DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Xoves, 21 de abril de 2005 Páx. 6.605

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DECRETO 71/2005, do 18 de marzo, polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao medio correspondente ao título de técnico en obras de formigón.

De acordo coa competencia plena que figura no artigo 31 do Estatuto de autonomía e de conformidade co Real decreto 1763/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de educación, aprobouse o Decreto 239/1995, do 28 de xullo, polo que se establece a ordenación xeral das ensinanzas de formación profesional e as directrices sobre os seus títulos na Comunidade Autónoma de Galicia, que determina os aspectos que deben cumprir os currículos dos diferentes ciclos formativos.

O Real decreto 2213/1993, do 17 de decembro, establece o título de técnico en obras de formigón e as súas correspondentes ensinanzas mínimas, e, na súa disposición adicional segunda, habilita os órganos competentes das comunidades autónomas para executaren e desenvolveren o disposto neste real decreto.

O Real decreto 1635/1995, do 6 de outubro, adscribe o profesorado do corpo de profesorado de ensino secundario e do corpo de profesorado técnico de formación profesional ás especialidades propias da formación profesional específica.

O Real decreto 777/1998, do 30 de abril, polo que se desenvolven determinados aspectos da ordenación da formación profesional no ámbito do sistema educativo, completa a ordenación básica relativa a estas ensinanzas e, na súa disposición derradeira primeira, punto 2º, autoriza as comunidades autónomas para ditaren no ámbito das súas competencias as normas que sexan necesarias para a aplicación e o desenvolvemento deste real decreto.

Seguindo os principios xerais que rexerán a actividade educativa, recollidos nos preceptos anteriores, o currículo dos ciclos formativos da formación profesional específica establécese de xeito que permita a adaptación da nova titulación ao campo profesional e de traballo na realidade socioeconómica galega e ás necesidades de cualificación do sector produtivo da nosa economía, tendo en conta a marxe suficiente de autonomía pedagóxica que lles posibilite aos centros adecuaren a docencia ás características do alumnado e ao contorno sociocultural do centro.

Isto require o posterior desenvolvemento nas programacións elaboradas polo equipo docente do ciclo formativo que concrete a adaptación sinalada, tomando como referencia inmediata as capacidades

profesionais que definen o perfil profesional do título. Estas han permitir realizar o papel do posto de traballo en actividades específicas que producen resultados concretos, dirixir as variacións que se dan na práctica do traballo e nos procesos produtivos, actuar correctamente ante anomalías, dirixir o conxunto do traballo e acadar os obxectivos da organización, así como establecer prioridades e actuar en coordinación con outros departamentos.

O currículo que se establece no presente decreto desenvólvese tendo en conta os obxectivos xerais que fixan as capacidades que o alumnado debe acadar ao finalizar o ciclo formativo e describen o conxunto de aptitudes que configura a cualificación profesional, así como os obxectivos dos distintos módulos profesionais, expresados neste decreto como capacidades terminais elementais, que definen en termos de resultados avaliables o comportamento, o saber e o comprender que se require do alumnado para acadar os logros profesionais do perfil profesional.

Estas capacidades acádanse a partir duns contidos mínimos necesarios de tipo conceptual, procedemental e actitudinal, que proporcionarán o soporte de información e destreza preciso para desenvolver comportamentos profesionais, tanto no aspecto tecnolóxico como no de valoración funcional e técnica. Estes contidos son igualmente importantes, xa que todos eles levan a acadar as capacidades terminais elementais sinaladas en cada módulo. Preséntanse agrupados en bloques que non constitúen un temario nin son unidades compartimentadas que teñan por si mesmas sentido, a súa estrutura responde a aquilo que deberá ter en conta o profesorado á hora de elaborar as programacións de aula e a orde na que se presentan non implica secuencia.

A inclusión do módulo de formación en centros de traballo (FCT) posibilita que o alumnado complete a competencia profesional acadada no centro educativo mediante a realización dun conxunto de actividades produtivas e/ou de servizos -contidosdo centro de traballo. Estas actividades de referencia poden ser modificadas ou substituídas por outras que, adaptándose mellor ao proceso produtivo ou de servizos do centro de traballo, conduzan á adquisición das capacidades terminais deste módulo.

Os centros educativos disporán dun determinado número de horas que lles permitan realizar o desenvolvemento curricular establecendo os obxectivos, os contidos, os criterios de avaliación, a secuencia e a metodoloxía que respondan ás características do alumnado e ás posibilidades de formación que ofrece o seu contorno.

Por todo isto, por proposta do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, co informe do Consello Galego de Formación Profesional e do Con

sello Escolar de Galicia, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día dezaoito de marzo de dous mil cinco.

DISPOÑO:

I. Título, perfil e currículo.

Artigo 1º.-Identificación do título.

1. Este decreto establece o currículo que será de aplicación na Comunidade Autónoma galega para as ensinanzas de formación profesional relativas ao título de técnico en obras de formigón, regulado polo Real decreto 2213/1993, do17 de decembro, polo que se aproban as ensinanzas mínimas.

2. A denominación, o nivel de formación profesional e a duración do ciclo formativo son os que se establecen no punto 1 do anexo deste decreto.

Artigo 2º.-Perfil profesional.

A competencia xeral, as capacidades profesionais, as unidades de competencia, as realizacións e os criterios de realización, o dominio profesional, así como a evolución da competencia e a posición no proceso produtivo que definen o perfil profesional do título son os que se establecen no punto 2 do anexo deste decreto.

Artigo 3º.-Currículo do ciclo formativo.

O currículo do ciclo formativo é o que se establece no punto 3 do anexo deste decreto. As capacidades terminais elementais son os resultados avaliables de cada módulo.

II. Ordenación académica e impartición.

Artigo 4º.-Profesorado.

1. As especialidades do profesorado con atribución docente nos módulos que compoñen este título son as que se expresan no punto 4.1.1 do anexo deste decreto.

2. As materias de bacharelato que pode impartir o profesorado das especialidades relacionadas no presente título son as que se expresan no punto 4.1.2 do anexo deste decreto.

3. As titulacións declaradas equivalentes para os efectos de docencia son as que se expresan no punto 4.1.3 do anexo deste decreto.

Artigo 5º.-Espazos e instalacións.

Os requisitos de espazos e instalacións que deben reunir os centros educativos para a impartición do presente ciclo formativo son os que se determinan no punto 4.2 do anexo deste decreto.

Artigo 6º.-Validacións e correspondencias.

1. Os módulos susceptibles de validación por estudos de formación profesional ocupacional ou corres

pondencia coa práctica laboral son os que se especifican, respectivamente, nos puntos 4.3.1 e 4.3.2 do anexo deste decreto.

2. Sen prexuízo do anterior, por proposta do Ministerio de Educación e Ciencia e do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais, poderanse incluír, de ser o caso, outros módulos susceptibles de validación e correspondencia coa formación profesional ocupacional e a práctica laboral.

3. As persoas que estean en posesión do título de técnico por teren superada a formación profesional específica de grao medio teñen acceso directo ás distintas modalidades de bacharelato.

Artigo 7º.-Distribución horaria.

1. Os módulos profesionais deste ciclo formativo organizaranse segundo se establece no punto 4.4 do anexo deste decreto.

2. As horas de libre disposición que se inclúen neste punto serán utilizadas polos centros educativos para reforzar, nos módulos asociados a unidades de competencia, as capacidades de formación profesional de base ou de formación profesional específica, para lles dar resposta ás características do alumnado e ter en conta as necesidades de desenvolvemento económico, social e de recursos humanos do seu contorno socioprodutivo.

Disposición adicional

Única.-A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria poderá adecuar as ensinanzas deste ciclo formativo ás peculiares características da educación a distancia e da educación de persoas adultas, así como ás características do alumnado con necesidades educativas especiais.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízase o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria para ditar cantas disposicións cumpriren, no ámbito das súas competencias, para a execución e o desenvolvemento do disposto neste decreto.

Segunda.-Este decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santo Estevo de Ribas de Sil, dezaoito de marzo de dous mil cinco.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

1. Identificación do título.

-Denominación: obras de formigón.

-Nivel: formación profesional de grao medio.

-Duración (2.000 horas):

Da formación no centro educativo: 1.620 horas.

Da formación en centros de traballo: 380 horas.

2. Perfil profesional.

2.1. Competencia xeral.

Organizar e realizar os traballos de obras de encofrado, apontoamento, esteamento, armado, posta en obra do formigón e conducións lineais sen presión en condicións de seguridade e calidade establecidas, e comprobar e dispor os medios de seguridade na obra.

2.2. Capacidades profesionais.

2.2.1. Capacidades técnicas.

* Interpretar e comprender a información e, en xeral, toda a linguaxe simbólica asociada ás operacións e ao control dos traballos de obras de formigón.

* Organizar os traballos e os medios auxiliares relacionados cos apontoamentos, esteamentos, encofrados, armados, posta en obra do formigón e construción de conducións lineais sen presión; realizar a súa distribución, o seu control e o rexistro de datos da produción, e informar das incidencias ou anomalías no traballo.

* Executar as operacións de apontoamento, esteamento, encofrado, armado, posta en obra do formigón e construción de conducións lineais sen presión, preparando e mantendo as ferramentas, os medios e os materiais, e dispondo en todos os casos as medidas de seguridade necesarias, para conseguir a calidade establecida.

* Elaborar e colocar armaduras, preparando e mantendo as ferramentas, os medios e os materiais, e dispondo en todos os casos as medidas de seguridade necesarias, para conseguir a calidade establecida.

* Realizar obras estruturais con uso de elementos prefabricados, preparando e mantendo as ferramentas, os medios e os materiais, e dispondo en todos os casos as medidas de seguridade necesarias, para conseguir a calidade establecida.

* Executar obras de conducións lineais sen presión, preparando e mantendo as ferramentas, os medios e os materiais, e dispondo en todos os casos as medidas de seguridade necesarias, para conseguir a calidade establecida.

* Realizar a posta en obra de formigóns, preparando e mantendo as ferramentas, os medios e os materiais, e dispondo en todos os casos as medidas de seguridade necesarias, para conseguir a calidade establecida.

* Realizar as operacións de montaxe e desmontaxe de medios auxiliares e de seguridade, e comprobar a súa correcta instalación.

* Posuír unha visión de conxunto e coordinada das fases do proceso produtivo no que está involucrado.

* Executar un conxunto de accións de contido politécnico e/ou polifuncional, de xeito autónomo no marco das técnicas propias da súa profesión e baixo métodos establecidos.

2.2.2. Capacidades para afrontar continxencias.

* Resolver problemas e tomar decisións individuais seguindo normas establecidas ou precedentes definidas dentro do ámbito da súa competencia, e consultar as ditas decisións cando as súas repercusións económicas ou de seguridade sexan importantes.

2.2.3. Capacidades para a dirección de tarefas.

* Organizar e distribuír os traballos e os medios para obras de apontoamento, esteamento, encofrado, armado, posta en obra do formigón e construción de conducións lineais sen presión, distribuíndo as cargas de traballo, instruíndo as cuadrillas, controlando a produción e coordinando os traballos de albanelaría cos doutros oficios.

* Administrar e xestionar unha pequena empresa ou taller de construción e comercializar os produtos, coñecendo e cumprindo as obrigas legais que lle afecten.

* Manter comunicacións efectivas no desenvolvemento do seu traballo e, en especial, en operacións que exixan un elevado grao de coordinación entre os membros do equipo que as acomete, interpretando ordes e información, xerando instrucións claras con rapidez, e informando e solicitando axuda aos membros que proceda do equipo, cando se produzan continxencias na operación.

2.2.4. Capacidades para adaptarse ao medio.

* Adaptarse a novas situacións laborais xeradas como consecuencia dos cambios producidos nas técnicas relacionadas coa súa profesión.

* Manter relacións fluídas cos membros do equipo funcional no que está integrado, colaborando na consecución dos obxectivos asignados ao grupo, respectando o traballo dos demais, participando activamente na organización e no desenvolvemento de tarefas colectivas e cooperando na superación das dificultades que se presenten, cunha actitude tolerante cara ás ideas dos compañeiros e subordinados.

2.3. Responsabilidade e autonomía nas situacións de traballo.

O técnico en obras de formigón integrarase previsiblemente nun equipo de traballo do seu mesmo nivel de cualificación (formado por técnicos de operación e mantemento de maquinaria de construción e de obras de albanelaría), ou ben poderá traballar integrado nun equipo de ferrallistas, encofradores, etc., aínda que, debido á súa polivalencia tecnolóxica e á súa formación, poderá desempeñar a coordinación ou dirección destes traballos, baixo a dirección dun mando intermedio, quen, pola súa vez, ha

depender organicamente do responsable da execución (xefe de obras).

Este técnico é autónomo nas seguintes funcións ou actividades: disposición e instalación de medios auxiliares normalizados, comprobación e disposición dos medios de seguridade previstos no plan, execución dos traballos programados e segundo os planos de obra, elaboración de partes de traballo e preparación e mantemento de ferramentas e das operacións de fin de xornada.

Pode ser asistido en:

* Definición dos métodos para a execución; interpretación da documentación gráfica; toma de mostras para control de calidade; preparación dos equipamentos e das instalacións auxiliares, e resolución de continxencias ou detalles non previstos na documentación gráfica.

Debe ser asistido en:

* Comprobación de replanteos; disposición e instalación de medios auxiliares especiais; supervisión da seguridade; supervisión da calidade acadada; situación e organización dos talleres de obra; secuenciación e temporalización dos procesos.

2.4. Unidades de competencia.

1. Organizar os traballos de obras de formigón.

2. Encofrar, apontoar e estear.

3. Elaborar e colocar armaduras.

4. Pór en obra formigón.

5. Construír elementos estruturais con prefabricados.

6. Realizar conducións lineais sen presión.

7. Comprobar os medios de seguridade previstos no plan.

8. Realizar a administración, a xestión e a comercialización nunha pequena empresa ou taller.

2.5. Realizacións e dominios profesionais.

2.5.1. Unidade de competencia 1: organizar os traballos de obras de formigón.

RealizaciónsCriterios de realización

1.1.Materializar convenientemente os replanteos colaborando, de ser o caso, co encargado dos replanteos fundamentais, e sinalar os traballos diarios de acordo con eles.* Os elementos de apoio para materializar o replanteo están convenientemente afianzados no terreo e suficientemente arredados da área de traballo e das zonas de abasto para permitir a circulación, as manobras e as operacións do persoal de obra e da maquinaria.

* As indicacións gráficas resultado do replanteo son claras, lexibles e estables.

* O replanteo axústase ás medidas do plano coa precisión requirida.
* Os replanteos complementarios refírense sempre aos fundamentais con obxecto de reducir os erros.

RealizaciónsCriterios de realización

1.2.Acondicionar os lugares de obra e os talleres de ferralla e encofrado, organizando a súa localización, a sinalización e as zonas de abasto de acordo co plan de seguridade de obra, de xeito que se facilite o traballo e se aproveiten optimamente os espazos e os percorridos.* A sinalización dos traballos está convenientemente afianzada, é suficientemente visible, mesmo de noite, protexe toda a área de posibles riscos e permanece operativa o tempo necesario.

* O valado materializouse coa antelación prevista, está axustado ao especificado, cerca totalmente o soar, ten a altura mínima exixida e dispón de entradas independentes para maquinaria e persoal da obra.

* Detectáronse, sinalizáronse e cercáronse todas as instalacións existentes e, de ser necesario, desviáronse ou anuláronse en tempo e forma adecuados.

* Contivéronse, apontoáronse e estabilizáronse eficazmente os terreos ou as construcións estremeiros.
* Dispuxéronse as medidas de protección colectiva para permitir o seu desenvolvemento, tales como redes ou viseiras, coa antelación suficiente á execución dos traballos e axustándose ás especificacións do plan de seguridade da obra.
* Os lugares de traballo están suficientemente iluminados e ventilados e dispoñen, nas súas inmediacións, de zonas de provisión de materiais apropiadas, seguras e abastecibles.
* Instaláronse correctamente e dispuxéronse para a súa utilización os medios auxiliares necesarios, tales como estadas, plataformas, escaleiras ou elevadores.
* Dispuxéronse as instalacións provisionais da obra e mantivéronse en tempo e forma segundo se especifica no plan de seguridade.
* Comunicáronse coa prontitude necesaria os traballos de acondicionamento e as continxencias acaecidas, para posibilitar a súa supervisión, resolución ou obtención de licenzas e permisos preceptivos.
* Os camiños de rodaxe previstos para a maquinaria están convenientemente sinalizados, mantéñense operativos en todo tempo e posibilitan a evacuación das augas procedentes de filtracións ou da chuvia.

1.3.Adaptar, establecer ou modificar, segundo a magnitude da obra, a produción de encofrados, ferralla e formigón, axeitando o ritmo dos traballos e o abasto de materiais ou produtos semielaborados á marcha xeral da obra.* Calculouse correctamente a cantidade de equipamentos necesarios para conseguir o rendemento esperado.

* Aproveitáronse convenientemente os recursos e reducíronse os tempos mortos de espera, prevendo os parámetros específicos de cada traballo (puntos de parada e inspección obrigatoria, tempos de espera, de fraguado e de desencofrado, reutilización de encofrados, elaboración de xuntas, etc.), os equipos, as cuadrillas e os medios auxiliares precisos.

* No caso de alteracións na marcha dos traballos, procuráronse alternativas razoables e/ou intercambios de recursos.
* Evitouse a falta de subministracións e o control das provisións permitiu a súa prevención.

1.4.Distribuír diariamente as cargas de traballo a ferrallistas, encofradores e formigoneiros, documentalos sobre o traballo que cómpre realizar e instruílos sobre os riscos inherentes a el e a súa prevención.* Distribuíronse adecuadamente os equipos nos lugares de faena e supervisouse a disposición e o funcionamento dos talleres de obra previstos e dos abastos necesarios.

* Incrementáronse ou diminuíronse os equipos en función das necesidades de produción especificadas na planificación dos traballos.

* Comunicáronse in situ, clara e concisamente as ordes de traballo, especificando o método proposto, os procedementos axeitados e as características cualitativas e cuantitativas da produción que se debía acadar mediante planos de desdobramento e disposición de armaduras ou elementos prefabricados estruturais, planos de obra de encofrados, apontoamentos ou esteamentos e planos de detalle en xeral.

* Extraéronse do plan de seguridade de obra os riscos previstos inherentes ao traballo específico que cumpría realizar, completáronse, de ser o caso, e comunicáronselles oportunamente aos operarios.

1.5.Controlar e comunicar diariamente a produción acadada polos equipos ou talleres; resumir os partes de traballo, contrastalos cos rendementos esperados e informar o responsable do seguimento da planificación de obra.* Controlouse coa periodicidade necesaria o rendemento real dos equipos en obra e, de ser o caso, axustouse a produción ao establecido.

* Os resumos dos partes de traballo conteñen a información suficiente para identificar os equipamentos empregados, a unidade de obra acometida, a parte executada e a produción prevista.

* Comunicáronse oportunamente as desviacións na execución ao responsable do seguimento da planificación, sinaláronselle as posibles causas e propuxéronselle alternativas razoables para corrixilas.

* Propuxéronse, de ser o caso, sistemas de execución alternativos para aproveitar recursos e mellorar a produción, e sinaláronse os procedementos para empregar, os medios necesarios e unha primeira análise de custos.

RealizaciónsCriterios de realización

* Supervisáronse as operacións de principio e fin de xornada e recompiláronse para a súa tramitación os partes de incidencias e de petición de materiais, equipamentos ou repostos.

1.6.Realizar, ao seu nivel, os ensaios de obra ou probas de carga, e obter ou custodiar mostras de materiais e probetas de formigón, de acordo co especificado no plan de calidade.* Obtivéronse as mostras ou probetas polos procedementos especificados e/ou normalizados, identificáronse convenientemente, almacenáronse e entregáronse para o seu control, de acordo cos plans de mostraxe.

* Comunicáronse oportunamente os resultados dos ensaios de obra e probas de carga e, de ser o caso, suspendéronse preventivamente os traballos ou rexeitáronse as partidas pertinentes.

* Comprobouse que os selos de homologación dos produtos ou materiais recibidos cumprisen as especificacións exixidas no plan de calidade de obra e, deseguido, arquiváronse e transmitíronselle ao responsable da execución, ademais de rexeitarse as partidas non conformes.

1.7.Valorar adecuadamente traballos obxecto de subcontratación a partir das especificacións do proxecto, realizando as medicións e as cubicacións precisas.* O conxunto de unidades de obra recollida os traballos que cumpría realizar.

* Ordenáronse adecuadamente as faenas de obra en capítulos, expresados de xeito claro e conciso e axustándose ás especificacións, de maneira que conteñan o criterio de medición oportuno.

* Reflectíronse claramente no documento correspondente as medicións obtidas sobre os planos ou en obra, situadas na unidade medida, de maneira que permitan a súa comparación.
* Os prezos descompostos axústanse aos rendementos establecidos e ás especificacións da unidade de obra medida.
* Totalizáronse debidamente os capítulos de obra e o cadro resumo de capítulos.

1.8.Controlar a disposición de moldes e armaduras, coordinar a operación de formigonado e organizar a disposición das medidas necesarias para o seu curado, solicitando oportunamente a supervisión ou autorización precisa e resolvendo ou comunicando as continxencias que se presenten.* As ordes son claras e os sinais de comunicación interprétanse correctamente.

* Comprobouse que o emprazamento, a ensamblaxe e as medidas dos moldes ou dos encofrados se axustasen aos planos de montaxe, coa tolerancia admisible, e que tivesen a suficiente rixidez, estabilidade e estanquidade.

* A disposición dos apontoamentos e esteamentos permite a marcha dos traballos, axústase a eles e aos planos de montaxe coa tolerancia admisible e garante a estabilidade e rixidez suficiente durante o tempo necesario.

* A retirada e limpeza de encofrados, apontoamentos ou esteamentos non se realiza antes da data prevista e fai posible a súa reutilización.
* O tipo, o diámetro, a elaboración e a disposición das armaduras é o especificado nos planos, están axustados á normativa específica e o seu atado permite o transporte e o formigonado das pezas armadas.
* Faise o formigonado nas condicións precisas para evitar a súa disgregación e o movemento inadmisible das armaduras; esténdese e compáctase a masa polo método e durante os tempos especificados; respéctanse as xuntas e dispóñense as medidas de curado, de ser o caso, para garantir o seu endurecemento.
* Comprobáronse as medidas de protección persoais e colectivas, de sinalización dos traballos, de evacuación e alerta en traballos de especial risco.

Dominio profesional

-Medios de produción.

Útiles, ferramentas e instrumentos simples para replanteos. Aparellos sinxelos para ensaios de obra e probas de carga. Medios de protección individual e colectiva. Medios auxiliares. Instalacións provisionais. Talleres de obra. Máquinas e ferramentas específicas.

-Materiais e produtos intermedios.

Materiais e produtos intermedios:

-Principais resultados do traballo.

Distribución de cargas de traballo e recursos. Control da produción. Valoración dos traballos que se vaian subcontratar. Informes periódicos.

-Procesos, métodos e procedementos.

Procedementos de replanteo. Normas para a recepción de materiais. Normas para a realización de ensaios de obra e probas de carga. Interpretación de proxectos. Dosificación de formigóns.

-Información, natureza, tipo e soporte.

Planos de obra. Planificación de obra. Plan de seguridade de obra. Plan de calidade de obra.

2.5.2. Unidade de competencia 2: encofrar, apontoar e estear.

RealizaciónsCriterios de realización

2.1.Preparar e manter ferramentas, equipamentos, materiais e medios auxiliares, dispondo as medidas e os medios de seguridade necesarios e realizando as operacións de fin de xornada.* Interpretáronse correctamente as ordes verbais ou escritas e a documentación gráfica e redactáronse os partes de traballo de maneira clara e concisa.

* As ferramentas, os materiais e os medios auxiliares foron os adecuados e, unha vez terminado o traballo, recolléronse e almacenáronse correctamente.

* As medidas de seguridade aplicadas correspóndense coas contempladas no plan de seguridade.
* Respectáronse as normas de seguridade persoais e colectivas mantendo libre de riscos a zona de traballo e colaborouse con outros oficios sen entorpecer o seu labor.

2.2.Construír e colocar encofrados, cun óptimo aproveitamento dos recursos e en condicións de seguridade.* As medidas dos moldes ou das cimbras son as especificadas nos planos de montaxe, coa tolerancia prevista.

* A ensamblaxe dos elementos garante a estanquidade e a rixidez do conxunto.

* A localización dos moldes e das cimbras é a indicada nos planos coa tolerancia prevista.
* O apontoamento garante a estabilidade e rixidez do conxunto.
* A cimbra ou o molde non sufriron danos durante o traslado.
* Identificáronse e aplicáronse as medidas de seguridade correspondentes.

2.3.Ensamblar encofrados prefabricados, seguindo as instrucións do fabricante e en condicións de seguridade.* As medidas dos moldes ou das cimbras son as especificadas nos planos de montaxe, coa tolerancia prevista.

* A ensamblaxe dos elementos garante a estanquidade e a rixidez do conxunto.

* A localización dos moldes e das cimbras é a indicada nos planos coa tolerancia prevista.
* O apontoamento garante a estabilidade e a rixidez do conxunto.
* A cimbra ou o molde non sufriron danos durante o traslado.
* Identificáronse e aplicáronse as medidas de seguridade correspondentes.

2.4.Apontoar encofrados e elementos de obra e dotalos da suficiente rixidez e estabilidade, en condicións de seguridade.* O número, a sección e a separación dos apontoamentos son os especificados nos planos de montaxe.

* A ensamblaxe dos elementos garante a estabilidade e rixidez do conxunto, así como a correcta transmisión de cargas.

* A localización do apontoamento é a especificada nos planos.
* A base de apoio está correctamente afianzada e o apontoamento está ben apromado.
* Identificáronse e aplicáronse as medidas de seguridade correspondentes.

2.5.Desencofrar, limpar, recuperar e almacenar encofrados en tempo e forma previstos, posibilitando a súa reutilización en condicións de seguridade.* Non se desencofrou antes da data prevista.

* Os elementos que compoñen o apontoamento non sufriron danos nin foron retirados antes do tempo previsto.

* Retiráronse, limpáronse e almacenáronse correctamente os encofrados para garantir a súa eventual reutilización.

* Identificáronse e aplicáronse as medidas de seguridade correspondentes.

2.6.Construír, ensamblar e colocar esteamentos, de maneira que conteñan eficazmente os terreos e en condicións de seguridade.* O traballo de esteamento encaixa co resto do proceso.

* Os elementos esteados teñen a estabilidade necesaria.

* Os elementos que compoñen o esteamento non impiden a marcha dos traballos.

* O esteamento axústase ás especificacións canto á disposición, aos materiais e aos métodos.
* Identificáronse e aplicáronse as medidas de seguridade correspondentes.

RealizaciónsCriterios de realización

2.7.Desapontoar, limpar e almacenar elementos de apontoamento ou esteamento sen comprometer a estabilidade, posibilitando a súa reutilización en condicións de seguridade.* Non se desesteou antes da consolidación definitiva.

* Non se desapontoou antes da data prevista.

* Retiráronse adecuadamente os elementos que compuñan o apontoamento e o esteamento para garantir a seguridade da operación e o seu reaproveitamento.

* Comprobouse previamente a estabilidade dos elementos esteados e/ou apontoados.
* Identificáronse e aplicáronse as medidas de seguridade correspondentes.

Dominio profesional

-Medios de produción.

Puntais, taboleiros, perfís, tubos, fusos, estrobos, eslingas e cuñas. Chaves, guías, polipastos, gatos, mazas, martelos, serróns, serras de mesa, chumbadas, escuadro, niveis, espátulas, paus de ferro e cintas métricas. Medios auxiliares, como estadas normalizadas. Medios de protección individual, como casco, luvas e cinto de seguridade. Medios de protección colectiva, como escaleiras de acceso, redes e viseiras de protección.

-Materiais.

Madeira, chapa de aceiro, desencofrantes, parafusos e cravos.

-Produtos intermedios.

Paneis de encofrado. Armazóns de entubado. Cimbras. Esteamentos.

-Principais resultados do traballo (produtos e/ou servizos).

Encofrados rectos ou curvos para formigonar. Apontoamentos de elementos elevados. Proteccións de gabias e escavacións.

-Procesos, métodos e procedementos.

Replanteo do conxunto. Manexo de medios de elevación.

-Información (natureza, tipo e soportes).

Documentación gráfica. Partes de traballo e de incidencias.

2.5.3. Unidade de competencia 3: elaborar e colocar armaduras.

RealizaciónsCriterios de realización

3.1.Preparar e manter ferramentas, equipamentos, materiais e medios auxiliares, dispondo as medidas e os medios de seguridade necesarios e realizando as operacións de fin de xornada.* Interpretáronse correctamente as ordes verbais ou escritas e a documentación gráfica e redactáronse os partes de traballo de xeito claro e conciso.

* As ferramentas, os materiais e os medios auxiliares foron os axeitados e, unha vez rematado o traballo, recolléronse e almacenáronse correctamente.

* As medidas de seguridade aplicadas correspóndense coas recollidas no plan de seguridade.
* Respectáronse as normas de seguridade persoais e colectivas mantendo libre de riscos a zona de traballo e colaborouse con outros oficios sen entorpecer o seu labor.

3.2.Construír armaduras en taller ou en obra, elaborando o aceiro, segundo a normativa e en condicións de seguridade.* As barras son do tipo e do diámetro especificado, teñen a lonxitude requirida e o corte é limpo e perpendicular.

* O dobrado fíxose á medida e coas especificacións que marca a norma.

* O atado impide o movemento das barras unha vez realizada a armadura.

RealizaciónsCriterios de realización

* O conxunto da armadura cumpre con precisión as especificacións técnicas do plano.
* Identificáronse e aplicáronse as medidas de seguridade correspondentes.

3.3.Armar pezas en taller ou en obra colocando as armaduras segundo a normativa e en condicións de seguridade.* O conxunto da armadura despois do transporte non sufriu variacións xeométricas inadmisibles.

* A armadura é a correcta para esa localización e está limpa e exenta de ferruxe.

* A armadura, unha vez situada dentro do molde, cumpre as especificacións relativas a suxeicións, separacións e esperas.
* Ao pór en obra o formigón, a armadura non sufriu variacións fóra das tolerancias que indican as normas.
* Identificáronse e aplicáronse as medidas de seguridade correspondentes.

3.4.Obter pezas de alta resistencia realizando operacións de tensado de armaduras, segundo a normativa e en condicións de seguridade.* O procedemento empregado é o especificado.

* A tensión das armaduras está dentro das marxes especificadas e mantense durante o tempo necesario.

* Identificáronse e aplicáronse as medidas de seguridade correspondentes.

Dominio profesional

-Medios de produción.

Cisalla, dobradora, alicates, tenaces, chave stilson, pau de ferro, gatos de pretensado, ensartadoras e inxectoras. Grupo de soldadura e guías. Medios auxiliares, como estadas normalizadas, nivel de albanel e cinta métrica. Medios de protección individual, como casco, luvas e botas. Medios de protección colectiva, como escaleiras de acceso, redes e viseiras de protección.

-Materiais.

Arame de atar, electrodos e aceiro.

-Produtos intermedios.

Grellas de aceiro. Módulos de ferralla prefabricados. Barras conformadas.

-Principais resultados do traballo (produtos e/ou servizos).

Ferrallaxe de estruturas, colocación de vaíñas de cables, tensado de cables e inxección.

-Procesos, métodos e procedementos.

Abasto e preparación do material. Corte e dobrado de redondos. Atado e soldado de redondos. Conexións de vaíñas. Enfilado e tensado de cables. Colocación da armadura no molde.

-Información (natureza, tipo e soportes).

Documentación gráfica. Partes de traballo e de incidencias.

2.5.4. Unidade de competencia 4: pór en obra formigón.

RealizaciónsCriterios de realización

4.1.Preparar e manter ferramentas, equipos, materiais e medios auxiliares, dispondo as medidas e os medios de seguridade necesarios e realizando as operacións de fin de xornada.* Interpretáronse correctamente as ordes verbais ou escritas e a documentación gráfica e redactáronse os partes de traballo de xeito claro e conciso.

* As ferramentas, os materiais e os medios auxiliares foron os adecuados e, unha vez rematado o traballo, recolléronse e almacenáronse correctamente.

* As medidas de seguridade aplicadas correspóndense coas recollidas no plan de seguridade.

RealizaciónsCriterios de realización

* Respectáronse as normas de seguridade persoais e colectivas mantendo libre de riscos a zona de traballo e colaborouse con outros oficios sen entorpecer o seu labor.

4.2.Verter e compactar o formigón, enchendo os moldes segundo a normativa e en condicións de seguridade.* Transportouse o formigón no tempo e na forma previstos para garantir a homoxeneidade da mestura a pé de faena e os sinais ao operador do guindastre foron claros e unívocos.
* A vertedura no molde foi a adecuada para evitar a disgregación da mestura e o movemento das posibles armaduras.
* A masa estendeuse de forma regular, respectando os niveis requiridos.
* O método e tempo de compactación son os solicitados para o caso e non se produciron ocos, movementos inadmisibles nin faltas de recubrimento.
* Realizáronse as xuntas segundo as especificacións.

* Identificáronse e aplicáronse as medidas de seguridade correspondentes.

4.3.Realizar ensaios de obra e confeccionar probetas para os ensaios de laboratorio, tomando mostras de formigón segundo o plan de calidade e en condicións de seguridade.* O número, o tipo e o momento de recollida de probetas é o marcado no plan de calidade.

* A almacenaxe e custodia das probetas garante a súa conservación.

* As anotacións para especificar a data e o lugar de extracción das mostras son claras e indelebles.

* Realizáronse segundo as normas os ensaios de obra relativos á consistencia de mesturas ou tamaños de areas.
* Identificáronse e aplicáronse as medidas de seguridade correspondentes.

4.4.Realizar as operacións finais de formigonado e nivelar, acabar e curar as superficies, segundo as especificacións e en condicións de seguridade.* O nivel acadado pola masa é o sinalado nos planos e indicado polos niveis de obra, coa achanzadura e a tolerancia requiridas.

* A disposición dos medios para o curado da masa foi a axeitada e mantívose o tempo necesario.

* Identificáronse e aplicáronse as medidas de seguridade correspondentes.

Dominio profesional

-Medios de produción.

Bombas de formigonado, vibradores, regras vibrantes e cintas transportadoras. Formigoneira. Paleta, trollo, esparavel, pisón, chumbada, cinta métrica e nivel de albanel. Cono de Abrams e moldes para probetas. Medios auxiliares, como estadas normalizadas, elementos para curado, para quentamento e instalacións de vapor. Canetas, depósitos e embudes. Instalacións provisionais para custodia de probetas. Medios de protección individual, como casco, botas, luvas, equipos impermeables, cintos de seguridade e máscaras. Medios de protección colectiva, como escaleiras de acceso, redes e viseiras de protección.

-Materiais.

Cemento, areas, auga, aditivos e prefabricados de formigón.

-Produtos intermedios.

Prefabricados de formigón.

-Principais resultados do traballo (produtos e/ou servizos).

Cimentacións. Estruturas de formigón. Forxados. Lousas. Muros. Taboleiros.

-Procesos, métodos e procedementos.

Vertedura, toma de mostras e compactado. Curado. Acabado.

-Información (natureza, tipo e soportes).

Documentación gráfica. Partes de traballo e de incidencias.

2.5.5. Unidade de competencia 5: construír elementos estruturais con prefabricados.

RealizaciónsCriterios de realización

5.1.Preparar e manter ferramentas, equipamentos, materiais e medios auxiliares, dispondo as medidas e os medios de seguridade necesarios e realizando as operacións de fin de xornada.* Interpretáronse correctamente as ordes verbais ou escritas e a documentación gráfica e redactáronse os partes de traballo de xeito claro e conciso.

* As ferramentas, os materiais e os medios auxiliares foron os axeitados e, unha vez rematado o traballo, recolléronse e almacenáronse correctamente.

* As medidas de seguridade aplicadas correspóndense coas recollidas no plan de seguridade.
* Respectáronse as normas de seguridade persoais e colectivas mantendo libre de riscos a zona de traballo e colaborouse con outros oficios sen entorpecer o seu labor.

5.2.Replantear os elementos prefabricados e obter a súa distribución segundo as especificacións técnicas e en condicións de seguridade.* O replanteo axústase ás medidas do plano.

* O número, o tamaño e a disposición dos elementos correspóndense co plano de montaxe.

* Identificáronse e aplicáronse as medidas de seguridade correspondentes.

5.3.Repartir os elementos, presentalos e colocalos no sitio, segundo as especificacións técnicas e en condicións de seguridade.* O elemento correspóndese co especificado na ficha técnica e non está danado antes da súa colocación.

* A posición que garda cada un dos elementos entre si correspóndese co plano de montaxe.

* Comprobouse que os ocos e os cortes se correspondesen co especificado nos planos.
* Colocáronse segundo o plano de montaxe os elementos previstos para a absorción de esforzos.
* Comprobouse previamente que os apontoamentos e/ou encofrados se atopasen en posición.
* Identificáronse e aplicáronse as medidas de seguridade correspondentes.

5.4.Fixar os elementos entre si ou á estrutura, obtendo as condicións requiridas sobre rixidez e apoio e en condicións de seguridade.* A fixación permite controlar o cumprimento das condicións de rixidez, enlazabilidade, continuidade e/ou monolitismo.

* O apoio sobre o elemento resistente, de ser o caso, é o especificado.

* Apertáronse debidamente os elementos de suxeición.
* Comprobouse o correcto encaixe da peza no lugar destinado a suxeitala.
* Identificáronse e aplicáronse as medidas de seguridade correspondentes.

5.5.Tratar as xuntas entre os elementos, realizando o enchido consignado nas especificacións técnicas e en condicións de seguridade.* Respectáronse as xuntas previstas no plano.

* Realizouse o enchido da xunta co material e o método especificados.

* Identificáronse e aplicáronse as medidas de seguridade correspondentes.

Dominio profesional

-Medios de produción.

Guías, estrobos, eslingas e perforadora. Cordas, chaves e grampas. Chumbada, nivel de albanel e cinta métrica. Medios auxiliares, como estadas normalizadas. Medios de protección individual, como casco, botas, luvas e cintos de seguridade. Medios de protección colectiva, como escaleiras de acceso, redes e viseiras de protección.

-Materiais.

Masa e resinas.

-Principais resultados do traballo: produtos e/ou servizos.

Estruturas compostas por elementos prefabricados.

-Procesos, métodos e procedementos.

Descarga e abasto. Replanteo. Estrobado, eslingado e elevación. Colocación e apromado. Fixación.

-Información: natureza, tipo e soportes.

Documentación gráfica. Partes de traballo e de incidencias.

2.5.6. Unidade de competencia 6: realizar conducións lineais sen presión.

RealizaciónsCriterios de realización

6.1.Preparar e manter ferramentas, equipos, materiais e medios auxiliares, dispondo as medidas e os medios de seguridade necesarios e realizando as operacións de fin de xornada.* Interpretáronse correctamente as ordes verbais ou escritas e a documentación gráfica e redactáronse os partes de traballo de xeito claro e conciso.

* As ferramentas, os materiais e medios auxiliares foron os adecuados e, unha vez terminado o traballo, recolléronse e almacenáronse correctamente.

* As medidas de seguridade aplicadas correspóndense coas recollidas no plan de seguridade.
* Respectáronse as normas de seguridade persoais e colectivas mantendo libre de riscos a zona de traballos e colaborouse con outros oficios sen entorpecer o seu labor.

6.2.Replantear o tendido de tubos e cámaras de rexistro con criterios de óptimo aproveitamento do trazado e nivelouse convenientemente en condicións de seguridade.* Os niveis están convenientemente pasados e sinalados de xeito claro e indeleble, e a rasante dos condutos entre os pozos é a especificada.

* O replanteo axústase ás medidas do plano, está realizado sobre a superficie limpa e materializouse de xeito estable.

* As miras están ben apromadas, recibidas e escantilladas respecto ao nivel de referencia.
* Identificáronse e aplicáronse as medidas de seguridade correspondentes.

6.3.Preparar masas ou formigóns segundo especificacións para recibidos, ancoraxes e apoios, en condicións de seguridade.* O tipo e o tamaño da area, o aglomerante e os aditivos utilizados foron os especificados.

* A dosificación dos compoñentes foi a requirida.

* A mestura é homoxénea, ten a consistencia adecuada e elaborouse na cantidade requirida e coa suficiente antelación á súa utilización.

* Identificáronse e aplicáronse as medidas de seguridade correspondentes.

6.4.Colocar tubos segundo especificacións e unilos adecuadamente e en condicións de seguridade.* A rasante dos condutos entre os pozos é a especificada.

* O diámetro e tipo de tubo é o especificado.

* A cota da soleira é a especificada.

* Escolleuse un procedemento de unión adecuado á natureza do tubo e elimináronse as babas.
* Os reforzos, corchetes e enchidos teñen as medidas do plano e axústanse ás especificacións.
* Identificáronse e aplicáronse as medidas de seguridade correspondentes.

6.5.Construír e/ou ensamblar cámaras segundo especificacións, conseguindo o grao de estanquidade, acceso e funcionamento requiridos e en condicións de seguridade.* As dimensións das cámaras son as especificadas.

* O grao de estanquidade das cámaras é o requirido.

* O desnivel entre as bocas de entrada e saída dos tubos e o rexistro ou cámara é o consignado.

* As tapas e as reixas están debidamente achanzadas co pavimento.
* Identificáronse e aplicáronse as medidas de seguridade correspondentes.

6.6.Limpar e reparar redes de condución e mantelas en réxime operativo e en condicións de seguridade.* Realizouse a limpeza e retirada de graxas e lama no tempo e na forma previstos.

* Comprobouse o funcionamento das cámaras e dos pozos coa periodicidade establecida.

* Substituíronse os elementos rotos.
* Identificáronse e aplicáronse as medidas de seguridade correspondentes.

Dominio profesional

-Medios de produción.

Formigoneira, bomba de formigonar, compresor, bomba de achicamento. Pisón, vibrador, paleta, esparavel, trollo, regra, escuadro e nivel de albanel, cinta métrica e chumbada. Medios auxiliares de elevación. Medios de protección individual, como casco, máscara e botas. Medios de protección colectiva, como ventilación forzada, iluminación, valados de protección

e sinalización, gaiolas de evacuación rápida, esteamentos normalizados e escaleiras de acceso.

-Materiais e produtos intermedios.

Cemento, áridos e aditivos. Tubos porosos e non porosos. Ladrillos e bloques. Tapas de fundición e formigón. Pates, guías e platinas de aceiro. Rexistros e depósitos prefabricados. Morteiro e formigón.

-Principais resultados do traballo (produtos e/ou servizos).

Rede horizontal de saneamento. Rede de sumidoiros. Drenaxe. Canalizacións sen presión (teléfono e electricidade).

-Procesos, métodos e procedementos.

Replanteo, nivelación, impermeabilización, limpeza e mantemento.

-Información (natureza, tipo e soportes).

Documentación gráfica. Partes de traballo e de incidencias.

2.5.7. Unidade de competencia 7: comprobar os medios de seguridade previstos no plan.

RealizaciónsCriterios de realización

7.1.Preparar e manter ferramentas, equipamentos, materiais e medios auxiliares, dispondo as medidas de seguridade necesarias e realizando as operacións de fin de xornada.* Interpretáronse correctamente as ordes verbais ou escritas e a documentación gráfica, e redactáronse os partes de traballo de xeito claro e conciso.

* As ferramentas, os materiais e os medios auxiliares son os adecuados e, unha vez terminado o traballo, recolléronse e almacenáronse correctamente.

* As medidas de seguridade aplicadas correspóndense coas contempladas no plan de seguridade.
* Respectáronse as normas de seguridade persoais e colectivas mantendo libre de riscos a zona de traballo, e colaborouse con outros oficios sen entorpecer o seu labor.

7.2.Comprobar a seguridade das instalacións provisionais de obra, dispondo as medidas contempladas no plan.* Comprobouse que os locais se axustasen ás normas segundo a súa distribución, iluminación, dimensións, estado de conservación, limpeza, ventilación, temperatura e dotación de servizos hixiénicos.
* Comprobouse que a instalación eléctrica estivese sectorizada, que os cadros de distribución fosen regulamentarios, e que os dispositivos de posta a terra das masas e dos de corte por intensidade de defecto funcionasen correctamente.
* Comprobouse o bo estado dos materiais e das conexións antes do seu uso, e a sinalización de perigo en caso de avaría, deixando sen tensión o elemento estragado.
* O lugar e a cantidade dos abastos correspóndense coas especificacións previamente establecidas.
* O persoal que utiliza as ditas instalacións está debidamente instruído sobre o seu manexo e leva en cada momento os medios de protección necesarios.

7.3.Comprobar periodicamente o estado de conservación e a disposición dos medios auxiliares e de protección colectiva, de acordo co plan de seguridade de obra.* Realizáronse correctamente as operacións de rutina diaria segundo o manual de mantemento, comunicáronse as posibles anomalías e corrixíronse as da súa competencia.

* Comprobouse que as proteccións colectivas fosen as contempladas no plan, se axustasen á normativa, impedisen a caída do operario durante todas as fases do traballo e superasen as probas de carga regulamentarias.

* Comprobouse que o persoal que realizaba a instalación fose competente e que o seu labor, de ser o caso, fose adecuado ás normas do fabricante canto á estabilidade e dispositivos de protección e seguridade.
* Intruíuse debidamente sobre o seu manexo o persoal que utiliza cada un dos medios auxiliares, e comprobouse que levaba en cada momento os medios de protección individual necesarios.

RealizaciónsCriterios de realización

7.4.Comprobar periodicamente a seguridade da maquinaria, dispondo as medidas contempladas no plan.* Comprobouse o correcto funcionamento dos indicadores de manobra visuais e acústicos, coa periodicidade que indica a norma.

* Sinalizáronse e protexéronse debidamente as zonas de posible atrapamento.

* Comprobouse que os operadores das máquinas recibisen instrucións sobre os riscos do traballo e sobre as normas de comportamento para os previr, eliminar ou reducir.
* Comprobouse que a zona de actuación das máquinas estivese debidamente sinalizada, e que non circulasen por ela persoas a pé.

7.5.Comprobar a seguridade nos lugares de faena, verificando o correcto emprego dos medios de seguridade previstos no plan.* O operador leva as prendas de protección persoal normalizadas e está instruído sobre riscos do traballo que se realice e sobre o comportamento en caso de accidente.

* Acoutouse convenientemente e sinalizouse permanentemente a zona de traballo, mesmo á noite, e non se permitiu o traballo dunha persoa soa de xeito illado en lugares recónditos.

* Comprobouse a correcta iluminación e ventilación dos lugares de faena, así como a non existencia de gases nocivos.
* Comprobouse que a protección colectiva fose instalada por persoal competente, que fose forte e segura para impedir a caída do operario en todas as fases do traballo, que cubrise todos os ocos e que puidese evitar o derrubamento ou a caída dos materiais.
* Comprobouse que a subministración de materiais ao lugar da faena se fixesen de forma correcta e observando todas as medidas de seguridade.

Dominio profesional

-Medios de produción.

Medios de protección colectiva, como varandas, redes, escaleiras de acceso e viseiras de protección. Medios de protección individual, como casco, botas, luvas, lentes e cinto de seguridade. Medios auxiliares, como estadas normalizadas, plataformas de traballo, escaleiras, valados e sinais. Equipamentos de medida, como óhmetros, amperímetros e telurómetros. Maquinaria de obra e as súas proteccións.

-Principais resultados do traballo (produtos e/ou servizos).

Lugares de faena coas súas proteccións colectivas instaladas. Zonas de paso e de traballo limpas e ordenadas. Operarios usando o equipamento de protección persoal necesario. Máquinas traballando cos seus equipamentos e sinais de seguridade montados. Informes sobre causas de eventuais accidentes. Partes de traballo e de incidencias. Accesos limpos, protexidos e sinalizados. Instalación, seguimento e control de elementos e medios de protección. Uso e bo estado de conservación dos equipamentos individuais.

-Procesos, métodos e procedementos.

Normativa sobre seguridade e hixiene na construción. Plan de seguridade da obra. Métodos de mantemento.

-Información (natureza, tipo e soportes).

Documentación gráfica. Partes de traballo e de incidencias. Libro de incidencias. Estatística sobre accidentes.

2.5.8. Unidade de competencia 8: realizar a administración, a xestión e a comercialización nunha pequena empresa ou taller.

RealizaciónsCriterios de realización

8.1.Avaliar a posibilidade de implantación dunha pequena empresa ou taller en función da súa actividade, o volume de negocio e os obxectivos.* Seleccionouse a forma xurídica de empresa máis axeitada aos recursos dispoñibles, aos obxectivos e ás características da actividade.

* Realizouse a análise previa á implantación, valorando:-A estrutura organizativa adecuada aos obxectivos.

-A situación e o ámbito de actuación (distancia entre clientes e provedores, canles de distribución, prezos do sector inmobiliario de zona e elementos de prospectiva).
-A previsión de recursos humanos.
-A demanda potencial, previsión de gastos e ingresos.
-A estrutura e composición do inmobilizado.
-As necesidades de financiamento e a súa forma máis rendible.
-A rendibilidade do proxecto.
-A posibilidade de subvencións e/ou axudas á empresa ou á actividade, ofrecidas polas diferentes administracións públicas.
* Determinouse adecuadamente a composición dos recursos humanos necesarios, segundo as funcións e os procesos propios da actividade da empresa e dos obxectivos establecidos, atendendo á formación, experiencia e condicións actitudinais, se procede.

8.2.Determinar as formas de contratación máis idóneas en función do tamaño, a actividade e os obxectivos dunha pequena empresa.* Identificáronse as formas de contratación vixentes, determináronse as súas vantaxes e os seus inconvenientes, e establecéronse as máis habituais no sector.

* Seleccionáronse as formas de contrato óptimas, segundo os obxectivos e as características da actividade da empresa.

8.3.Elaborar, xestionar e organizar a documentación necesaria para a constitución dunha pequena empresa e a xerada polo desenvolvemento da súa actividade económica.* Estableceuse un sistema de organización da información adecuado que proporcione información actualizada sobre a situación económico-financeira da empresa.

* Realizouse a tramitación oportuna ante os organismos públicos para a iniciación da actividade de acordo cos rexistros legais.

* Os documentos xerados (facturas, albarás, notas de pedido, letras de cambio, cheques e recibos) elaboráronse no formato establecido pola empresa cos datos necesarios en cada caso e de acordo coa lexislación vixente.
* Identificouse a documentación necesaria para a constitución da empresa (escritura, rexistros, imposto de actividades económicas, etc.).

8.4.Promover a venda de produtos ou servizos mediante os medios adecuados ou as relacións pertinentes, en función da actividade comercial requirida.* No plan de promoción, tívose en conta a capacidade produtiva da empresa e o tipo de clientela potencial dos seus produtos e servizos.

* Seleccionouse o tipo de promoción que fai óptima a relación entre o incremento das vendas e o custo da promoción.

* A participación en feiras e exposicións permitiu establecer as canles de distribución dos diversos produtos ou servizos.

8.5.Negociar con provedores e clientes, procurando as condicións máis vantaxosas nas operacións comerciais.* Tivéronse en conta, na negociación cos provedores:-Prezos do mercado.-Prazos de entrega.
-Calidades.
-Condicións de pagamento.
-Transportes, se procede.
-Descontos.
-Volume de pedido.
-Liquidez actual da empresa.
-Servizo posvenda do provedor.
* Nas condicións de venda propostas aos clientes tivéronse en conta:
-Marxes de beneficios.
-Prezo de custo.
-Tipos de clientes.
-Volume de venda.
-Condicións de cobramento.
-Descontos.
-Prazos de entrega.
-Transporte, se procede.
-Garantía.
-Atención posvenda.

8.6.Crear, desenvolver e manter boas relacións con clientes reais ou potenciais.* Transmitiuse en todo momento a imaxe desexada da empresa.

* Aténdense os clientes cun trato dilixente e cortés, e na marxe de tempo prevista.

* Respondeuse satisfactoriamente á súa demanda, resolvendo as súas reclamacións con dilixencia e prontitude, e promovéronse as futuras relacións.

RealizaciónsCriterios de realización

* Comunicóuselles aos clientes calquera modificación ou innovación da empresa que lles puidese interesar.

8.7.Identificar as accións derivadas das obrigas legais dunha empresa.* Identificouse a documentación exixida pola normativa vixente.

* Identificouse o calendario fiscal correspondente á actividade económica desenvolvida.

* Identificáronse as obrigas legais laborais.
-Altas e baixas laborais.
-Nóminas.
-Seguros sociais.

Dominio profesional

-Información que manexa.

Documentación administrativa: facturas, albarás, notas de pedido, letras de cambio e cheques.

-Documentación cos distintos organismos oficiais.

Permisos de apertura do local, permiso de obras, etc. Nóminas, TC1 e TC2. Alta no IAE. Libros contables oficiais e libros auxiliares. Arquivos de clientes e provedores.

-Tratamento da información.

Terá que coñecer os trámites administrativos e as obrigas cos distintos organismos oficiais, xa sexa para realizalos o propio interesado ou xa para contratar a súa realización a persoas ou empresas especializadas.

O soporte da información pode estar informatizado utilizando paquetes de xestión moi básicos existentes no mercado.

-Persoas coas que se relaciona.

Provedores e clientes. Ao ser unha pequena empresa ou taller, en xeral, tratará con clientes con pedidos ou servizos que darán lugar a pequenas ou medianas operacións comerciais. Xestorías.

2.6. Evolución da competencia profesional.

2.6.1. Cambios nos factores tecnolóxicos, organizativos e económicos.

Menciónase deseguido unha serie de cambios previsibles no sector que, en maior ou menor medida, poden influír na competencia desta figura:

* Prevese unha maior diversificación das actividades empresariais, o que levará consigo a ampliación da gama de servizos ofrecidos, así como un maior desenvolvemento das empresas especializadas en subministración de servizos, polo que serán as dedicadas á instalación as que teñan especial peso, co conseguinte aumento das subcontratacións. Tamén se incrementarán as actividades de rehabilitación e mantemento, o que ha paliar parcialmente as restricións de solo, e as actividades en materia de obra civil.

* Aumento do tamaño empresarial, medido en volume de capital, o que ha favorecer a competitividade empresarial, en especial de cara aos mercados internacionais. Como consecuencia da liberalización dos contratos públicos, favorecerase a asociación con empresas europeas para a realización de obras no mer

cado europeo, o que ha repercutir positivamente nas estruturas empresariais. Darase tamén un aumento da participación de empresas europeas na nosa estrutura empresarial, o que lles permitirá operar con maior facilidade.

* Utilización de materiais e elementos de maior calidade ante a presión exercida pola Unión Europea en materia de certificación de produtos. Prevese tamén un aumento dos niveis de calidade exixidos en execución de obras.

* Penetración de novos sistemas de construción, pavimentos confortables e menos ruidosos, sistemas de prevención de contaminación dos edificios, ante a presión relacionada coa protección ambiental.

* Desenvolvemento da normativa de seguridade e prevención, e maior exixencia na súa aplicación.

2.6.2. Cambios nas actividades profesionais.

O aumento dos niveis de calidade exixidos nas unidades de obra ha determinar unha actividade máis rigorosa para o seu control, baseada na comprensión e na adecuada aplicación do plan específico de calidade. Algo similar ha ocorrer co plan de seguridade, do que a súa aplicación e control sistemático debe constituír unha actividade de importancia crecente.

Daranse tamén cambios específicos na actividade deste profesional derivados da utilización de novos materiais e equipamentos.

2.6.3. Cambios na formación.

A súa formación en calidade débese enfocar a conseguir unha concepción global desta no proceso da obra e uns coñecementos en materiais, unidades de obra e medios de control que lle permitan actuar neste campo sistematicamente e pórse ao día.

Deberá coñecer a utilidade e a instalación dos distintos medios de protección, e ter unha visión global da seguridade na obra e un coñecemento da súa normativa e da documentación específica que o leve a ter en conta de forma permanente este aspecto, en todas as súas actuacións.

Outras necesidades de formación que se poderían deducir dos cambios previsibles no sector poden ser os coñecementos de técnicas aplicables á rehabilitación e operación con novos materiais, a utilización de novos equipamentos, así como a súa influencia na organización das faenas. Estas non parecen xeneralizables e poderían ser atendidas mediante formación ocupacional ou de posto de traballo.

2.7. Posición no proceso produtivo.

2.7.1. Contorno profesional e de traballo.

Esta figura exercerá a súa actividade no sector da construción, na área de execución.

Os principais subsectores en que pode desenvolver a súa actividade son os seguintes:

* Edificación: edificios industriais, edificios comerciais e de servizos, edificios singulares, vivendas e rehabilitación.

* Obra civil, aeroportos, estradas, obras marítimas, obras subterráneas, ferrocarrís, conducións lineais e obras especiais.

Ademais, tamén noutros sectores produtivos onde se realicen prefabricados de formigón, contencións de terra e auga, etc.

En xeral, grandes, medianas e pequenas empresas construtoras, plantas industriais de prefabricación e, eventualmente, de forma autónoma como subcontratista.

2.7.2. Contorno funcional e tecnolóxico.

Esta figura profesional sitúase fundamentalmente nas funcións ou subfuncións de produción e execución, seguridade, calidade e toma de mostras, e ensaios de obra.

As técnicas e os coñecementos tecnolóxicos abranguen o campo da execución de obras de formigón e das drenaxes e saneamentos.

Están ligadas directamente a:

* Proceso de execución: conxunto de equipamentos para a elaboración e posta en obra das armaduras, para a instalación de medios auxiliares e de seguridade, para a elaboración e a ensamblaxe de elementos auxiliares de obra, da vertedura, a compactación e o endurecemento do formigón, e para canalización e rexistro de conducións lineais sen presión.

Coñecementos das características e propiedades, os materiais de construción (aceiro, cementos, áridos, aditivos, madeira e prefabricado de formigón, formigóns preparados, etc.) para a súa correcta manipulación e colocación en obra, así como do plan de seguridade da obra para a disposición e comprobación dos medios necesarios.

2.7.3. Ocupacións, postos de traballo tipo máis relevantes.

Con fins de orientación profesional enuméranse deseguido as ocupacións e os postos de traballo que poderían ser desempeñados adquirindo a competencia profesional definida no perfil do título: encofrador, ferrallista, traballador de formigón armado, esteador, poceiro, montador de estadas, colocador de entubados, e técnico de seguridade e hixiene.

3. Currículo.

3.1. Obxectivos xerais do ciclo formativo.

* Comprender e aplicar a terminoloxía, os instrumentos, as ferramentas, os equipamentos e os métodos necesarios para a organización e a execución dos traballos de apontoamento, esteamento, encofrado, armado, posta en obra do formigón e conducións lineais sen presión.

* Interpretar a información técnica contida nos proxectos de construción e nos folletos de información das casas comerciais, relacionados con materiais e métodos construtivos, así como útiles, ferramentas e medios auxiliares e de seguridade empregados nos traballos de apontoamento, esteamento, encofrado, armado, posta en obra do formigón e conducións lineais sen presión.

* Planificar os traballos de construción de obras de apontoamento, esteamento, encofrado, armado, posta en obra do formigón e conducións lineais sen presión, en función do plan establecido e tendo en conta os recursos materiais e humanos dispoñibles, organizando as faenas e as cuadrillas, e determinando os útiles, as ferramentas e os medios auxiliares e de seguridade que cumpran para levar a cabo o traballo.

* Definir solucións construtivas sinxelas en traballos de apontoamento, esteamento, encofrado, armado, posta en obra do formigón e conducións lineais sen presión para casos concretos de obras de pequena entidade que non requiran proxecto facultativo, con determinación do orzamento e dos materiais, útiles, ferramentas e maquinaria que se empreguen, así como o número de operarios e os medios auxiliares e de seguridade.

* Replantear obras de apontoamento, esteamento, encofrado, armado, posta en obra do formigón e conducións lineais sen presión a partir das especificacións dos planos e das condicións particulares do replanteo, determinando as ferramentas e o método para empregar, e aplicando as técnicas de replanteo con precisión, estabilidade, claridade e seguridade.

* Preparar masas e formigóns adecuados ao tipo de unión ou uso que se lles vaia dar, a partir das especificacións técnicas do proxecto e tendo en conta as peculiaridades dos equipamentos, das ferramentas e das condicións de execución, ademais de realizar todas as operacións necesarias para conseguir mesturas homoxéneas coa consistencia adecuada, na cantidade e calidade requiridas e coa suficiente antelación ao seu uso.

* Realizar traballos de apontoamento, esteamento, encofrado, armado, posta en obra do formigón e conducións lineais sen presión aplicando as técnicas construtivas e a orde de execución das tarefas con destreza, seguridade e calidade, tanto en obra nova como en traballos de reparación.

* Verificar a execución de traballos de apontoamento, esteamento, encofrado, armado, posta en obra do formigón e conducións lineais sen presión, comprobando as condicións técnicas de realización, as tomas de mostras, as unidades de obra executadas e os niveis de produción conseguidos, así como formalizar a correspondente documentación de control, relacionar as desviacións respecto do plan preestablecido coas súas posibles causas, e determinar as accións correctoras e solucións alternativas.

* Controlar as medidas de seguridade correspondentes aos traballos de apontoamento, esteamento, encofrado, armado, posta en obra do formigón e conducións lineais sen presión, canto ás instalacións provisionais de obra, medios auxiliares e de protección colectiva, maquinaria, condicións de traballo, así como o acondicionamento e a subministración dos lugares de faena.

* Coordinar un equipo destinado a traballos de apontoamento, esteamento, encofrado, armado, posta en obra do formigón e conducións lineais sen presión, analizando a interrelación de funcións e as relacións humanas, para mellorar a actuación profesional de todos os membros.

* Comprender o marco legal, económico e organizativo que regula e condiciona a actividade industrial para traballos de apontoamento, esteamento, encofrado, armado, posta en obra do formigón e conducións lineais sen presión, identificando os dereitos e as obrigas que se derivan das relacións laborais, e adquirindo a capacidade de seguir os procedementos establecidos e de actuar con eficacia ante as anomalías que se poidan presentar neles.

* Procurar e utilizar canles de información relacionada co exercicio da profesión que posibiliten o coñecemento e a inserción no sector da construción e a evolución e adaptación das súas capacidades profesionais aos cambios tecnolóxicos e organizativos do sector.

3.2. Módulos profesionais asociados a unha unidade de competencia.

3.2.1. Módulo profesional 1: organización dos traballos de obras de formigón.

Asociado á unidade de competencia 1: organizar os traballos de obras de formigón.

Capacidades terminais elementais

* Interpretar correctamente os documentos relativos a un proxecto no que se refire a modos de execución, materiais e dimensións, e relacionalos adecuadamente entre si.

* Interpretar debidamente o plan de seguridade da obra, e describir as medidas e os medios necesarios para o seu cumprimento.

* Coñecer e aplicar as normas de recepción dos materiais para utilizar na obra, e as licenzas que se deban solicitar, en caso necesario.

* Aplicar os métodos de control de calidade para materiais, elaboración, transporte, colocación, posta en obra, terminacións, etc.

* Seleccionar do proxecto os documentos informativos necesarios para cada unha das faenas de obra: traballos de apontoamento, esteamento, encofrado, armado, amasado e posta en obra do formigón e conducións lineais sen presión.

* Relacionar correctamente os planos de conxunto e de detalle que especifican unha mesma unidade de obra, e interpretar correctamente as vistas e seccións que os definen.

* Determinar as medidas de seguridade, as instalacións provisionais, clase de maquinaria e a súa localización, zonas de abastecemento de materiais, zonas de paso, ventilación e iluminación.

* Determinar as fases de realización da obra a partir da documentación do proxecto ou da inspección das faenas.

* Determinar os recursos humanos e materiais, equipamentos e medios auxiliares e de seguridade necesarios en cada fase de obra.

* Realizar esbozos de obra con indicación de cotas, tomando as medidas cos instrumentos axeitados.

* Definir claramente o plan diario de traballo, en función dos recursos, a data de entrega, o tamaño da obra e o ritmo necesario, segundo o calendario previsto.

* Organizar as faenas distribuíndo as cargas e os recursos, medios auxiliares, instalacións provisionais, espazos e percorridos, e adoptar as correspondentes medidas de seguridade segundo o plan previsto.

* Repartir os traballos diarios previstos para cada cuadrilla na planificación prevista segundo os datos do proxecto.

* Controlar os traballos realizados diariamente e detectar as posibles desviacións entre o previsto e o realizado.

* Calcular as cubicacións das previsións de obra e executada, para un suposto punto de control.

* Corrixir o plan de traballo en función das desviacións ou posibles continxencias xurdidas, intentando mellorar o rendemento e aproveitar convenientemente os recursos.

* Realizar informes periódicos dos partes de traballo en que se identifique a unidade de obra acometida, os equipamentos empregados, a parte executada e a produción que estaba prevista.

* Comunicar oportunamente ao responsable do seguimento da planificación as desviacións detectadas no punto anterior, así como as posibles causas e as propostas de corrección.

* Detectar e definir coa suficiente antelación os detalles conflitivos que cumpra realizar, comunicárllelos adecuada e oportunamente ás cuadrillas implicadas na súa execución e levar a cabo o debido seguimento e control.

* Vixiar o cumprimento das normas de seguridade individuais ou colectivas de cada faena.

* Realizar a toma de mostras daqueles materiais que cumpra analizar no laboratorio seguindo os procesos especificados e/ou normalizados; identificalas, almacenalas e entregalas para o seu control.

* Planificar as axudas a outros oficios, aproveitando sempre convenientemente os recursos.

* Realizar medicións das diferentes unidades de obra sobre plano e/ou sobre obra real, de acordo cos criterios establecidos.

* Detectar erros e desviacións na medición das diferentes unidades de obra, entre o establecido no proxecto e a medición realizada na obra.

* Valorar unidades de obra partindo de medicións correctas e aplicando prezos debidamente actualizados.

* Realizar orzamentos de traballos que poidan ser obxecto de subcontratación.

Contidos (duración 320 horas)

Contidos procedementais

Representación gráfica.

* Identificación das formas e dimensións do elemento que se represente.

* Elaboración de esbozos acotados de detalles construtivos.

* Interpretación da simboloxía.

Realización de medicións e valoracións.

* Elección da unidade de medida máis axeitada para realizar a medición.

* Realización de medicións sobre o plano.

* Realización de medicións en obra.

* Elaboración de prezos unitarios.

* Determinación de custos da man de obra das cuadrillas de operarios.

* Realización de actualizacións de prezos.

* Valoración do custo dos capítulos.

* Valoración de partidas alzadas.

* Elaboración dos orzamentos de execución material, contratación e liquidación.

Realización de replanteos.

* Interpretación correcta dos planos.

* Elección dos útiles e instrumentos máis idóneos para materializar o replanteo.

* Elección do método de replanteo máis apropiado ao caso concreto.

* Realización de replanteos.

* Comprobación do traballo realizado.

Organización, seguimento e control da obra.

* Identificar as características dos traballos a partir dos planos, memorias e prego de condicións do proxecto.

* Determinación dos recursos humanos e dos materiais necesarios.

* Distribución dos recursos materiais e humanos, así como dos medios de seguridade.

* Organización do procedemento de traballo en cada faena.

* Organización das operacións de apontoamento, esteamento, encofrado, armado, posta en obra do formigón e conducións lineais sen presión, establecendo a orde de prioridades.

* Reaxuste do proceso de execución da obra, tendo en conta as modificacións ou cambios que se poidan producir.

* Interpretación e contraste do plan de traballo e dos partes de avance da obra para detectar as posibles desviacións e as súas causas, co fin de realizar as oportunas correccións.

Toma de mostras na obra.

* Obtención das mostras ou probetas polos procedementos especificados ou normalizados.

* Etiquetaxe das mostras ou probetas.

* Almacenaxe e custodia das probetas na obra.

* Interpretación dos resultados enviados polos laboratorios.

Contidos conceptuais

Tipoloxía de obras de construción. Traballos de apontoamento, esteamento, encofrado, armado, posta en obra do formigón e conducións lineais sen presión para realizar en cada unha.

* Edificación pública: edificios industriais, comerciais, culturais, pedagóxicos, de organismos oficiais, relixiosos e deportivos.

* Edificación privada: edificios de vivendas unifamiliares e plurifamiliares.

* Obra civil: estradas, pontes, camiños de ferro, túneles e obras de urbanización.

Documentos que integran o proxecto.

* Memoria.

* Planos.

* Prego de condicións.

* Orzamento.

Representación gráfica.

* Útiles e materiais de debuxo.

* Unidades de medida.

* Sistemas de representación.

* Escalas: gráfica e numérica.

* Formatos.

* Criterios e técnicas de representación.

* Esbozos: proceso, proporción e acoutación.

* Normalización.

* Simboloxía.

Medicións e valoracións.

* Instrumentos de medida.

* Criterios e formas de medición.

* Unidades de medición.

* Modos de medición en obra e sobre o plano.

* Unidades de obra.

* Capítulos.

* Prezos elementais simples e compostos.

* Prezos auxiliares.

* Orzamentos de execución, de contrata e de liquidación.

* Actualizacións de prezos. Revisións.

* Beneficio industrial, gastos xerais e IVE.

Replanteos.

* Plano de replanteo.

* Instrumentos de replanteo.

* Características dun bo replanteo.

* Métodos de replanteo.

Organización e control dos traballos e dos recursos.

* Instalacións provisionais.

* Ferramentas e máquinas empregadas nas obras de apontoamento, esteamento, encofrado, armado, posta en obra do formigón e conducións lineais sen presión.

* Elementos auxiliares e de seguridade.

* Plan de calidade.

* Medios de seguridade individuais e colectivos.

* Plan de seguridade. Normas de seguridade e hixiene.

* Recursos humanos.

* Traballos previos, fases, operacións e recursos dos procesos de traballo nas diferentes obras de apontoamento, esteamento, encofrado, armado, posta en obra do formigón e conducións lineais sen presión.

* Modos de elaboración do plan de traballo.

* Gráficos.

Recepción e control de calidade dos materiais empregados nos acabados.

* Recepción e almacenaxe de materiais.

* Probas dos materiais, na obra e no laboratorio.

* Criterios de toma de mostras.

* Métodos e técnicas de preparación das mostras.

* Ferramentas para a toma de mostras.

* Ensaios de laboratorio.

* Certificados e selos de calidade.

Organización dos distintos traballos.

* Encofrados.

* Apontoamentos.

* Esteamentos.

* Armado.

* Preparación, transporte e posta en obra do formigón.

* Desencofrado e curado.

* Xuntas de formigonado.

* Montaxe de elementos estruturais prefabricados.

* Montaxe e recibido de pezas para obras de fábrica.

Contidos actitudinais

* Antelación na organización do traballo para evitar posibles imprevistos.

* Rapidez e sensatez na toma de decisións.

* Actitude crítica ante os traballos realizados de cara a posibles melloras.

* Preocupación polo mantemento dos útiles, os instrumentos e as ferramentas.

* Preocupación polo uso correcto das ferramentas.

* Hábito de realizar o traballo observando as normas de seguridade.

* Interese pola precisión na toma de medidas.

* Hábito de limpeza do posto de traballo.

* Interese polo mantemento de relacións fluídas cos membros do equipo.

3.2.2. Módulo profesional 2: encofrados e esteamentos.

Asociado á unidade de competencia 2: encofrar, apontoar e estear.

Capacidades terminais elementais

* Analizar a documentación de uso común nunha obra (proxecto de execución, planos de obra, normativa vixente, información técnica e de fabricantes, etc.).

-Identificar a simboloxía e os elementos relacionados cos traballos de encofrados, apontoamentos e esteamentos.

-Interpretar as especificación, técnicas e os detalles construtivos.

-Identificar os puntos críticos.

-Identificar as características técnicas, funcionais e operativas e os elementos de protección e seguridade necesarios.

* Seleccionar o método de construción, montaxe, colocación e desmontaxe dos encofrados, apontoamentos e esteamentos, así como dos medios auxiliares e de seguridade e protección que cumpran.

* Determinar o emprazamento dos materiais e dos elementos auxiliares necesarios para a construción dos encofrados, apontoamentos e esteamentos, e planificar as existencias e o xeito de aprovisionamento do lugar da faena.

* Preparar os elementos que se vaian utilizar e situalos convenientemente no lugar da faena.

* Construír encofrados de madeira e con paneis metálicos con precisión, rixidez e estanquidade nas xuntas.

* Colocar os encofrados na obra no lugar adecuado, debidamente nivelados e apromados, con estabilidade e rixidez.

* Apear encofrados ou calquera elemento de obra con rixidez, estabilidade e a debida suxeición ao terreo.

* Estear terreos e elementos de obra en condicións de estabilidade e seguridade no lugar adecuado, segundo o tipo de terreo e o proceso de construción.

* Realizar todas as operacións cos materiais e equipamentos adecuados, a partir das técnicas e dos medios establecidos, e en condicións de seguridade.

* Desmontar encofrados, apontoamentos e esteamentos no momento correspondente e seguindo criterios de aproveitamento de materiais para a súa reutilización; darlles o tratamento idóneo para o seu mantemento e almacenalos ordenadamente no lugar asignado.

* Colocar, montar e desmontar os elementos técnicos, medios auxiliares e elementos de protección colectiva para a realización de encofrados, apontoamentos e esteamentos, de forma precisa e en condicións de seguridade e saúde laboral.

Contidos (duración 165 horas)

Contidos procedementais

Organización da faena de encofrados, apontoamentos e esteamentos.

* Interpretación da documentación existente: proxecto de execución, especificacións de obra e plan de seguridade.

* Localización na obra e inspección dos lugares en que se vai encofrar, apear ou estear.

* Acondicionamento e limpeza da zona en que se van realizar os traballos.

* Identificación dos materiais para empregar e dos procedementos que se van seguir.

* Determinación das secuencias do proceso.

* Determinación das cuadrillas e repartición de tarefas.

* Determinación dos sinais e os percorridos.

* Selección de materiais, recursos e medios.

* Coordinación con outros oficios e equipamentos que interveñen no proceso.

Construción e colocación de encofrados e cimbras.

* Organización da faena.

* Encaixe e fixación dos elementos que compoñen o encofrado ou a cimbra.

* Comprobación da integridade e estabilidade do conxunto.

* Transporte ata o lugar de colocación.

* Montaxe dos medios auxiliares necesarios.

* Replanteo.

* Posicionamento do encofrado ou a cimbra.

* Apromado e nivelación do conxunto.

* Apontoamento do conxunto, de cumprir.

* Comprobación da posición correcta, integridade e estabilidade do conxunto.

* Aplicación de medidas correctoras, en caso necesario.

* Desapontoamento e desmontaxe do encofrado ou a cimbra.

Apontoamento de encofrados e elementos de obra.

* Organización da faena.

* Identificación do número e da situación dos puntais. Replanteo dos puntais.

* Montaxe dos medios auxiliares e de seguridade necesarios.

* Apromado do apontoamento.

* Fixación provisional dos compoñentes.

* Aseguramento do soporte dos puntais.

* Comprobación do posicionamento, a integridade e a estabilidade do conxunto.

* Aplicación das medidas correctoras en caso necesario.

* Desmontaxe do apontoamento.

Esteamento de terreos.

* Organización da faena de obra.

* Detección de distorsións no terreo e determinación das medidas correctoras aplicables.

* Aplicación de medidas e medios de seguridade.

* Montaxe dos medios auxiliares necesarios.

* Fixación dos compoñentes e colocación dos puntais.

* Comprobación do posicionamento, a integridade e a estabilidade do conxunto.

* Aplicación das medidas correctoras necesarias.

* Desmontaxe do esteamento.

Desmontaxe de encofrados, apontoamentos e esteamentos.

* Identificación do procedemento de desmontaxe.

* Selección de ferramentas e medios.

* Aplicación de medidas e medios de seguridade.

* Identificación das datas e dos criterios de desmontaxe.

* Comprobación da consolidación do elemento de obra ou do terreo.

* Desaxuste dos compoñentes.

* Identificación dos requisitos de reutilización dos materiais.

* Selección dos materiais aproveitables.

* Limpeza e almacenamento do material.

Conservación dos materiais.

* Interpretación dos criterios de aproveitamento.

* Identificación das posibilidades de reutilización.

* Eliminación dos materiais inservibles.

* Identificación das operacións para limpar e aproveitar os materiais.

* Aplicación das operacións de limpeza e aproveitamento.

* Identificación do lugar e as condicións de almacenamento.

* Transporte e almacenamento dos materiais.

Mantemento de equipamentos e ferramentas.

* Selección e análise da información técnica.

* Selección e axuste dos equipamentos e ferramentas.

* Determinación e axuste das medidas de seguridade e protección.

* Comprobación da funcionalidade e detección de disfuncións.

* Limpeza, lubricación, etc.

Montaxe de medios auxiliares e de seguridade.

* Identificación dos medios auxiliares e de seguridade necesarios na obra.

* Determinación dos materiais e ferramentas para empregar na montaxe.

* Secuenciación das operacións de montaxe.

* Identificación das unións, as fixacións e os encaixes.

* Unión, encaixe e fixación dos elementos.

* Sinalización da obra.

* Desmontaxe dos medios e dos sinais.

* Ordenación do material desmontado, mantemento e conservación dos elementos para a súa almacenaxe.

Contidos conceptuais

Materiais para encofrar, apontoar e estear.

* Características físicas e tecnolóxicas, propiedades e aplicacións da madeira e os seus derivados: taboleiros e pranchas.

* Características físicas e tecnolóxicas, propiedades e aplicacións dos produtos férricos: pranchas, pasadores e ancoraxes.

* Planos de produtos e materiais.

* Posibilidades de reutilización dos materiais.

* Criterios de aproveitamento dos materiais.

* Operacións de limpeza, almacenaxe e mantemento dos materiais.

Terreos.

* Tipos e características.

* Tipos de comportamento dos terreos: causas e efectos.

* Defectos dos terreos: tipos e causas.

* Efecto das irregularidades sobre os encofrados e os esteamentos.

Encofrados.

* Tipos de encofrados de madeira e metálicos: terminoloxía, planos construtivos e características técnicas e construtivas.

* Disposicións construtivas de encofrados de madeira e metálicos para os distintos elementos de obra: cimentacións e muros; pórticos, piares e trabes; lousas de forxado e de cuberta; arcos e bóvedas.

* Sistemas e métodos de montaxe, transporte e colocación dos encofrados: operacións e secuencias, criterios de estabilidade e integridade, medidas correctoras das deformacións producidas, medidas e normas de seguridade e saúde laboral, e técnicas de desencofrado.

Cimbras.

* Tipos de cimbras: aplicacións, compoñentes, planos construtivos e características técnicas e construtivas.

* Disposicións construtivas das cimbras.

* Sistemas e métodos de montaxe, transporte e colocación dos encofrados: operacións e secuencias, criterios de estabilidade e integridade, medidas correctoras das deformacións producidas, medidas e normas de seguridade e saúde laboral, e técnicas de descimbrado.

Apontoamentos.

* Tipos de apontoamentos: aplicacións, compoñentes, planos construtivos e características técnicas e construtivas.

* Puntais: tipos, características, propiedades, aplicacións e criterios de distribución.

* Disposicións construtivas de apontoamentos para cimentacións e muros; pórticos, piares e trabes; lousas de forxado e de cuberta; arcos e bóvedas; apontoamentos horizontais e apontoamentos na rehabilitación de edificios.

* Sistemas e métodos de construción e montaxe dos apontoamentos: operacións e secuencias, criterios de estabilidade e integridade, medidas correctoras das deformacións producidas, medidas e normas de seguridade e saúde laboral, e técnicas de desapontoamento.

Esteamentos.

* Tipos de esteamentos: compoñentes, terminoloxía, planos construtivos, características técnicas e construtivas e criterios de situación.

* Métodos de comprobación da consolidación do terreo.

* Sistemas e métodos de construción e montaxe dos esteamentos: operacións e secuencias, criterios de estabilidade e integridade, medidas correctoras das deformacións producidas, medidas e normas de seguridade e saúde laboral, e técnicas de desesteamento.

Equipos e ferramentas empregadas.

* Tipos de equipamentos e ferramentas utilizados nos traballos de encofrado, apontoamento e esteamento: características técnicas, aplicacións e características funcionais e operativas.

* Operacións de mantemento e conservación

* Normas e medidas de seguridade e saúde laboral aplicables na utilización dos equipos e das ferramentas.

Medios auxiliares e de seguridade.

* Estadas e outros medios auxiliares.

* Elementos de protección e seguridade persoal e colectiva.

* Normas de seguridade e saúde laboral.

* Sistemas de protección e sinalización de gabias.

* Sistemas de montaxe e desmontaxe dos medios auxiliares e de seguridade.

* Métodos e medios de conservación e mantemento.

Contidos actitudinais

* Ordenación racional das operacións de construción, montaxe e desmontaxe de encofrados, apontoamentos, esteamentos, medios auxiliares e de seguridade.

* Preocupación polo óptimo aproveitamento dos materiais consumidos e pola reutilización do material que cumpra as condicións requiridas.

* Sistematización na comprobación de resultados.

* Rapidez de execución e decisión na aplicación de medidas correctoras cando se detectan fallos ao comprobar os resultados.

* Rigor no replanteo e na interpretación das especificacións e dos planos.

* Interese na aplicación de novas técnicas ou sistemas de construción e posta en obra de encofrados, apontoamentos e esteamentos.

* Observación das normativas legais de seguridade e saúde laboral.

* Utilización da ferramenta máis adecuada para cada traballo.

* Colaboración con outros oficios que interveñan no proceso.

3.2.3. Módulo profesional 3: armaduras.

Asociado á unidade de competencia 3: elaborar e colocar armaduras.

Capacidades terminais elementais

* Analizar os planos do proxecto, identificar os materiais e as montaxes das armaduras, e relacionalos coas súas características técnicas e construtivas.

* Interpretar correctamente as informacións técnicas e a normativa vixente relacionada coas estruturas.

* Identificar os puntos críticos na construción, montaxe e colocación das armaduras.

* Seleccionar os métodos máis axeitados para a almacenaxe, a construción, a manipulación, o transporte e a colocación das armaduras.

* Empregar as técnicas de montaxe e colocación de armaduras máis adecuadas para cada caso concreto.

* Determinar as ferramentas, os equipamentos e os medios auxiliares e de seguridade necesarios para a montaxe e a colocación de armaduras.

* Determinar as cuadrillas de operarios necesarias para a montaxe e colocación de armaduras.

* Organizar a distribución de materiais na obra ou no taller, para os distintos postos de traballo das diferentes cuadrillas que van participar nas montaxes e na colocación de armaduras.

* Replantear as armaduras seguindo a distribución prevista.

* Detectar distorsións e deformacións, e aplicar as medidas correctoras que cumpran en cada caso.

* Colocar as armaduras na obra, nivelando, apromado, mantendo as distancias e separacións necesarias, e deixando as correspondentes esperas de enlace.

* Colocar armaduras tensadas, montando correctamente as vaíñas para o seu posterior enfiado, tensado e inxección.

* Aplicar o plan de seguridade no relativo á construción e á colocación das armaduras.

* Montar e desmontar os medios auxiliares, de protección e seguridade que cumpran para a construción e a colocación de armaduras.

* Manter as ferramentas e os equipamentos en bo estado de funcionamento e conservación.

Contidos (duración 375 horas)

Contidos procedementais

Organización dos traballos de construción e colocación de armaduras.

* Interpretación do proxecto e das especificacións da obra.

* Interpretación do plan de seguridade.

* Localización dos lugares onde se deben colocar armaduras.

* Identificación dos tipos de armaduras.

* Identificación dos procedementos e das operacións de construción, transporte e colocación das armaduras.

* Determinación da secuencia do proceso e distribución de tarefas entre o equipo de traballo.

* Identificación do material para empregar e cálculo de necesidades.

* Selección de ferramentas, recursos e medios.

* Selección do lugar e das condicións de almacenaxe das armaduras.

Construción de armaduras.

* Organización da faena, aplicando as medidas e os medios de seguridade.

* Identificación nos planos das operacións que se deban realizar no taller.

* Selección, preparación, corte e dobrado de barras.

* Montaxe das armaduras.

-Empalme e soldadura, en caso necesario.

-Atado das estruturas.

* Aplicación de operacións de tensado, en caso necesario.

* Comprobación da rixidez para o traslado, o transporte e a posta en obra. Aplicación de medidas correctoras.

* Etiquetaxe das armaduras.

* Almacenaxe das armaduras.

* Mantemento e conservación do material e das ferramentas.

Colocación de armaduras.

* Organización da faena, aplicando as medidas e medios de seguridade.

* Identificación dos moldes, soportes e lugares de colocación, así como as posibles distorsións que determinen modificacións no proceso.

* Traslado ou transporte da peza e comprobación da súa integridade.

* Montaxe dos medios auxiliares.

* Coordinación das operacións de colocación, aplicando sinais xestuais e verbais.

* Colocación das armaduras no seu lugar, colocando separadores e accesorios.

* Fixación e posicionamento correcto dos solapamentos e as ancoraxes.

* Apromado e nivelación.

* Comprobación da integridade dos parámetros (distancias entre barras, distancias para recubrimento, solapamentos, etc.) e aplicación das medidas correctoras que cumpran.

* Mantemento e conservación das ferramentas.

Mantemento de equipos e ferramentas usados na construción e colocación de armaduras.

* Selección e análise da información técnica dos equipamentos e das ferramentas.

* Selección e axuste dos equipamentos e das ferramentas.

* Determinación das medidas de seguridade e protección.

* Comprobación da funcionalidade e detección de disfuncións.

* Limpeza, lubricación, etc.

Montaxe de medios auxiliares e de seguridade para construír e colocar armaduras.

* Interpretación das dimensións da obra e determinación do tipo de estadas ou outros medios que sexan necesarios.

* Selección e preparación dos materiais e das ferramentas que cumpran.

* Determinación das medidas de seguridade.

* Identificación das unións, as fixacións e os axustes.

* Secuencia das operacións de montaxe: unión, axuste e fixación de elementos.

* Desmontaxe, ordenación do material, mantemento, conservación e almacenaxe dos elementos.

Contidos conceptuais

Armaduras.

* Materiais cos que se constrúen as armaduras:

-Os aceiros: tipos, características e propiedades.

-Designación e xeitos de identificación.

-Barras estriadas de aceiro.

-Mallas electrosoldadas.

-Arames e elementos de unión.

-Separadores e accesorios.

-Módulos prefabricados.

* Criterios de óptimo aproveitamento no uso dos materiais.

* Requisitos e certificados de calidade. Tolerancias. Oxidación e limpeza.

* Tipoloxías de armaduras.

* Función dos compoñentes das armaduras: barras, subxeccións, esperas, etc.

* Características técnicas e construtivas.

* Planos de armaduras: conxuntos e detalles.

* Disposicións construtivas de armaduras e tensores para cimentacións (zapatas illadas e medianeiras, trabes e placas, cimentacións profundas e especiais), muros (pantallas, de soto e de contención), piares (tipos de armaduras para cada tipo de piar), trabes e zunchos (linteis, voos e formas especiais), forxados e lousas (in situ, nervado, de viguetas, de escaleiras e cubertas), soleiras, pórticos, bóvedas, láminas, cúpulas, e armaduras para estruturas especiais, como depósitos, pontes ou piscinas.

* Aplicacións dos tensores e das armaduras tensadas.

* Normativa vixente sobre uso e aplicación das armaduras.

* Sistemas e criterios de almacenaxe de armaduras.

Proceso de construción de armaduras.

* Normas de subministración, recepción, clasificación e almacenaxe.

* Operacións previas e secuencia de preparación.

* Medidas e normas de seguridade e saúde laboral.

* Métodos, operacións e secuencias para cortar, dobrar, atar, empalmar, soldar e tensar as barras e armaduras.

* Distancia entre barras, parámetros e tolerancias.

* Criterios e medidas para empalmar barras.

* Criterios de integridade e rixidez.

* Medidas correctoras das distorsións producidas na construción.

Equipamentos e ferramentas para construír e colocar armaduras.

* Tipos, características técnicas e aplicacións de alicates, tenaces, chave stilson, pau de ferro ou pata de cabra, gato de pretensado, etc.

* Características funcionais e operativas de: cizalla, dobradora, ensartadora, inxectora, grupo de soldadura, etc.

* Requisitos e operacións de mantemento e conservación.

* Normas e medidas de seguridade e saúde laboral.

Técnicas de manipulación e transporte de armaduras.

* Almacenamento de armaduras.

* Problemas no traslado de armaduras: deformación das barras e distorsión das estruturas.

* Sistemas, operacións e medios para mover e transportar armaduras.

* Relación entre distorsións, deformacións, medidas das barras, peso das armaduras e métodos de elevación e transporte.

Proceso de posta en obra das armaduras.

* Operacións e secuencias de montaxe.

* Solucións construtivas dos encontros de elementos.

* Funcións e parámetros de situación dos separadores e dos accesorios.

* Criterios de rixidez. Distorsións na colocación e medidas correctoras.

* Criterios de coordinación das operacións.

* Sinais e termos empregados na comunicación persoal durante a posta en obra das armaduras.

* Medidas e normas de seguridade e saúde laboral.

Medios auxiliares e de seguridade para construír e colocar armaduras.

* Medios auxiliares, estadas e escaleiras de acceso.

* Elementos de protección e seguridade persoal: luvas de protección metálica.

* Elementos de protección colectiva, redes e viseiras.

* Sistema de montaxe e desmontaxe.

* Métodos e operacións de conservación e mantemento.

* Normas de seguridade e saúde laboral.

Contidos actitudinais

* Ordenación racional das operacións de construción, montaxe e colocación de armaduras.

* Preocupación polo óptimo aproveitamento dos materiais e pola reutilización daqueles que cumpran as condicións requiridas.

* Sistematización na comprobación de resultados.

* Rapidez de execución e decisión na aplicación de medidas correctoras cando se detecten fallos ao comprobar os resultados.

* Rigor no replanteo e na interpretación das especificacións e dos planos.

* Interese na aplicación de novas técnicas ou sistemas de construción e posta en obra de armaduras.

* Observación das normativas legais de seguridade e saúde laboral.

* Utilización da ferramenta máis adecuada para cada traballo.

* Colaboración con outros oficios que interveñan no proceso.

3.2.4. Módulo profesional 4: formigón.

Asociado á unidade de competencia 4: pór en obra o formigón.

Capacidades terminais elementais

* Analizar a documentación de uso común nunha obra (proxecto de execución, planos de obra, normativa vixente, información técnica, etc.) para identificar características técnicas e disposicións construtivas, así como procedementos, operacións, técnicas, materiais, recursos, medios e medidas de seguridade e protección para empregar no amasado e na posta en obra do formigón.

* Identificar características, funcións e propiedades dos compoñentes do formigón a partir das correspondentes especificacións.

* Relacionar os tipos de formigón coa súa composición, propiedades, aplicacións construtivas, normativa de utilización e operacións de amasado, vertedura, compactación e curado.

* Identificar os puntos críticos na vertedura, compactación e curado do formigón.

* Determinar as cuadrillas de operarios e os materiais, medios auxiliares e de seguridade necesarios para o amasado e a posta en obra do formigón.

* Seleccionar, instalar e aplicar útiles, máquinas, ferramentas, equipamentos, medios auxiliares e de seguridade e saúde laboral necesarios para o amasado e a posta en obra do formigón.

* Determinar a localización dos materiais e elementos auxiliares necesarios para o amasado e a posta en obra do formigón, así como planificar as existencias e o xeito de aprovisionamento no lugar da faena.

* Comprobar o correcto estado dos encofrados, apontoamentos e esteamentos antes de proceder á posta na obra do formigón, tendo sempre en conta a calidade requirida e as normas de seguridade.

* Realizar o correcto amasado do formigón, segundo as dosificacións especificadas no proxecto, comprobando que as características dos seus compoñentes

sexan as indicadas na dosificación e que a consistencia obtida sexa a adecuada.

* Realizar a toma de mostras elaborando as probas necesarias segundo as normas establecidas; almacenalas, custodialas e marcalas segundo especifica o plan de calidade da obra.

* Realizar a correcta posta en obra do formigón (vertedura, compactación e curado), coa calidade requirida e en condicións de seguridade.

* Relacionar as operacións de posta en obra do formigón cos sinais xestuais e verbais utilizados para as coordinar.

* Construír xuntas segundo as tipoloxías e condicións previstas, establecidas na normativa e no proxecto de execución.

* Detectar defectos e irregularidades na masa e nas superficies do formigón, así como as condicións meteorolóxicas críticas que impidan un desenvolvemento normal das operacións de formigonado, e aplicar as medidas correctoras que cumpran.

* Montar e desmontar os medios auxiliares e de protección en condicións de seguridade.

* Manter as ferramentas, os útiles, as máquinas e os medios auxiliares en bo estado operativo, segundo as normas de uso e conservación.

Contidos (duración 145 horas)

Contidos procedementais

Preparación das mesturas.

Organización da faena de obra de formigón.

* Interpretación do proxecto e das especificacións da obra.

* Comprobación dos lugares onde se vai formigonar.

* Identificación do formigón, os encofrados e as armaduras para empregar.

* Identificación dos procedementos e as operacións de amasado e posta en obra do formigón.

* Determinación do material necesario canto ás características e á cantidade, así como o sistema de transporte ata o lugar de vertedura.

* Distribución das tarefas entre os equipos de traballo.

* Determinación dos útiles, as ferramentas e os equipamentos necesarios.

* Aplicación do plan de seguridade.

* Coordinación coa subministración externa.

Vertido.

* Determinación de puntos de vertedura, velocidade, frecuencia, altura de vertedura e capas.

* Estendido do formigón.

* Aplicación de sinais xestuais de coordinación entre os operarios.

* Aplicación de medidas de seguridade.

* Detección de disfuncións e irregularidades e aplicación de medidas correctoras.

Compactación.

* Determinación de parámetros de compactación.

* Coordinación coas operacións de vertedura.

* Aplicación de instrumentos e técnicas de compactación.

* Comprobación de posibles desagregacións no fluído e aplicación de medidas correctoras.

* Aplicación de medidas de seguridade.

Realización de xuntas.

* Identificación do tipo de xunta e da súa situación.

* Identificación do estado do formigón.

* Preparación das xuntas.

* Construción das xuntas.

* Comprobación de resultados e aplicación de medidas correctoras, en caso necesario.

Curado.

* Comprobación das condicións do formigón, vertedura e compactación.

* Identificación das condicións meteorolóxicas e ambientais.

* Aplicación de instrumentos e técnicas de curado.

* Comprobación de resultados e aplicación de medidas correctoras, en caso necesario.

* Aplicación de medidas de seguridade.

Comprobación das condicións do formigón vertido e compactado.

* Interpretación do plan de calidade.

* Identificación dos tipos de ensaio para realizar.

* Identificación do tipo e número de probetas para elaborar.

* Selección do equipamento e dos instrumentos necesarios.

* Obtención das mostras.

* Realización de ensaios in situ.

* Almacenaxe e custodia do material.

Mantemento de equipamentos e ferramentas.

* Selección e análise da información técnica dos equipamentos e das ferramentas que se empregan.

* Selección e axuste dos equipamentos e ferramentas.

* Determinación das medidas de seguridade e protección.

* Comprobación da funcionalidade e detección de disfuncións.

* Limpeza, lubricación, etc.

Montaxe de medios auxiliares para pór en obra ou formigón.

* Determinación do tipo de estadas e outros medios necesarios.

* Selección e preparación dos materiais e das ferramentas que cómpren.

* Determinación das medidas de seguridade.

* Identificación das unións, as fixacións e os encaixes.

* Secuencia das operacións de montaxe, unión, encaixe e fixación de elementos.

* Desmontaxe, ordenación do material, mantemento, conservación e almacenaxe.

Contidos conceptuais

Formigón.

* Tipos de formigón.

* Compoñentes.

* Aditivos: tipos, propiedades e características.

* Dosificación en peso e en volume.

Amasado.

* Formigoneiras: tipos, características e aplicacións.

* Localización e distribución de maquinaria e materiais.

* Proceso de amasado.

* Sistemas de transporte do formigón desde o lugar de amasado ao de faena.

Obras de formigón.

* Planos de obra.

* Detalles construtivos.

* Disposicións construtivas.

Operacións previas.

* Preparación de encofrados.

* Colocación de armaduras.

Vertido do formigón.

* Composición da cuadrilla de operarios.

* Sinais xestuais ou verbais empregados na coordinación entre os distintos operarios.

* Métodos e sistemas de vertedura.

* Equipos e ferramentas para empregar.

* Secuencia de vertedura.

* Influencia dos moldes na vertedura.

* Interrupcións de vertedura e xuntas de formigonado.

* Distorsións máis frecuentes.

* Normas e medidas de seguridade e saúde laboral.

Acabado e curado.

* Métodos e técnicas para o acabado e curado do formigón.

* Operacións e secuencias.

* Materiais, ferramentas e equipamentos para o acabado e curado do formigón.

* Tipos e características das xuntas. Formas de as realizar.

* Medidas e normas de seguridade e saúde laboral.

Control da posta en obra do formigón.

* Medida da consistencia. Cono de Abrams.

* Tolerancias e criterios de achanzadura.

* Probetas: tipos.

* Métodos, equipamentos e instrumentos para a obtención de probetas. Realización de ensaios in situ.

* Normas e criterios para marcar, conservar, almacenar e custodiar as probetas.

Equipamentos e ferramentas. Medios auxiliares e de seguridade.

* Tipos e características técnicas.

* Características funcionais e operativas.

* Manexo, mantemento e conservación das ferramentas empregadas no amasado, na vertedura, na compactación, no acabado e no curado.

* Elementos de protección e seguridade.

* Normas de seguridade e saúde laboral.

* Medios auxiliares e de seguridade.

* Sistemas de montaxe e desmontaxe.

* Métodos e operacións de conservación e mantemento.

Contidos actitudinais

* Ordenación racional das operacións de elaboración de encofrados, transporte e posta en obra do formigón.

* Preocupación polo óptimo aproveitamento dos materiais e pola reutilización daquel que cumpra as condicións requiridas.

* Sistematicidade na comprobación de resultados.

* Rapidez de execución e decisión na aplicación de medidas correctoras cando se detectan fallos ao comprobar os resultados.

* Rigor no replanteo e na interpretación das especificacións e dos planos.

* Interese pola aplicación de novas técnicas ou sistemas de construción e posta en obra do formigón.

* Observación da normativa legal de seguridade e saúde laboral.

* Utilización da ferramenta máis adecuada para cada traballo.

* Colaboración con outros oficios que interveñan no proceso.

3.2.5. Módulo profesional 5: prefabricados estruturais.

Asociado á unidade de competencia 5: construír elementos estruturais con prefabricados.

Capacidades terminais elementais

* Identificar as características técnicas e construtivas dos elementos estruturais prefabricados e das estruturas construídas con eses elementos, partindo da información técnica e dos planos construtivos.

* Identificar materiais, recursos, técnicas, procedementos, operacións e medios de seguridade e protección empregados para montar os elementos estruturais prefabricados, a partir da documentación técnica, da normativa de seguridade e saúde laboral, e dos procesos de execución das obras.

* Relacionar os traballos de posta na obra dos elementos prefabricados coas operacións que se realicen, a secuencia, as técnicas, as ferramentas, os equipamentos, os materiais e os medios auxiliares e de protección.

* Identificar os puntos críticos da posta en obra dos elementos estruturais prefabricados, a partir do proxecto de execución, do plan de organización da obra e de observacións visuais.

* Identificar as características técnicas, funcionais e operativas dos elementos de protección e seguridade, equipamentos e ferramentas, medios auxiliares e de seguridade empregados para a posta en obra de elementos prefabricados estruturais, a partir da información técnica.

* Establecer os recursos humanos e materiais, e os medios auxiliares e de seguridade nas obras con prefabricados estruturais, a partir da documentación do proxecto, do plan de organización e dos partes da obra.

* Replantear elementos prefabricados segundo as dimensións, a distribución e as xuntas especificadas, en condicións de seguridade, a partir dos planos de montaxe, o plan de organización e as especificacións do proxecto.

* Distribuír pezas e elementos prefabricados con precisión, en condicións de seguridade, estabilidade, integridade, apromado e nivelación, segundo as tarefas e tendo tamén en conta os ocos e elementos de absorción de esforzos, a partir dos planos de montaxe.

* Fixar e unir pezas e elementos prefabricados empregando as técnicas adecuadas, en condicións de seguridade, empregando materiais adecuados, apromando e nivelando o conxunto.

* Realizar debidamente as xuntas de construción, empregando as técnicas e os materiais adecuados, segundo as tipoloxías e convencións previstas establecidas na normativa e no proxecto de execución.

* Identificar e relacionar as distorsións aparecidas na posta en obra de prefabricados estruturais, determinar as súas causas e propor medidas correctoras.

* Montar e desmontar os medios auxiliares e de protección da posta na obra de prefabricados estruturais, en condicións de seguridade e saúde laboral.

* Manter as ferramentas, os útiles, as máquinas e os medios auxiliares en bo estado operativo, segundo as normas de uso e conservación.

Contidos (duración 130 horas)

Contidos procedementais

Organización da faena de posta en obra de elementos prefabricados estruturais.

* Interpretación do proxecto de execución.

* Interpretación do plan de seguridade.

* Identificación do material, os útiles, as ferramentas e as máquinas apropiadas.

* Determinación do método de execución máis idóneo atendendo ás características do traballo.

* Determinación dos postos de traballo.

* Distribución das tarefas ao equipo de traballo.

* Identificación dos elementos prefabricados estruturais.

* Identificación dos sistemas de ancoraxe e apoio dos elementos á estrutura.

* Identificación das tolerancias, distribución, tratamento e acabado das xuntas.

* Coordinación coa intervención doutros oficios e equipos.

* Determinación das operacións de fin de xornada.

Distribución dos elementos prefabricados.

* Organización da faena de obra.

* Determinación dos prefabricados necesarios.

* Replanteo da obra.

* Aplicación de medidas de seguridade e protección.

* Identificación de distorsións. Aplicación de medidas correctoras.

* Transporte dos prefabricados.

* Colocación dos elementos.

* Apromado e nivelación dos elementos.

* Coordinación das operacións.

* Comprobación das ancoraxes, os encaixes e as continuidades.

* Comprobación das especificacións dos planos de montaxe.

* Estabilización provisional dos elementos en caso necesario.

Unión e fixación dos prefabricados.

* Organización da faena de obra.

* Aplicación de medidas de seguridade.

* Comprobación dos puntais, andamios e elementos complementarios.

* Selección do material de fixación.

* Aplicación do material ao elemento de fixación ou de unión.

* Comprobación da rixidez, integridade e monolitismo do conxunto.

Tratamento das xuntas.

* Organización da faena.

* Elección do material para as xuntas.

* Enchido das xuntas.

* Acabado das xuntas.

* Comprobación da estanquidade.

Mantemento dos equipamentos e das ferramentas para construír elementos estruturais con prefabricados.

* Selección e análise da información técnica dos equipamentos e das ferramentas que se empregan.

* Selección e axuste dos equipamentos e das ferramentas.

* Determinación das medidas de seguridade e protección.

* Comprobación da funcionalidade e detección de disfuncións.

* Limpeza, lubricación, etc.

Montaxe dos medios auxiliares e de seguridade para pór en obra os prefabricados estruturais.

* Determinación do tipo de estadas e outros medios necesarios.

* Selección e preparación dos materiais e das ferramentas que cómpren.

* Determinación das medidas de seguridade.

* Identificación de unións, fixacións e encaixes.

* Secuencia das operacións de montaxe: unión, encaixe e fixación dos elementos.

* Desmontaxe, ordenación do material, mantemento, conservación e almacenaxe.

Contidos conceptuais

Prefabricados estruturais de formigón.

* Tipos de prefabricados.

* Materiais empregados: propiedades e aplicacións.

* Fases do proceso de fabricación.

* Control da calidade dos prefabricados.

* Disposicións construtivas dos diferentes elementos.

* Diferentes tipos de estruturas realizadas con prefabricados.

* Planos de montaxe.

Manipulación, transporte, almacenaxe, montaxe e fixación dos elementos prefabricados estruturais.

* Técnicas de manipulación e almacenaxe na fábrica e na obra.

* Maquinaria e técnicas empregadas no transporte.

* Disposicións máis idóneas e técnicas de almacenaxe no lugar da faena.

* Técnicas e métodos de replanteo dos prefabricados.

* Normativa e elementos de seguridade para empregar.

* Distorsións máis usuais e medidas correctoras para empregar.

* Traballos previos: encofrados, esteamentos e apontoamentos.

* Técnicas de encaixe, ancoraxe, enlazabilidade, estabilidade e monolitismo. Criterios para seguir.

* Materiais e técnicas empregadas na fixación dos prefabricados.

Acabados estruturais con prefabricados.

* Xuntas.

-Técnicas empregadas no seu tratamento.

-Materiais empregados.

-Criterios de estanquidade.

* Acabados superficiais: materiais e técnicas.

Maquinaria, ferramentas e equipamentos empregados na construción de elementos estruturais prefabricados.

* Diferentes tipos e características técnicas. Principais aplicacións.

* Instrucións fundamentais relativas ao seu uso, conservación e emprego.

* Normas de utilización e medidas de seguridade e saúde laboral.

Medios auxiliares e de seguridade empregados nos traballos de posta na obra dos prefabricados estruturais.

* Medios de protección individual: casco, botas, luvas e cintos.

* Medios de protección colectiva: escaleiras, redes e viseiras de protección.

* Utilización dos medios de protección individual e colectiva propios da posta en obra dos elementos estruturais prefabricados.

* Sistemas de montaxe e desmontaxe.

* Métodos e operacións de conservación e mantemento.

* Normas de seguridade e saúde laboral.

Contidos actitudinais

* Ordenación racional das operacións de fabricación e montaxe de prefabricados estruturais.

* Preocupación polo óptimo aproveitamento dos materiais e pola reutilización daqueles que cumpran as condicións requiridas.

* Sistematización na comprobación de resultados.

* Rapidez de execución e decisión na aplicación de medidas correctoras cando se detectan fallos ao comprobar os resultados.

* Rigor no replanteo e na interpretación das especificacións e dos planos.

* Interese pola aplicación de novas técnicas ou sistemas de construción e montaxe dos prefabricados estruturais.

* Observación da normativa legal de seguridade e saúde laboral.

* Utilización da ferramenta máis adecuada para cada traballo.

* Colaboración con outros oficios que interveñan no proceso.

3.2.6. Módulo profesional 6: conducións lineais sen presión.

Asociado á unidade de competencia 6: realizar conducións lineais sen presión.

Capacidades terminais elementais

* Analizar a documentación gráfica de uso común para a realización dos traballos de condución de fluídos sen presión e de canalizacións de protección de instalacións, fundamentalmente os planos xerais e os de detalles construtivos, a partir do proxecto de execución e dos planos de obra.

* Identificar as rasantes e os diámetros e as dimensións dos tubos, as arquetas, os pozos, as cámaras e os desniveis de entrada e saída, segundo as prescricións do proxecto.

* Interpretar a normativa de uso obrigatorio e optativo.

* Identificar os puntos críticos na realización de traballos de conducións lineais sen presión e de canalizacións de protección de instalacións que inflúen no desenvolvemento da obra.

* Relacionar as construcións de conducións lineais sen presión coas súas aplicacións principais, a partir da documentación gráfica do proxecto.

* Analizar os traballos relacionados coa construción de obras de condución de fluídos sen presión e de canalizacións de protección de instalacións, e describir os métodos de traballo máis axeitados e as medidas de seguridade.

* Establecer as ordes de execución de traballos de conducións lineais sen presión e de canalizacións de protección de instalacións, canto á participación de recursos humanos e materiais, a partir da documentación do proxecto e dos comunicados de obra.

* Seleccionar o método de execución máis axeitado para os traballos de conducións lineais sen presión e de canalizacións de protección de instalacións, canto á orde e á secuencia de traballo, tendo en conta as características do traballo, o tempo dispoñible e as medidas de seguridade.

* Seleccionar as máquinas, os métodos e os medios de seguridade e protección que cómpren para acometer os traballos, en función do traballo que se realice e do plan de seguridade.

* Relacionar as propiedades químicas, físicas e mecánicas dos materiais máis utilizados nos traballos de conducións lineais sen presión e de canalizacións de protección de instalacións.

* Preparar os materiais máis usuais nos traballos de conducións lineais sen presión e de canalizacións de protección de instalacións, en función do seu uso.

* Preparar as mesturas de formigóns, masas e pastas, en función da dosificación, a homoxeneidade, a consistencia e os aditivos previstos para cada unha.

* Planificar as existencias e colocación do material no lugar da faena da obra e no almacén, segundo o tempo e o momento de utilización.

* Analizar e aplicar os útiles, as máquinas, as ferramentas e os medios auxiliares empregados nos traballos de conducións lineais sen presión e de canalizacións de protección de instalacións.

* Manter as ferramentas, os utensilios, as máquinas e os medios auxiliares en estado operativo, observando as indicacións dos manuais de uso e conservación.

* Describir, elixir e instalar os medios auxiliares e de seguridade que cómpren para a realización dos traballos de conducións lineais sen presión e de canalizacións de protección de instalacións.

* Replantear e nivelar os elementos que integran as canalizacións, segundo os planos do proxecto.

* Construír canalizacións sen presión para paso de fluídos ou como condución protectora de instalacións, coa calidade especificada no proxecto.

* Unir tubos e construír cámaras que garantan a estanquidade prevista no proxecto, deixando expedita a canalización e asegurando os elementos de soporte, en función das normas de boa construción.

* Detectar as obturacións, a acumulación de graxa, barros, elementos deteriorados e posibles defectos, visibles ou ocultos, que se poidan producir dentro das conducións sen presión.

* Identificar as posibles causas que orixinan os defectos nas conducións sen presión.

* Limpar e reparar as redes de condución sen presión e cambiar os elementos necesarios para a súa conservación.

* Verificar o funcionamento das redes de condución sen presión e das cámaras e os pozos de rexistro.

* Coordinarse con outros oficios que interveñan nos traballos de conducións lineais sen presión e de canalizacións de protección de instalacións, axustando o traballo en tempo e forma.

Contidos (duración 130 horas)

Contidos procedementais

Materiais.

* Comprobación da recepción de materiais: calidades e cantidades.

* Disposición dos materiais no almacén e no lugar da faena.

* Tratamento, conservación e protección dos materiais dentro do recinto de obra.

Preparación de mesturas de masas e formigóns.

* Identificación dos tipos de mesturas para preparar.

* Determinación dos materiais necesarios. Aprovisionamento.

* Interpretación da normativa aplicable.

* Disposición de ferramentas e maquinaria para utilizar nas mesturas.

* Dosificación e temporalización da elaboración das mesturas, segundo o tipo de aplicación.

* Comprobación da homoxeneidade e consistencia da mestura.

* Previsión do ritmo, cantidade e frecuencia das amasadas.

Ferramentas e maquinaria.

* Selección e análise da información técnica.

* Selección e axuste das ferramentas e máquinas.

* Determinación das medidas de seguridade e protección para aplicar.

* Utilización de máquinas e ferramentas.

* Inspección visual, revisión, detección de disfuncións, limpeza e lubricación.

Medios auxiliares e de seguridade.

* Colocación de valados protectores.

* Colocación de apontoamentos e esteamentos.

Construción de canalizacións.

* Selección e interpretación da normativa de uso obrigatorio e optativo.

* Aprovisionamento dos materiais no lugar da faena.

* Replanteo e nivelación dos diferentes elementos da rede.

* Demolición de lousas e pavimentos.

* Apertura de gabias.

* Preparación de soleiras de asento de conducións.

* Colocación de conducións verticais e horizontais.

Fixacións e conexións de baixantes e tubos.

* Construción de arquetas, cámaras, pozos e fosas sépticas.

* Colocación de illantes e impermeabilizantes.

* Colocación de tapas e rexistros.

* Construción de obras de remate e outros elementos adicionais.

* Limpeza e reparación da rede de condución e dos distintos elementos que a compoñen.

* Comprobacións.

* Recheo e compactación.

* Reposición de lousas e pavimentos.

Contidos conceptuais

Materiais.

* Propiedades físicas, químicas e mecánicas dos materiais e produtos intermedios máis usuais e as súas aplicacións en construcións de conducións lineais: materiais cerámicos, fibrocemento, plásticos, metais, etc.

* Materiais empregados para conducións lineais sen presión, segundo o seu uso: tubos porosos e non porosos, ladrillos, bloques de formigón, tapas de fundición e formigón, rexistros, depósitos prefabricados e outros elementos complementarios.

* Masas e formigóns:

-Compoñentes, dosificación e consistencia para cada aplicación.

-Normativa que cómpre respectar.

Gabias.

* Replanteo e nivelación das gabias.

* Apertura de gabias.

-Demolicións de lousas e lousados.

-Tipos de terreos.

-Maquinaria para empregar.

-Secuenciación de tarefas.

* Apontoamentos e esteamentos.

-Normativa de seguridade para aplicar.

-Tipos de apontoamentos.

* Modos de recheo e compactación das gabias.

* Modos de reposición do acabado superficial.

Construción das canalizacións.

* Tipoloxía de gabias.

* Disposicións construtivas.

* Soleiras.

* Colocación de tubos: horizontais e verticais.

* Fixacións e conexións.

* Distancias entre as distintas redes.

* Colocación de sinais.

* Illantes e impermeabilizantes.

* Detalles construtivos de pozos e arquetas, cámaras e fosas sépticas.

Características das distintas redes.

* Saneamento.

-Esquemas de evacuación.

-Elementos da rede.

-Disposicións construtivas. Unións.

-Normativa de uso obrigatorio e optativo.

-Reparacións.

* Rede de sumidoiros.

-Augas pluviais e residuais, domésticas e industriais.

-Sistemas unitario e separativo.

-Elementos da rede.

-Disposicións construtivas. Unións.

-Tratamento das augas: fosas sépticas, depuradoras, etc.

-Normativa de uso obrigatorio e optativo.

-Reparacións.

* Canalizacións para abastecemento de fluídos sen presión.

-Tipos de redes de abastecemento.

-Conducións e elementos singulares.

-Unións e disposicións construtivas.

-Normativa de uso obrigatorio e optativo.

-Reparacións.

* Canalizacións de protección de instalacións.

-Electricidade.

-Conducións e elementos singulares.

-Arquetas de toma de terra.

-Conexións.

-Estacións transformadoras.

-Auga potable.

-Conducións e elementos singulares.

-Reforzos.

-Válvulas.

-Derivacións.

-Hidrantes de incendios.

-Gas.

-Conducións e elementos singulares.

-Telefonía e comunicacións.

-Conducións e elementos singulares.

-Galerías de servizo.

-Outras instalacións: industriais, hospitalarias, etc.

-Unións e disposicións construtivas.

-Normativa de uso obrigatorio e optativo.

-Reparacións.

Ferramentas, máquinas e medios auxiliares.

* Instalacións e medios auxiliares.

* Máquinas e equipos de posta en obra.

* Ferramentas persoais.

* Aparellos e utensilios de seguridade na obra.

* Normas de uso e de seguridade.

* Normas de mantemento e conservación.

Contidos actitudinais

* Interese pola organización persoal da secuencia de operacións que se realicen, tratando de rendibilizar ao máximo a relación entre calidade e tempo empregado.

* Hábito de ordenación do posto de traballo, dispondo as ferramentas, os utensilios, os instrumentos e o material que se vaia utilizar, sempre no lugar máis cómodo para ser empregado.

* Pulcritude no acabado dos traballos cunha verificación visual sistemática dos resultados finais.

* Preocupación pola conservación das ferramentas, os utensilios e os instrumentos, realizando o mantemento máis usual, a limpeza, e o engraxe.

* Valoración do uso correcto de cada ferramenta e utensilio, segundo a operación que se vaia realizar.

* Preocupación por manter sempre a debida sinalización e protección das obras, sobre todo nos lugares frecuentados por persoas alleas á obra.

* Costume de realización das tarefas conforme as normas legais e as recomendacións de seguridade.

* Hábito de recollida de produtos de refugo no contedor destinado a cada cousa para recibir o tratamento que lle corresponda.

3.2.7. Módulo profesional 7: seguridade na construción.

Asociado á unidade de competencia 7: comprobar os medios de seguridade previstos no plan.

Capacidades terminais elementais

* Analizar os riscos máis comúns do sector da construción, os métodos de prevención e protección e as medidas de seguridade que se deben tomar, en función da normativa e dos plans de seguridade e hixiene.

* Relacionar os riscos do sector cos medios e as medidas de prevención correspondentes, como pezas de protección individual, instalacións provisionais, almacéns e talleres de obra, medios auxiliares de seguridade, maquinaria, faenas de obra, etc.

* Determinar os recursos materiais, individuais e colectivos necesarios, a partir da documentación técnica e gráfica do plan de seguridade da obra.

* Describir situacións de risco e perigo no desenvolvemento dos traballos, e relacionalos coas medidas de seguridade e medios de protección axeitados, tanto individuais como colectivos.

* Preparar as ferramentas, os equipamentos, os materiais e os medios auxiliares, coas medidas de seguridade necesarias.

* Describir os modos de comprobar a seguridade das instalacións provisionais, dos almacéns, dos talleres e postos de traballo, dos medios auxiliares e da maquinaria, a partir de inspeccións e observacións visuais, tendo en conta o plan de seguridade da obra.

* Describir o modo de executar accións de emerxencia, de evacuación e contra incendios en diversos supostos prácticos, en función dos plans de seguridade previamente definidos.

* Determinar os sinais necesarios e a súa situación física nos lugares de faena na obra, en función das zonas de risco, do risco específico e da simboloxía normalizada.

Contidos (duración 110 horas)

Contidos procedementais

Análise de riscos nunha obra.

* Situacións concretas de risco que se poden dar na obra analizada.

* Determinación de elementos implicados neses riscos.

* Medición dos riscos e valoración da súa incidencia.

* Selección da normativa aplicable neses casos concretos.

* Proposta de actuacións de prevención e protección.

Medios e equipamentos de protección e seguridade.

* Selección, segundo o risco, de equipamentos de protección individual, medios auxiliares, maquinaria e instalacións.

* Modo de utilización dos equipamentos e dos medios.

* Comprobación dos distintos medios e equipos de seguridade.

Situacións de emerxencia.

* Identificación do risco e do alcance da emerxencia.

* Determinación das prioridades das accións que se realicen.

* Determinación dos obxectivos que se perseguen.

* Determinación dos recursos humanos e materiais dispoñibles.

* Asignación de funcións.

* Execución dos traballos encomendados no plan.

* Seguimento dos traballos.

* Valoración do grao de eficacia da acción levada a cabo.

* Realización de prácticas de primeiros auxilios.

Extinción de incendios.

* Identificación do tipo de lume e do seu alcance.

* Selección dos equipos de extinción e das medidas de protección persoal.

* Determinación das medidas de evacuación e de seguridade.

* Extinción.

Contidos conceptuais

Plans e normas de seguridade e hixiene.

* Normativa de seguridade e hixiene do sector da construción.

* Normativa de limpeza e orde no posto de traballo.

* Normativa sobre hixiene persoal.

* Plan de seguridade na obra.

* A organización dos traballadores en situacións de emerxencia. Responsabilidades.

* A almacenaxe de produtos perigosos.

Factores e situacións de risco.

* Tipos de riscos más frecuentes no sector da construción.

-Caídas e traumatismos.

-Aparellos mecánicos ou eléctricos.

-Derrubamentos e afundimentos.

-A manipulación de produtos químicos ou explosivos.

* Axentes xeradores de riscos.

* Os incendios.

-Teoría do lume. Triángulo do lume.

-Tipos de lume.

-Métodos de detección.

-Medios de prevención.

* Mapa de riscos.

Sistemas e normas de protección.

* Persoal: casco, cinto, luvas e lentes.

* De maquinaria:

-De movemento de terras.

-De elevación.

-De tratamento de áridos.

-De fabricación e posta en obra do formigón.

-De perforación e cimentación marítima e fluvial.

* Medios auxiliares: estadas, cabaletes, plataformas, escaleiras, etc.

* Instalacións complementarias: vestiarios, comedores, aseos.

* Talleres de obra: mecánicos, eléctricos, de soldadura e de carpintaría.

* Sistemas de ventilación e evacuación de residuos.

Situacións de emerxencia.

* A extinción de incendios.

* A evacuación.

* Os primeiros auxilios.

* O traslado de accidentados.

Accidentes de traballo.

* Tipos máis comúns: caídas, afundimentos, descargas eléctricas, queimaduras, inhalacións asfixiantes, explosións, etc.

* Notificación e rexistro do accidente.

* Métodos de investigación de accidentes.

* Índice de accidentes.

Contidos actitudinais

* Preocupación pola observación das normas de seguridade, e aplicación das normas de prevención e protección sinaladas.

* Valoración da iniciativa e rapidez na toma de decisións nas actuacións que cumpra realizar en caso de accidente.

* Responsabilidade e autosuficiencia no desenvolvemento das funcións asignadas en caso de emerxencia.

* Interese pola colaboración cos compañeiros nas actuacións en casos de emerxencia.

3.2.8. Módulo profesional 8: administración, xestión e comercialización na pequena empresa.

Asociado á unidade de competencia 8: realizar a administración, xestión e comercialización nunha pequena empresa ou taller.

Capacidades terminais elementais

* Analizar as diferentes formas xurídicas vixentes de constitución dunha empresa.

* Identificar a forma xurídica máis idónea segundo os obxectivos, os recursos dispoñibles e as características da actividade económica da empresa.

* Determinar a localización física, o ámbito de actuación, a demanda potencial, a estrutura organizativa e a rendibilidade do proxecto empresarial, segundo o estudo de mercado existente, así como as normas urbanísticas e ambientais que regulan a actividade.

* Identificar os trámites administrativos e os requisitos formais que se exixen para a constitución dunha empresa, segundo a forma xurídica.

* Identificar as fontes de financiamento propias e alleas, así como as subvencións e as axudas ofrecidas polas diferentes administracións públicas.

* Determinar as necesidades de formación do persoal e as formas de contratación máis adecuadas segundo as características da empresa e o tipo de actividade.

* Formalizar a documentación necesaria para a constitución dunha empresa e a documentación básica para o desenvolvemento da súa actividade económica.

* Definir as obrigas mercantís, fiscais e laborais exixidas a unha empresa no desenvolvemento da súa actividade.

* Identificar os impostos indirectos, os directos e os municipais que afectan a unha empresa.

* Aplicar as técnicas básicas da negociación con clientes e provedores.

* Identificar as ofertas de produtos ou servizos máis vantaxosas con relación ao prezo de mercado, o prazo de entrega, a calidade, o transporte, o desconto, o volume de pedido, as condicións de pagamento, a garantía e a atención posvenda.

* Describir as formas máis habituais de promoción de vendas en función do tipo de produto ou servizo.

* Elaborar un proxecto de creación dunha pequena empresa que inclúa os obxectivos, a organización, a localización, os plans de investimento, de financiamento e comercialización, e a rendibilidade do proxecto.

Contidos (duración 80 horas)

Contidos procedementais

* Identificación dos distintos tipos de empresas.

* Descrición dos requisitos legais mínimos exixidos para a constitución da empresa, segundo a súa forma xurídica.

* Selección da forma xurídica máis adecuada para unha empresa, explicando vantaxes e inconvenientes, a partir duns datos supostos sobre capital dispoñible, riscos que se van asumir, tamaño da empresa e número de socios.

* Identificación dos requisitos necesarios para a constitución dunha empresa: obrigas formais, trámites administrativos, documentación legal e organismos con competencia.

* Comparación e clasificación das diferentes fontes de financiamento da empresa.

* Determinación das características básicas dos distintos tipos de contratos laborais, establecendo as súas diferenzas respecto á duración do contrato, ao tipo de xornada, ás subvencións e ás exencións.

* A partir duns datos concretos, formalización dos seguintes documentos e explicación da finalidade de cada un deles: factura, albará, nota de pedido, letra de cambio, cheque e recibo.

* Interpretación dos diferentes documentos contables.

* Determinación da oferta máis vantaxosa de produtos ou servizos existentes no mercado, en función do prezo, o prazo de entrega, a calidade, o transporte, o desconto, o volume de pedido, as condicións de pagamento, a garantía e a atención posvenda.

* Descrición dos medios máis habituais de promoción de vendas en función do tipo de produto ou servizo.

* Recoñecemento das diferentes técnicas de vendas.

* Formalización da folla de salario e de liquidación da Seguridade Social.

* Identificación dos distintos impostos que afectan á empresa.

* Definición dun proxecto de creación dunha empresa.

-Descrición dos obxectivos empresariais.

-Estudo económico do mercado.

-Selección da forma xurídica.

-Determinación das xestións de constitución.

-Xustificación da localización.

-Definición da organización e dos recursos económicos, financeiros e humanos.

-Valoración da viabilidade.

Contidos conceptuais

A empresa e o seu contorno.

* Estrutura básica da empresa e as súas distintas formas de organización.

* Proceso de creación dunha empresa: localización e dimensión legal.

Formas xurídicas das empresas.

* Forma xurídica da empresa: empresario individual, sociedades mercantís e cooperativas.

Xestión de constitución dunha empresa.

* Financiamento da empresa: financiamento con fondos propios, financiamento con recursos alleos e subvencións. Custo da empresa.

Xestión do persoal.

* Tipos de contratos laborais.

* Réxime de autónomos.

* Retribución salarial.

* Cotizacións á Seguridade Social.

Xestión administrativa.

* Documentación mercantil: pedido, albará, factura, recibo, cheque e letra de cambio.

* Libros contables e contas anuais.

* Cálculo do custo, beneficio e prezo de venda.

Xestión comercial.

* Produto ou servizo: características e requisitos.

* Función de compras: prezo, prazo e forma de entrega.

* Función de vendas: técnicas de vendas, política de prezos, bonificacións e descontos.

* Distribución do produto: canles e modalidades.

* Comunicación: publicidade e promoción de vendas, atención ao cliente e servizos posvenda.

Obrigas fiscais.

* Calendario fiscal.

* Principais impostos que afectan a actividade empresarial: directos, indirectos e municipais.

* Liquidación do IVE.

* Liquidación do IRPF.

Contidos actitudinais

* Valoración e cumprimento das normas legais nos procesos de constitución e xestión da empresa.

* Argumentación sobre o tipo de empresa, os recursos humanos, as fontes de financiamento, os investimentos e a estrutura organizativa e funcional.

* Rigor na formalización dos documentos relacionados coa actividade empresarial.

* Autosuficiencia na procura e no tratamento da información para a creación do proxecto empresarial.

* Cordialidade no trato coas persoas que se relacionan coa empresa.

* Interese polos novos métodos de traballo que se propoñen na xestión dunha empresa.

* Valoración da mentalidade emprendedora e creativa na empresa.

* Achega de solucións adecuadas na procura das formas de actuación e de organización das tarefas, así como nas accións relacionadas co proxecto de creación dunha empresa.

* Motivación no establecemento do plan de promoción da empresa e do produto ou servizo.

3.3. Módulos profesionais transversais.

3.3.1. Módulo de formación en centros de traballo.

Duración: 380 horas.

Capacidades terminais

elementais

Actividades formativas de referencia

1.Analizar plans de traballo diario para comprobar o rendemento obtido, e distribuír adecuadamente os recursos humanos e materiais.* Propor os equipos humanos e materiais necesarios.

* Planificar os traballos a curto prazo: puntos de parada e de inspección obrigatoria, tempo de fraguado, elaboración de xuntas, etc.

* Calcular o rendemento diario dos recursos e materiais na faena de obra.
* Distribuír os recursos segundo o rendemento esperado.
* Medir e valorar a cantidade de obra executada.
* Prever a subministración e o abastecemento de materiais.
* Materializar os replanteos coa precisión requirida, axustándose ás medidas do plano e marcando as indicacións gráficas de forma clara, lexible e estable.
* Identificar a normativa vixente canto a controis de seguridade e de calidade da obra, e prever os medios e os recursos necesarios para os poder levar a cabo.
* Supervisar as operacións de principio e fin de xornada, e recompilar os partes de incidencias para a tramitación e solicitude dos materiais, os equipamentos e as reposicións.

2.Preparar a zona de traballo para que este se poida desenvolver libremente e sen riscos.* Sinalar a área de traballo e todas as instalacións existentes.

* Estabilizar, apontoar e asegurar os terreos ou as construcións estremeiros.

* Dispor as medidas de protección colectiva, segundo o plan de seguridade da obra.
* Situar a zona de abastecemento de materiais no lugar da faena, de forma segura e estable.
* Montar estadas, plataformas, escaleiras ou elevadores.
* Iluminar e ventilar o lugar de faena da obra.

3.Executar nas faenas reais as operacións precisas para a construción de unidades de obra de formigón armado, prefabricados estruturais e conducións lineais sen presión.* Construír, colocar e desmontar encofrados, apontoamentos e esteamentos.-Fixar e unir os elementos, ou encaixar os elementos prefabricados que constitúen o encofrado.-Comprobar as súas medidas e o seu emprazamento, estealos e comprobar a estanquidade, a rixidez e a integridade dos encofrados.
-Encaixar, achumbar e asegurar os elementos dos apontoamentos.

Capacidades terminais

elementais

Actividades formativas de referencia

-Comprobar o número de apontoamentos, a sección, a distribución, a estabilidade, a rixidez e a transmisión de cargas.
-Determinar cando e como se debe realizar un esteamento.
-Encaixar e colocar os seus elementos e comprobar a estabilidade do conxunto.
-Determinar as datas e os métodos para proceder ao desencofrado, desapontoamento ou desesteamento, e propor as medidas de seguridade previas.
-Desencaixar, retirar, limpar e almacenar convenientemente os compoñentes dos encofrados, apontoamentos e esteamentos.
* Construír e colocar armaduras.
-Cortar, dobrar e atar convenientemente as barras.
-Comprobar a firmeza da armadura montada.
-Comprobar a colocación e as condicións de limpeza e de oxidación da armadura.
-Colocar a armadura no molde, cos correspondentes separadores e accesorios.
* Elaborar, transportar e verter o formigón no seu molde.
-Amasar o formigón segundo as dosificacións e as normas establecidas.
-Comprobar o seu grao de consistencia, homoxeneidade e distorsión.
-Realizar as operacións de transporte do formigón desde o lugar de elaboración ata o lugar de vertedura, cos medios auxiliares que estean establecidos na obra.
-Realizar as operacións de vertedura e compactación do formigón.
-Realizar as xuntas necesarias.
-Realizar os ensaios de consistencia e de tamaño de árido.
-Realizar a toma de mostras para outros ensaios. Marcar e almacenar as probetas.
-Realizar operacións de curado e acabado das superficies.
* Construír e ensamblar elementos prefabricados de formigón.
-Construír as pezas a partir do encofrado en que se verte o formigón sobre as correspondentes armaduras, de acordo cos tres puntos anteriores.
-Replantear os elementos para colocar en obra, sinalando ocos e cortes.
-Colocar os elementos prefabricados, unindo as pezas e fixándoas á estrutura.
-Comprobar o encaixe das pezas, a súa rixidez e o seu monolitismo.
* Construír conducións lineais sen presión.-Replantear as conducións e as cámaras de rexistro.
-Limpar e estabilizar as superficies.
-Sinalar a rasante das conducións entre pozos.
-Realizar a unión entre os tubos, o reforzo e os recheos, segundo as especificacións.
-Construír as cámaras segundo as dimensións e especificacións.
-Encaixar as cámaras aos tubos co grao de estanquidade requirida.
-Rasar as tapas e as reixas co nivel do pavimento.
-Realizar a limpeza e retirada de graxas e lodos.

4.Manipular equipamentos e operar con mandos e controis para o tensado das armaduras.* Seleccionar as ferramentas, os materiais e os medios para manipular as armaduras, para as operacións de tensado.

* Relacionar os parámetros de control (colocación da armadura, calibración, rexistro de tensións, e alongamentos e tempos de espera) coas especificacións técnicas.

* Apreciar o estado de operatividade do equipamento, segundo o manual de mantemento.
* Realizar as operacións de tensado das armaduras.

5.Realizar operacións de montaxe e desmontaxe no lugar do traballo de obra e en altura, de medios auxiliares e de seguridade, e comprobar a súa correcta utilización.* Aplicar as normas de seguridade establecidas no plan de seguridade da obra.

* Usar a roupa e os equipamentos de protección individual necesarias para estas operacións.

* Realizar a montaxe e a desmontaxe dos medios auxiliares e de seguridade empregados nas instalacións provisionais e nos almacéns e talleres de obra, así como nas diferentes faenas en que se realicen obras de formigón (cimentacións, estruturas, conducións lineais, consolidacións, etc.); comprobar a súa correcta utilización e elaborar os informes oportunos.

* Comprobar a estabilidade, a integridade, a seguridade, a homologación e o cumprimento da normativa e do plan de seguridade, das proteccións colectivas e dos medios de seguridade.
* Sinalizar adecuadamente a zona de actuación da maquinaria.

Capacidades terminais

elementais

Actividades formativas de referencia

6.Comportarse en todo momento de xeito responsable na empresa.* Interpretar e executar con dilixencia as instrucións que recibe e responsabilizarse do traballo que desenvolve, comunicándose eficazmente coa persoa adecuada en cada momento.
* Amosar en todo momento unha actitude de respecto aos procedementos e ás normas internas da empresa.
* Cumprir os requisitos das normas de boa práctica na construción, amosando un bo facer profesional, cumprindo as tarefas en orde de prioridade e finalizando o seu traballo nun tempo límite razoable.
* Traballar en equipo cando sexa necesario, responsabilizándose, cooperando, respectando e valorando o traballo dos demais.
* Adoptar unha actitude participativa, de interese por aprender, e amosando iniciativa en relación coas tarefas encomendadas.
* Adaptarse ás características organizativas e ás diferentes situacións propias dunha obra.
* Actuar con responsabilidade no contorno produtivo da obra, tendo en conta a normativa legal e as condicións de seguridade.
* Detectar anomalías ou desviacións no contorno da actividade asignada, identificar as causas e propor posibles solucións.
* Interpretar e expresar a información coa terminoloxía ou a simboloxía e os medios propios do traballo.

3.3.2. Módulo profesional de relacións no equipo de traballo.

Capacidades terminais elementais

* Describir diferentes vías e sentidos da comunicación no ámbito laboral que permitan recibir e transmitir instrucións e información.

* Utilizar de maneira eficaz as técnicas de comunicación orais e escritas.

* Analizar as relacións humanas en xeral e as relacións humanas no ámbito laboral ou relacións laborais en particular.

Describir, no marco dun tipo concreto de organización laboral, as normas de funcionamento (tanto colectivas como individuais dun equipo de persoas para conseguir a participación activa de todos os seus membros.

* Analizar os conflitos e resolver, no ámbito das súas competencias, problemas que se orixinan no contorno dun grupo de traballo.

* Integrarse nun equipo de traballo unificando e coordinando as necesidades do grupo nuns obxectivos, unhas políticas e/ou unhas directrices predeterminadas.

* Participar e/ou moderar reunións, colaborando activamente ou conseguindo a colaboración dos participantes.

* Impulsar o proceso de motivación e analizar a súa influencia no clima laboral.

Contidos (duración 55 horas)

Contidos procedementais

Comunicación na empresa.

* Elaboración de documentos a partir de datos concretos.

* Utilización das diferentes xeitos e tipos de envío de información e documentación.

* Descrición das fases que compoñen unha entrevista persoal con fins publicitarios.

* Identificación das alteracións producidas na comunicación dunha mensaxe na que existe disparidade entre o emitido e o percibido.

Negociación e solución de problemas.

* Identificación dos problemas, os factores e as causas que xeran un conflito.

* Discriminación entre datos e opinións.

* Distinción de diferentes posturas e intereses que poden existir entre os traballadores e a dirección dunha organización.

* Presentación clara e ordenada do proceso seguido e dos resultados obtidos na resolución dun problema.

Equipos de traballo.

* Procura e análise de información referida á formación e ao funcionamento de grupos.

* Identificación das pautas de conduta que deben adoptar os participantes dun grupo de traballo.

* Exposición das ideas propias de xeito claro e conciso.

* Aplicación das técnicas para a dinamización de grupos.

* Descrición da tipoloxía de participantes dunha reunión.

* Simulación do desenvolvemento dunha reunión de traballo sobre un problema laboral.

Motivación no contorno laboral.

* Análise da actitude humana ante o traballo.

* Detección do proceso de motivación tomando exemplos da realidade.

* Identificación das diferenzas entre as principais teorías sobre a motivación.

* Diferenciación entre os factores que contribúen á creación dun clima laboral positivo e os que xerarían un clima laboral negativo.

Contidos conceptuais

Comunicación na empresa.

* Tipos de comunicación.

* Técnicas de comunicación.

* Comunicación oral e escrita de instrucións.

* Mensaxe publicitaria.

* Comunicación como xeradora de comportamentos.

* Dificultades e barreiras na comunicación.

Negociación e solución de problemas.

* Concepto e elementos dunha negociación.

* Tácticas negociadoras.

* Proceso de resolución de problemas.

* Aplicación dos métodos máis usuais para a resolución de problemas e a toma de decisións en grupo.

Relacións humanas.

* Relacións humanas: personalidade, actitudes, prexuízos e solidariedade.

* Relacións laborais: teoría de Taylor, Ford e Mayo.

* Relacións humanas na empresa.

Equipos de traballo.

* Características dos grupos formais e informais.

* Tipos de grupos e de metodoloxías do traballo en grupo.

* Papeis dos comportamentos.

* Técnicas de dinamización e dirección de grupos.

* Reunión como traballo en grupo. Tipos de reunións.

Motivación no contorno laboral.

* Concepto de motivación.

* Principais teorías da motivación.

* Clima laboral.

* O clima laboral e a súa influencia na produtividade da empresa.

Contidos actitudinais

Comunicación na empresa.

* Interese pola práctica da comunicación efectiva.

* Coidado na elaboración e na transmisión de mensaxes para facilitar a súa comprensión.

* Capacidade para escoitar.

* Hábito de falar en público.

* Reacción de forma creativa ante as barreiras comunicativas.

Negociación e solución de problemas.

* Imparcialidade á hora de escoitar cada unha das partes.

* Apreciación do poder de influencia.

* Comportamento responsable e coherente.

* Predisposición responsable para aceptar a toma de decisión que o grupo considere como máis idónea.

* Valoración crítica das técnicas que se utilizan na resolución de problemas.

Equipos de traballo.

* Recoñecemento das vantaxes do traballo en grupo fronte ao individual.

* Actitude de adaptación e integración nun equipo de traballo colaborando, dirixindo ou cumprindo as ordes segundo os casos.

* Respecto polas persoas e a súa liberdade individual dentro dun grupo social.

* Fomento do uso de reunións participativas.

Motivación no contorno laboral.

* Recoñecemento da influencia da motivación no desenvolvemento profesional.

* Interese pola problemática que pode suscitar a falta de motivación e de interese no traballo.

* Responsabilidade ante os prexuízos existentes acerca das actividades humanas no mundo laboral.

* Sensibilización ante a necesidade da utilizar sistemas creativos e humanos no contorno de traballo.

3.4. Módulo profesional de formación e orientación laboral.

Capacidades terminais elementais

* Analizar as situacións de risco máis habituais no ámbito laboral que poidan afectar a saúde.

* Aplicar, no ámbito laboral, as medidas de protección e prevención que correspondan ás situacións de risco existentes.

* Analizar as actuacións para seguir no caso de accidentes de traballo.

* Aplicar as medidas sanitarias básicas inmediatas no lugar do accidente en situacións simuladas.

* Analizar os xeitos e os procedementos de inserción na realidade laboral como traballador por conta propia ou por conta allea.

* Analizar as propias capacidades e intereses así como os itinerarios profesionais máis idóneos.

* Identificar o proceso para unha boa orientación e integración do traballador na empresa.

* Identificar as ofertas de traballo no sector produtivo referido aos seus intereses.

* Analizar os dereitos e as obrigas que se derivan das relacións laborais.

* Describir o sistema de protección social.

* Analizar a evolución socioeconómica do sector produtivo na Comunidade Autónoma de Galicia.

Contidos (duración 55 horas)

Contidos procedementais

Saúde laboral.

* Localización da normativa aplicable en materia de seguridade tanto para a empresa como para os traballadores.

* Aplicación das medidas sanitarias básicas inmediatas no lugar do accidente nunha situación simulada.

* Identificación dos factores de risco nun contexto concreto.

* Determinación dos xeitos de actuación ante os riscos atopados.

* Identificación de anomalías nas máquinas e nas ferramentas do taller.

* Determinación dos equipamentos de protección individual.

Lexislación e relacións laborais.

* Identificación das distintas modalidades de contratación.

* Identificación dos dereitos e as obrigas dos empresarios e dos traballadores.

* Interpretación dun convenio colectivo, relacionándoo coas normas do Estatuto dos traballadores.

* Elaboración dunha folla de salario.

* Aplicación da normativa da Seguridade Social en cada caso concreto.

Orientación e inserción sociolaboral.

* Elaboración do currículum vitae e actividades complementarias deste.

* Identificación e definición de actividades profesionais.

* Localización de institucións formativas, así como investigación e temporalización dos seus plans de estudos.

O sector produtivo en Galicia.

* Análise dunha empresa do sector.

* Comparación e clasificación das distintas empresas do sector.

* Lectura e análise dun convenio colectivo do sector.

Contidos conceptuais

Saúde laboral.

* Condicións de traballo e seguridade.

* Factores de risco: físicos, químicos, biolóxicos e organizativos.

* Danos profesionais.

* Medidas de prevención e protección.

* Marco legal de prevención laboral.

* Notificación e investigación de accidentes.

* Estatística para a seguridade.

* Primeiros auxilios.

Lexislación e relacións laborais.

* Dereito laboral autonómico, estatal e comunitario.

* Contrato de traballo.

* Modalidades de contratación.

* Modificación, suspensión e extinción da relación laboral.

* Órganos de representación dos traballadores.

* Convenios colectivos

* Conflitos colectivos.

* Seguridade Social e outras prestacións.

Orientación e inserción sociolaboral.

* Mercado de traballo.

* Autoorientación profesional.

* Proceso de procura de emprego. Fontes de información e emprego.

* Traballo asalariado, na Administración e por conta propia. A empresa social.

* Análise e avaliación do propio potencial profesional e dos intereses persoais.

* Itinerarios formativos e profesionalizadores.

O sector produtivo na Comunidade Autónoma de Galicia.

* Tipoloxía e funcionamento das empresas.

* Evolución socioeconómica do sector.

* Situación e tendencia do mercado de traballo.

Contidos actitudinais

* Respecto pola saúde persoal e colectiva.

* Interese polas condicións de saúde no traballo.

* Valoración do medio como patrimonio común.

* Interese por coñecer e respectar as disposicións legais polas que se rexen os contratos laborais.

* Valoración da necesidade do cumprimento da normativa laboral.

* Igualdade ante as diferenzas socioculturais e trato non discriminatorio en todos os aspectos inherentes á relación laboral.

* Toma de conciencia dos valores persoais.

* Actitude emprendedora e creativa para adaptarse ás propias necesidades e aspiracións.

* Preocupación polo mantemento da ética profesional.

4. Ordenación académica e impartición.

4.1. Profesorado.

4.1.1. Especialidades do profesorado con atribución docente nos módulos profesionais do ciclo formativo de obras de formigón.

Módulo profesionalEspecialidade

do profesorado

Corpo

1Organización dos traballos de obras de formigón.Construcións civís e edificación.Profesorado de ensino secundario.

2Encofrados e esteados.(*)Construcións civís e edificación. Profesorado de ensino secundario.

3Armaduras.(*)Construcións civís e edificación.Profesorado de ensino secundario.

4Formigón.(*)Construcións civís e edificación.Profesorado de ensino secundario.

Módulo profesionalEspecialidade

do profesorado

Corpo

5Prefabricados estruturais.(*)Construcións civís e edificación.Profesorado de ensino secundario.

6Conducións lineais sen presión.(*)Construcións civís e edificación.Profesorado de ensino secundario.

7Seguridade na construción.Construcións civís e edificación.Profesorado de ensino secundario.

8Administración, xestión e comercialización na pequena empresa.Formación e orientación laboral.Profesorado de ensino secundario.

9Formación e orientación laboral.Formación e orientación laboral.Profesorado de ensino secundario.

(*) Na impartición deste módulo colaborará un «profesor especialista» dos previstos no artigo 33.2º da LOXSE.

4.1.2. Materias de bacharelato que poden ser impartidas polo profesorado das especialidades relacionadas neste decreto.

MateriasEspecialidade

do profesorado

Corpo

Debuxo técnicoConstrucións civís e edificaciónProfesorado de ensino

secundario

EconomíaFormación e orientación

laboral (1)

Profesorado de ensino

secundario

Economía e organización

de empresas

Formación e orientación

laboral (1)

Profesorado de ensino

secundario

(1) Licenciatura en administración e dirección de empresas; licenciatura en ciencias empresariais; licenciatura en ciencias actuariais e financeiras; licenciatura en economía; licenciatura en investigación e técnicas de mercado; diplomatura en ciencias empresariais, e diplomatura en xestión e administración pública.

4.1.3. Titulacións declaradas equivalentes para efectos de docencia.

* As titulacións declaradas equivalentes, para os efectos de docencia, para o ingreso nas especialidades do corpo de profesorado de ensino secundario deste título son as que figuran na táboa. Tamén son equivalentes para os efectos de docencia as titulacións homólogas ás especificadas segundo o Real decreto 1954/1994, do 30 de setembro, cos títulos de doutor, enxeñeiro ou licenciado.

Especialidade do profesorado

Titulación declarada equivalente

para efectos de docencia

Construcións civís e edificación-Arquitecto técnico.-Enxeñeiro técnico industrial, en todas as súas especialidades.-Enxeñeiro técnico de obras públicas, en todas as súas especialidades.-Enxeñeiro técnico en topografía.

Formación e orientación laboral-Diplomado en ciencias empresariais.-Diplomado en relacións laborais.-Diplomado en traballo social.-Diplomado en educación social.-Diplomado en xestión e Administración pública.

4.2. Requisitos mínimos de espazos e instalacións para impartir estas ensinanzas.

De conformidade co establecido no Real decreto 777/1998, do 30 de abril, o ciclo formativo de formación profesional de grao medio de obras de formigón require, para a impartición das ensinanzas relacionadas neste decreto, os seguintes espazos mínimos:

Espazo formativo

Superficie

(30 alumnos)

Superficie

(20 alumnos)

Grao de

utilización

Aula polivalente60 m40 m40%

Taller de técnicas de construción240 m180 m20%

Espazo de terreo cercado ao aire libre2.000 m2.000 m40%

Espazo singular, non necesariamente situado no centro docente.

* A superficie indicada na segunda columna da táboa corresponde ao número de postos escolares establecido no artigo 27.1º do Real decreto 1537/2003, do 5 de decembro. Poderán autorizarse unidades para menos de trinta postos escolares, polo que será posible reducir os espazos formativos proporcionalmente ao número de alumnos, tomando como referencia para a determinación das superficies necesarias as cifras indicadas nas columnas segunda e terceira da táboa.

* O «grao de utilización» expresa en tanto por cento a ocupación en horas do espazo prevista para a impartición das ensinanzas, por un grupo de alumnos, respecto da duración total destas ensinanzas.

* Na marxe permitida polo «grao de utilización», os espazos formativos establecidos poden ser ocupados por outros grupos de alumnos que cursen o mesmo ou outros ciclos formativos, ou outras etapas educativas.

* En todo caso, as actividades de aprendizaxe asociadas aos espazos formativos (coa ocupación expresada polo grao de utilización) poderán realizarse en superficies utilizadas tamén para outras actividades formativas afíns.

* Non se debe interpretar que os diversos espazos formativos identificados se deban diferenciar necesariamente mediante pechamentos.

4.3. Validacións e correspondencias.

4.3.1. Módulos profesionais que poden ser obxecto de validación coa formación profesional ocupacional.

* Encofrados e esteados.

* Armaduras.

* Formigón.

* Prefabricados estruturais.

* Conducións lineais sen presión.

* Administración, xestión e comercialización na pequena empresa.

4.3.2. Módulos profesionais que poden ser obxecto de correspondencia coa práctica laboral.

* Encofrados e esteados.

* Armaduras.

* Formigón.

* Prefabricados estruturais.

* Conducións lineais sen presión.

* Formación en centro de traballo.

* Formación e orientación laboral.

4.4. Distribución horaria.

* Os módulos profesionais deste ciclo formativo organízanse do seguinte xeito:

Horas totaisDenominación dos módulos

1º, 2º e 3 trimestre

320Organización dos traballos de obras de formigón

Horas totaisDenominación dos módulos

375Armaduras

130Conducións lineais sen presión

80Administración, xestión e comercialización na pequena empresa

4º e 5º trimestre

110Seguridade na construción

165Encofrados e esteamentos

145Formigón

130Prefabricados estruturais

55Relacións no equipo de traballo

55Formación e orientación laboral

6º trimestre

380Formación en centros de traballo

1º, 2º e 3º trimestre

55Horas á disposición do centro

* As horas de libre disposición do centro neste ciclo formativo son 55, que se utilizarán nos tres primeiros trimestres.