DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 22 de abril de 2005 Páx. 6.728

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL

DECRETO 72/2005, do 7 de abril, polo que se aproban os plans de emerxencia exterior das empresas Foresa (Caldas de Reis), Foresa (Vilagarcía de Arousa) e Forestal del Atlántico-Imegasa (Mugardos).

O Real decreto 1254/1999, do 16 de xullo, polo que se aproban as medidas de control dos riscos inherentes aos accidentes graves nos que interveñan substancias perigosas, establece no seu artigo 11 que as comunidades autónomas elaborarán os plans de emerxencia exterior das industrias afectadas polo artigo 9 do real decreto.

O Decreto 277/2000, do 9 de novembro, polo que se designan os órganos autonómicos competentes en materia de control dos riscos inherentes aos accidentes graves en que interveñan substancias perigosas, establece que é a Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local, a través da Dirección Xeral de Interior e Protección Civil o órgano responsable da elaboración do Plan de Emerxencia Exterior.

O Real decreto 407/1992, do 24 de abril, polo que se aproba a norma básica de protección civil, indica que os plans que teñan como obxecto os riscos químicos terán a consideración de plans especiais

O Decreto 56/2000, do 3 de marzo, polo que se regula a planificación, as medidas de coordinación e a actuación de voluntarios, agrupacións de voluntarios e entidades colaboradoras en materia de protección civil de Galicia, establece que os plans especiais que teñan un ámbito territorial de aplicación que non exceda da Comunidade Autónoma de Galicia serán aprobados polo Consello da Xunta de Galicia por proposta do conselleiro competente en materia de protección civil, logo do informe da Comisión Galega de Protección Civil, e serán homologados pola Comisión Nacional de Protección Civil.

Os plans de emerxencia exterior de Foresa en Caldas de Reis e Vilagarcía de Arousa, e de Forestal del Atlántico-Imegasa en Mugardos foron presentados na Comisión Galega de Risco Químico que se celebrou o 1 de xullo de 2004. A comisión considerounos correctos e acordou por unanimidade a presentación deles á Comisión Galega de Protección Civil.

A Comisión Galega de Protección Civil, na súa reunión do 29 de xullo de 2004 emitiu informe favorable sobre os plans e acordou a súa remisión á Comisión Nacional de Protección Civil para a súa homologación.

En data 24 de febreiro de 2005 a Comisión Nacional de Protección Civil procedeu á homologación dos plans.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Xustiza, Interior e Administración Local e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do sete de abril de dous mil cinco,

DISPOÑO:

Artigo único.-Aprobación dos plans de emerxencia exterior das empresas Foresa (Vilagarcía de Arousa), Foresa (Caldas de Reis) e Forestal del Atlántico-Imegasa (Mugardos).

1. Apróbanse os plans de emerxencia exterior das empresas Foresa (Vilagarcía de Arousa), Foresa (Caldas de Reis) e Forestal del Atlántico-Imegasa (Mugardos).

2. Os plans de emerxencia exterior das empresas Foresa (Vilagarcía de Arousa), Foresa (Caldas de Reis) e Forestal del Atlántico-Imegasa (Mugardos) atoparanse á disposición do público na sede da Subdirección Xeral de Protección Civil da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local (rúa Roma, 25-27, Santiago de Compostela) e na súa páxina web http://www.xunta.es/conselle/xi/dxipcemerxenciaquimica.htm así como nas correspondentes xefaturas provinciais de Protección Civil.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Desenvolvemento e execución.

Autorízase o conselleiro de Xustiza, Interior e Administración Local para realizar as modificacións de carácter técnico que procedan nos plans como resultado do avance científico-técnico e da evolución do densenvolvemento industrial que a criterio da Comisión Galega de Risco Químico non supoñan a necesidade duna nova homologación dos plans.

Segunda.-Entrada en vigor.

Este decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela o sete de abril de dous mil cinco.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Jesús C. Palmou Lorenzo

Conselleiro de Xustiza, Interior e Administración Local

CONSELLERÍA DE FAMILIA, XUVENTUDE, DEPORTE

E VOLUNTARIADO