Examinado o expediente presentado polo centro privado Aula Estudio de Vigo, en que solicita a supresión dos ciclos formativos de grao superior de administración de sistemas informáticos (autorizado en quenda de mañá) e o de desenvolvemento de aplicacións informáticas (autorizado en quenda de tarde-noite); tamén solicita autorización para o ciclo formativo de grao medio de explotación de sistemas informáticos.
Tendo en conta que o expediente foi tramitado pola Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra, que o remite cos informes correspondentes.
Vistos a Lei 1/1990, do 3 de outubro (BOE do 4 de outubro), de ordenación xeral do sistema edu
cativo; a Lei orgánica 10/2002, do 23 de decembro, de calidade da educación (BOE do 24 de decembro); o Real decreto 1537/2003, do 5 de decembro, polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que impartan ensinanzas escolares de réxime xeral (BOE do 10 de decembro); o Real decreto 777/1998 (BOE do 8 de maio) polo que se desenvolven determinados aspectos da ordenación da formación profesional no ámbito do sistema educativo; o Real decreto 497/2003 (BOE do 24 de maio) polo que se establece o título de técnico en explotación de sistemas informáticos; a Orde do 21 de decembro de 1999 (DOG do 31-1-2000) pola que se regulan determinados aspectos relativos á autorización de centros privados exclusivos de formación profesional específica; o Decreto 296/1999 (DOG do 18 de novembro) polo que se desenvolven determinados aspectos dos currículos dos ciclos formativos de formación profesional específica na Comunidade Autónoma de Galicia; o Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22 de
maio), sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro) que o desenvolve.
Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Ordenación Educativa,
DISPÓN:
Primeiro.-Suprimir os ciclos formativos de grao superior de administración de sistemas informáticos e o de desenvolvemento de aplicacións informáticas.
Segundo.-Autorizar o ciclo formativo de grao medio de explotación de sistemas informáticos, quedando a composición resultante segundo se especifica no anexo.
Terceiro.-Antes da posta en funcionamento das ensinanzas que se autorizan, a Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, logo do informe da Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia no devandito centro, así como o equipamento adecuado.
Cuarto.-Queda o centro obrigado ao cumprimento da lexislación vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que sinala a presente orde.
Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
Santiago de Compostela, 11 de abril de 2005.
Celso Currás Fernández
Conselleiro de Educación e Ordenación
Universitaria
ANEXO
Provincia: Pontevedra.
Localidade: Vigo.
Concello: Vigo.
Enderezo: r/ Santa Marta interior, s/n.
Código do centro: 36024392.
Denominación: centro privado Aula Estudio.
Titular: Aula Estudio Formación Práctica, S.L.
Composición resultante:
* Quenda de mañá e quenda de tarde-noite:
Familia profesional: electricidade e electrónica.
1 ciclo formativo de grao superior de sistemas de telecomunicación e informáticos (2 unidades, 20 alumnos/unidade).
Familia profesional: informática.
1 ciclo formativo de grao medio de explotación de sistemas informáticos (2 unidades, 20 alumnos/unidade).