gm/m.

Impresión e tinta: impresión en calquera tipo de letra, en tinta negra, por unha soa cara.

Texto bilingüe: galego, en recta, castelán, cursiva e ambos os dous no mesmo corpo de letra.

EPG 7.5. Sobre número 1: documentación para entregar no Xulgado de Primeira Instancia ou de Paz.

Características:

Cor e tonalidade: kraft, en calquera tonalidade.

Medidas aproximadas: 250x353 mm.

Gramaxe aproximada: papel kraft verxurado de 90 gm/m con tira de silicona.

Impresión e tinta: impresión en calquera tipo de letra, en tinta negra, por unha soa cara con remite na lapela.

Texto bilingüe: galego, en recta, castelán, cursiva e ambos os dous no mesmo corpo de letra.

EPG 7.6. Sobre número 2: documentación para entregar no Xulgado de Primeira Instancia ou de Paz.

Características:

Cor e tonalidade: kraft, en calquera tonalidade.

Medidas aproximadas: 250x353 mm.

Gramaxe aproximada: papel kraft verxurado de 90 gm/m con tira de silicona.

Impresión e tinta: impresión en calquera tipo de letra, en tinta negra, por unha soa cara con remite na lapela.

Texto bilingüe: galego, en recta, castelán, cursiva e ambos os dous no mesmo corpo de letra.

EPG 7.7. Sobre número 3: documentación para entregar ao funcionario do Servizo de Correos.

Características:

Cor e tonalidade: kraft, en calquera tonalidade.

Medidas aproximadas: 250x353 mm.

Gramaxe aproximada: papel kraft verxurado de 90 gm/m con tira de silicona.

Impresión e tinta: impresión en calquera tipo de letra, en tinta negra, por unha soa cara con remite na lapela.

Texto bilingüe: galego, en recta, castelán, cursiva e ambos os dous no mesmo corpo de letra.

EPG 7.8. Recibo do xuíz de primeira instancia ou de paz, xustificativo da entrega dos sobres números 1 e 2.

Características:

Cor e tonalidade: branca, en calquera tonalidade.

Medidas aproximadas: UNE A-4, 210x297 mm.

Gramaxe aproximada: 70 gm/m

Impresión e tinta: impresión en calquera tipo de letra, en tinta negra, por unha soa cara.

Texto bilingüe: galego, en recta, castelán, cursiva e ambos os dous no mesmo corpo de letra.

EPG 7.9. Recibo do funcionario de correos, xustificativo da entrega do sobre número 3.

Características:

Cor e tonalidade: branca, en calquera tonalidade.

Medidas aproximadas: UNE A-4, 210x297 mm.

Gramaxe aproximada: 70 gm/m.

Impresión e tinta: impresión en calquera tipo de letra, en tinta negra, por unha soa cara.

Texto bilingüe: galego, en recta, castelán, cursiva e ambos os dous no mesmo corpo de letra.

EPG 7.10. Certificado de votación (blocs de 100 follas)

Características:

Cor e tonalidade: branca, en calquera tonalidade.

Medidas aproximadas: 120x180 mm.

Gramaxe aproximada: 70 gm/m en talonarios de 100 follas.

Impresión e tinta: impresión en calquera tipo de letra, en tinta negra, por unha soa cara.

Texto bilingüe: galego, en recta, castelán, cursiva e ambos os dous no mesmo corpo de letra.

ANEXO VIII

EPG 8.1 e 8.1 a. Nomeamento de representante da Administración (impreso de múltiple de dúas follas).

Características:

Cor e tonalidade: branca, en calquera tonalidade.

Medidas aproximadas: 145x210 mm.

Gramaxe aproximada: 60 gm/m.

Impresión e tinta: impresión en calquera tipo de letra, en tinta negra, por unha soa cara cada folla, en papel copiativo branco.

Texto bilingüe: galego, en recta, castelán, cursiva e ambos os dous no mesmo corpo de letra.

ANEXO IX

EPG 9.5. Credencial de deputado/a do Parlamento de Galicia.

Características:

Cor e tonalidade: crema.

Medidas aproximadas: UNE A-4, 210x297 mm.

Gramaxe aproximada: cartolina 240 gm/m.

Impresión e tinta: impresión en calquera tipo de letra en cinco tintas.

Texto: galego, en recta.

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA