DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 20 de abril de 2005 Páx. 6.484

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 3 de marzo de 2005, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación no Diario Oficial de Galicia, da revisión da táboa de salarios 2004 e táboa salarial 2005 do convenio colectivo do sector de rematantes e serradores de madeira.

Vista a acta de revisión da táboa de salarios 2004 e táboa salarial 2005 do convenio colectivo do sector de rematantes e serradores de madeira da provincia de Pontevedra, con nº de código 3601075, que tivo entrada no rexistro único do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Vigo o día 10-2-2005, subscrita pola comisión negociadora do convenio, con data do 9-2-2005. De conformidade co disposto no artigo 25 do convenio colectivo e no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordenar a súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, desta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordenar o seu depósito no Servizo de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 3 de marzo de 2005.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo do sector de rematantes

e serradores de madeiras da provincia de Pontevedra

Asistentes:

CC.OO.: Francisco Javier Boullosa González.

UGT: Ramón Carrera Molares.

CIG: Xosé Xoán Melón González.

Representación empresarial: José Aníbal Piñeiro Serodio, Jesús Vaquero Moreira e Fernando Castro González.

Secretario de actas: Pablo Manuel Búa Burgos.

En Vigo, nos locais da Confederación Provincial de Empresarios de Pontevedra, sendo as 18.00 horas do día 9 de febreiro de 2005, reúnese a comisión deliberadora do convenio colectivo de traballo do sector de rematantes e serradores de madeiras da provincia de Pontevedra, co obxecto de aplicar a cláusula de revisión salarial establecida no convenio. Asisten os señores arriba indicados.

En primeiro lugar, para o ano 2004, o convenio colectivo, no seu artigo 25, de revisión salarial, establece que no caso de que o IPC rexistre a 31 de decembro, un incremento respecto ao 1 de xaneiro, superior á previsión do Goberno, efectuarase unha revisión salarial no exceso sobre esta porcentaxe. Desta maneira, o incremento é dun 1,2%, que foi o que subiu o IPC no ano 2004 por riba da previsión do 2% que estaba previsto na cláusula de garantía salaria. Para iso aplícase o 4,2% sobre a táboa do ano 2003 (ver anexo I).

En segundo lugar, procédese a elaborar a táboa de salarios para o ano 2005. Para iso aplícase o 3% sobre a táboa do ano 2004 (ver anexo II).

Acórdase a súa remisión á autoridade laboral co obxecto do seu rexistro e posterior publicación no Diario Oficial de Galicia e no BOP. Autorízase a Pablo Manuel Búa Burgos para levar a cabo as xestións necesarias. Non habendo máis asuntos que tratar, levántase a sesión sendo as 18.30 horas do día arriba indicado.

ANEXO I

Revisión táboa de salarios 2004

(Revisión do 4,20% s/2003)

CategoríasSalario

base 2004

Euros

Persoal de fábrica e monte

Encargado xeral729,33

Encargado de sección e de produción715,17

Oficial de 1ª, xefe de grupo, serrador de 1ª, galerista de 1ª, afiador e condutor de camión710,38

Oficial de 2ª, serrador de 2ª, galerista de 2ª, tronzador mecánico, motoserrista, tractorista, carretilleiro e padexeiro688,93

Axudante de afiador, axudante de serrador, serrador de serra circular, talador e garda666,80

Peón, medidor e especialista de secadoiro661,99

Aprendiz ou pinche de 16 e 17 anos628,23

Persoal administrativo e técnico

Xefe de oficina, xefe de oficina técnica, analista programador ou de sistemas783,40

Oficial de 1ª, delineante técnico especialista, programador734,38

Oficial de 2ª, delineante técnico auxiliar, operador696,06

Viaxante e corredor de praza683,19

Auxiliar administrativo, telefonista653,38

Artigo 26: complemento de transporte2,52

ANEXO II

Táboa de salarios 2005

(3% s/2004)

CategoríasSalario

base 2005

Euros

Persoal de fábrica e monte

Encargado xeral751,21

Encargado de sección e de produción736,62

Oficial de 1ª, xefe de grupo, serrador de 1ª, galerista de 1ª, afiador e condutor de camión731,70

Oficial de 2ª, serrador de 2ª, galerista de 2ª, tronzador mecánico, motoserrista, tractorista, carretilleiro e padexeiro709,60

Axudante de afiador, axudante de serrador, serrador de serra circular, talador e garda686,80

CategoríasSalario

base 2005

Euros

Peón, medidor e especialista de secadoiro681,85

Aprendiz ou pinche de 16 e 17 anos647,08

Persoal administrativo e técnico

Xefe de oficina, xefe de oficina técnica, analista programador ou de sistemas806,90

Oficial de 1ª, delineante técnico especialista, programador756,41

Oficial de 2ª, delineante técnico auxiliar, operador716,94

Viaxante e corredor de praza703,68

Auxiliar administrativo, telefonista672,98

Artigo 26: complemento de transporte2,60