DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 20 de abril de 2005 Páx. 6.485

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 16 de marzo de 2005, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial do convenio colectivo da empresa Artabra, S.A.

Visto o expediente da revisión salarial do convenio colectivo da empresa Artabra, S.A., que tivo entrada nesta delegación provincial o día 10-3-2005 e subscrito pola comisión paritaria do convenio o día 9-3-2005, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordenar a súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo esta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordenar o depósito do citado acordo no Servizo de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñer a súa publicación no BOP e no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 16 de marzo de 2005.

Cristina Azpilcueta González

Delegada provincial da Coruña

Acta de revisión da táboa salarial 2004

Empresa: Manuel Batallán Casas.

Traballadores: Francisco M. Sueiro Villa, J. Ángel Vázquez Fernández e J. Antonio Zamarra Juncal.

Asesores: Roberto Veira López (UGT).

En Arteixo, o 9 de marzo de 2005, sendo as 17.30 horas reúnense nos locais da empresa Artabra, S.A. as partes que á marxe se relacionan, membros da comisión paritaria do convenio colectivo da empresa

Artabra, S.A., os cales en aplicación do establecido no artigo 3 do vixente convenio colectivo, adoptan os seguintes acordos:

1. Cláusula de revisión da táboa salarial do ano 2004: procédese a actualizar a táboa salarial de 2004 nun 1,2% segundo a fórmula establecida no artigo 3 do convenio colectivo. O importe destas cantidades farase efectivo en concepto de atrasos no primeiro trimestre do ano 2005 (anexo I).

2. Desígnase a Roberto Veira López para efectuar os trámites de entrega das correspondentes actas na Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais.

Sen máis asuntos que tratar, levántase a sesión, sendo as 18.30 horas do día arriba indicado, asinando os presentes esta acta.

ANEXO I

Táboa de salarios definitiva ano 2004

CategoríaSalario

base

Compl.

convenio

Salario

bruto

Salario

anual

Peón596,52184,92781,4411.721,60

Axudante598,90192,75791,6511.874,75

Ofic. 3ª599,11201,03800,1412.002,10

Ofic. 2ª601,29209,35810,6412.159,60

Ofic. 1ª603,68225,30828,9812.434,70

Encargado606,06237,29843,3512.650,25

Aux. admin.601,29209,35810,6412.159,60

Ofi. admin.603,68225,30828,9812.434,70

Vixilante596,53187,74784,2711.764,05

* Nota: o salario anual está composto por 15 pagas de 30 días incluídas as pagas do 15 de marzo, 15 de xullo e 15 de decembro.

Cálculo valor hora extraordinaria:

As horas extraordinarias para cada categoría calcularanse de acordo co seguinte módulo e recarga:

Recarga=75x100 do módulo.

Módulo=salario anual

1.792 horas

Valor hora extraordinaria=1,75xmódulo.