DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 19 de abril de 2005 Páx. 6.406

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 3 de marzo de 2005, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da táboa salarial para o ano 2005 e o calendario laboral 2005, do convenio colectivo da empresa Maderas Iglesias, S.A.

Vista a acta da táboa salarial para o ano 2005 e o calendario laboral 2005, do convenio colectivo da empresa Maderas Iglesias, S.A. con nº de código 3603612, que tivo entrada no rexistro único do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Vigo o día 15-2-2005, subscrita en representación da parte económica pola representación da empresa e da parte social polo comité de empresa o 3-2-2005. De conformidade co disposto no artigo 30.2º b) do convenio colectivo e nos artigos 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordenar a súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo que está nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordenar o seu depósito no Servizo de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 3 de marzo de 2005.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo Maderas Iglesias, S.A.

3 de febreiro de 2005.

18.00 horas.

Sala de reunións de Sanguiñeda (Mos).

Membros do comité de empresa:

Troncoso Vila, Laura

Álvarez García, Pedro

Molares Rivas, Vicente

García Carrera, Enriqueta

Varela Redondo, Manuel

Mouriño Rodríguez, José Manuel

Maderas Iglesias, S.A.:

Manuel Maneiro

Rafael Martínez

Invitados:

Conselleiro delegado: J. Ramón Iglesias Álvarez.

Asesor do comité de empresa: Melón.

Asesor da empresa: Castro.

Asuntos tratados:

1. Aprobación do calendario de 2005.

As partes acordan establecer para o ano 2005 os seguintes días festivos de convenio:

16 de maio

13 de xuño

26 de setembro

31 de outubro

9 de decembro

26 de decembro

27 de decembro

O período de vacacións será o seguinte:

Verán: do 26 de xullo ao 12 de agosto.

Inverno: do 28 de decembro ao 5 de xaneiro.

Estando ambas as partes actualmente negociando o convenio de empresa e polo tanto pendente de definición a xornada anual, tómase como referencia a xornada de 1.776 horas laborables para o ano 2005, quedando establecido o 16 de agosto como día festivo de convenio que hai que determinar no caso de que se aprobe a redución de 8 horas laborables para a xornada correspondente ao devandito ano.

2. Xúntase a táboa salarial aprobada o 31 de decembro de 2004 que servirá de base para o cálculo da táboa do ano 2005, de acordo co artigo 30.2º b) do convenio colectivo de Maderas Iglesias, S.A. Constan nese documento as contías referidas ao complemento de transporte, complemento de especialidade e complemento de cuarta quenda.

Táboa provisional 2005

Cantidades en euros

FabricaciónSalario 2004Táboa 31-12-2003Táboa o 31-12-2004T. provisionalSalario día

Fabricación

Peón698,14671,29706,20706,2023,54

Oficial 3ª711,15683,8719,36719,3623,98

Oficial 2ª730,67702,57739,10739,1024,64

Oficial 1ª763,21733,85772,01772,0125,73

Encargado sección828,27796,42837,83837,8327,93

Encargado xeral925,87890,26936,55936,5531,22

Mantemento

Peón717,66690,06725,94725,9424,20

Oficial 3ª730,67702,57739,10739,1024,64

Oficial 2ª750,19721,34758,85758,8525,29

Oficial 1ª782,73752,62791,76791,7626,39

Xefe taller847,79815,19857,58857,5828,59

Xefe mantemento945,39909,03956,30956,3031,88

Administrativo

Auxiliar711,15683,8719,36719,3623,98

Oficial 2ª730,67702,57739,10739,1024,64

Oficial 1ª763,21733,85772,01772,0125,73

Xefe departamento828,27796,42837,83837,8327,93

Director964,92927,81976,06976,0632,54

Complemento de 4ª quenda: 105,93.

Complemento de especialidade:-Peón: 77,68.-Oficial 3ª: 91,81.-Oficial 2ª: 105,93.-Oficial 1ª: 120,05.-Xefe de taller: 134,18.-Xefe de mantemento: 148,30.-Complemento de transporte: 2,68.